Atol Suwarrow
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Epónimo | Alexander Suvorov | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado asociado | Illas Cook | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 150 km² | |||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Suwarrow (ou tamén Suvorov ou Suvarov) é un atol das illas Cook setentrionais. Está situado a 825 km ao noroeste de Rarotonga.
O atol consiste en 22 illotes sobre un escollo de coral. O máis grande, que foi habitado intermitentemente, é Anchorage Island. A superficie total é de 0,4 km².
Non existe un asentamento tradicional polinesio e estaba deshabitado cando foi descuberto, en 1814, polo ruso Mikhail Lazarev no barco Suvorov, que traía o nome do xeneral ruso Alexander Vasilyevich Sovorov, denominado Suwarrow no poema épico Don Juan de Lord Byron. No século XIX atopáronse uns misteriosos tesouros, probablemente dalgún galeón español perdido no Pacífico.
En 1978 foi declarado parque nacional, o único nas illas Cook. É un lugar destacado polas aves mariñas e polos caranguexos de coco (birgus latro). Actualmente só hai un habitante, o gardián do parque nacional.