Igrexa Cristiá das Illas Cook

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Templo da Igrexa Cristiá das Illas Cook en Matavera

A Igrexa Cristiá das Illas Cook (Cook Islands Christian Church, coñecida tamén polas siglas CICC) é a principal denominación relixiosa das Illas Cook, conforma unha igrexa protestante de tradición congregacionalista que agrupa a arredor de 18.000 membros,[1] incluíndo ao 56% dos residentes nas Cook.[2] pero a igrexa tamén conta con congregacións en Nova Zelandia e Australia.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A CICC ten a súa orixe no labor da Sociedade Misioneira de Londres (LMS), que comezou a traballar nas illas en 1821. En 1852, a LMS fundou a Cook Islands LMS Church.[1], que se converteu en autónoma en 1968 ao aprobar o Parlamento das Illas Cook a Lei de constitución da Igrexa Cristiá das Illas Cook Cook.[3]. En 1978 a igrexa formou a primeira congregación fóra das illas, en Auckland formada por naturais das Illas Cook residentes nesa cidade.

Organización[editar | editar a fonte]

A sede central da Igrexa está en Takamoa, o órgano de decisión da Igrexa é a Asemblea Xeral que se xunta cada dous anos, o órgano executivo é o Consello Executivo, formado por dez persoas que se elixen cada catro anos, encabezado polo presidente non obstante é o Secretario Xeral o responsable do Consello Executivo e da administración da Igrexa. Cada igrexa local ou congregación, ekalesia en maorí das illas Cook é autónoma, en 2010 a igrexa contaba 23 congregacións nas Cook, 22 en Nova Zelandia e 15 en Australia [4]. Os pastores, que en 2010 eran 70, fórmanse no Colexio Teolóxico de Takamoa en Rarotonga. A Igrexa Cristiá das Illas Cook é membro do Consello Mundial de Igrexas, e da Conferencia de Igrexas do Pacífico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Cook Islands Christian Church Arquivado 21 de maio de 2011 en Wayback Machine., oikoumene.org, consultado o 13 de novembro de 2010.
  2. Central Intelligence Agency, The World Factbook: Cook Islands, cia.gov, consutlado o 13 de novembro de 2010.
  3. "Bill signals change for Cook Islands Christian Church" Arquivado 29 de marzo de 2008 en Wayback Machine., press release, 3 July 2003, cook-islands.gov.ck, consultado o 13 de novembro de 2010.
  4. Pacific Conference of Churches[Ligazón morta]