Atol Penrhyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mangarongaro»)
Penrhyn
Vista aérea
Datos
País Illas Cook
Illa principal Moananui
Linguas
Poboación (2006) 251 hab.
Superficie 9´8 km²
Superficie lagoa 208 km²
Nº de illas >30
Coordenadas 9°00′20″S 157°58′10″O / -9.00556, -157.96944
Maior Altura
Localización
Localización do atol
Vista parcial do atol e da pista de aterraxe.

Penrhyn, ou tamén Tongareva, é un atol, o máis remoto das illas Cook. Está situado no grupo setentrional, a 1.365 km ao norte de Rarotonga.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O atol ten unha lagoa de máis de 280 km², unha das máis grandes do Pacífico sur. As terras emerxidas teñen unha superficie total de 9,8 km². Dispón de tres pasos navegables a través do escollo. O máis utilizado, serve de paso entre Panamá e Nova Zelandia, é o paso de Taruia, preto da vila de Omoka. Atópase exactamente a 9º de latitude sur e 158º de lonxitude oeste e por isto era utilizado frecuentemente polos navegantes para calibrar os seus instrumentos. Alén da lagoa atópase outra vila, denominada Te Tauta.

A principal actividade económica é o cultivo de perlas negras. Son moi apreciados os tradicionais chapeus artesáns de follas de pandanacia.

A poboación total era de 357 habitantes ao censo do 2001.

Historia[editar | editar a fonte]

O atol foi descuberto en 1788, polo inglés W. Severo no barco Lady Penrhyn, de volta da primeira viaxe de deportación de convictos a Australia. O nome orixinal maorí é Tongareva, que significa 'afastada desde o sur'. Tamén se coñecía como «o círculo» (Te Pitaka). O nome maorí actual é Mangorongaro.

A partir de 1854 foi evangelizada por pastores de Rarotonga. Dez anos máis tarde chegaron os negreiros peruanos e estímase que deportaron ao Perú, uns 1.000 habitantes axudados polos misioneiros que necesitaban diñeiro para construír igrexas. Denominaron a illa como dos Catro Evanxelistas.

Durante a segunda guerra mundial construíuse un aeroporto que aínda está en servizo, con voos semanais a Rarotonga.