Francisco Tárrega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Tárrega
Francisco Tarrega.jpg
Nacemento21 de novembro de 1852
 Vila-real
Falecemento15 de decembro de 1909
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónguitarrista, compositor, classical guitarist e pianista
Coñecido/a porRecuerdos de la Alhambra e Capricho árabe
editar datos en Wikidata ]

Francisco de Asís Tárrega Eixea, nado en Vila-real, Castelló o 21 de novembro de 1852, e finado en Barcelona o 15 de decembro de 1909, foi un compositor e guitarrista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Un accidente marcou a súa nenez cando, ó parecer, caeu a unha cal nun descoido da súa coidadora, e a súa vista quedou danada. O seu pai, por medo a que quedase cego, trasladouse a Castelló de la Plana para que asistise a clases de música e puidese gañarse a vida como músico.

Entrou no Conservatorio de Madrid en 1874, onde estudou composición con Emilio Arrieta. A finais de 1870 ensinaba guitarra (Emilio Pujol e Miguel Llobet foron alumnos seus) e daba concertos con regularidade. Virtuoso do seu instrumento, era coñecido como o Sarasate da guitarra. En 1880 deu recitais en París e Londres.

Durante o inverno de 1880, substituíu o seu amigo e guitarrista Luis de Soria nun concerto en Novelda (Alacant), cidade onde coñeceu a súa futura esposa, María Rizo.

Xiras e concertos[editar | editar a fonte]

En 1881, despois dun concerto en Lión, chegou a París, onde coñeceu os personaxes máis importantes da época. Actuou en varios teatros, e foi convidado a tocar para a raíña Isabel II de España. Logo de tocar en Londres, volveu a Novelda para contraer matrimonio coa súa prometida María Rizo.

Realizou frecuentes xiras: Perpiñán (Francia), Cádiz (España), Niza (Francia), Mallorca (España), París, Valencia e máis. En Valencia coñeceu a Conxa Martínez, rica viúva que o tomou baixo a súa protección artística e que lle ofreceu a el e á súa familia unha casa en Barcelona. Alí é onde compuxo a maior parte das súas máis famosas obras.

De volta dunha viaxe a Granada escribiu o trémolo Recuerdos de la Alhambra, e en Alxeria chegoulle a inspiración para compoñer Danza mora. Alí coñeceu a Camille Saint-Saëns e máis tarde, en Sevilla, escribiu a maior parte dos seus Estudios. Ó seu querido amigo e compositor Tomás Bretón dedicoulle o Capricho árabe.

Instalouse en 1885 en Barcelona, e alí morreu o 15 de decembro de 1909.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Andia, Rafael: Francisco Tárrega, Collected guitar works, Reprints of early editions. Chanterelle 1001 e 1002. ISBN 3-89044-125-4