Saltar ao contido

Te Atua mou e

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Te Atua mou e, Deus é a verdade en galego, é o himno nacional das Illas Cook, adoptado oficialmente como a 16ª emenda á Constitución das Illas Cook fixada pola Lei 9 de 1980-1981 en substitución de God Defend New Zealand.

O texto escribiuno Pa Tepaeru Terito Ariki e a música é de Tom Davis.

Letra oficial

[editar | editar a fonte]
Te Atua mou e
Ko koe rai te pu
O te pā enua e
Akarongo mai
I to mātou nei reo
Te kapiki atu nei
Paruru mai
Ia mātou nei
Omai te korona mou
Kia ngateitei
Kia vai rai te aroa
O te pā enua e

Tradución ao galego

[editar | editar a fonte]
Deus é a verdade
ti es o rexedor
do noso país
por favor escoita
as nosas voces
chamándote
para protexer e guiarnos
dándonos a túa coroa de verdade
para que teñamos éxito
e o amor e a paz reinen por sempre
no noso amado país