Il viaggio a Reims

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Il viaggio a Reims
A viaxe a Reims
Carlos X de Francia por François Gérard.
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaLuigi Balocchi: Il viaggio a Reims ossia L’albergo del Giulio d’oro
Fontes literariasBaseado en parte en Corinne, ou L'Italie de Germaine de Staël
Estrea19 de xuño de 1825
Teatro da estreaThéâtre-Italien
Lugar da estreaParís
Duración2 horas 15 minutos
Música
CompositorGioachino Rossini
Personaxes

Véxase personaxes

Il viaggio a Reims é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Luigi Balocchi, baseado en parte en Corinne, ou L'Italie de Germaine de Staël. O seu título completo é Il viaggio a Reims, ossia L'albergo del giglio d'oro (ou en galego, A viaxe a Reims, ou o Hotel da flor de lis de ouro). Foi estreada no Va ser estreada no Théâtre-Italien de París, o 19 de xuño de 1825 con Giuditta Pasta como Corinna e as mellores voces da época, foi a última ópera de Rossini en italiano (tódalas súas obras posteriores foron en francés) e estreouse co título Le voyage à Reims, ou l'Hôtel du Lys-d'Or.

Foi escrita para a celebración da coroación do rei Carlos X de Francia en 1825, a obra foi aclamada polos críticos como unha das mellores composicións de Rossini. É unha ópera esixente, con 14 solistas (tres sopranos, unha contralto, dous tenores, catro barítonos, e catro baixos), e é por iso polo que non se representa con frecuencia.

Il viaggio a Reims non ten opertura.[1] O que se chama abertura, deriva dun conxunto de danzas en Le siège de Corinthe (1826), unha das que Rossini reformara a partir das danzas no final de Il viaggio a Reims,[2] é unha invención do século XX ou unha atribución errónea. En 1938 publicouse en Milán, nunha revisión de Giuseppe Piccioli,[3] que foi estreada no Teatro alla Scala o 5 de novembro de 1938, dirixida por Richard Strauss.[1] Máis tarde foi gravada repetidamente como a suposta abertura de Il viaggio a Reims, ata que finalmente a partitura orixinal da ópera se puido reconstruír.

O compositor máis tarde reutilizou unha boa parte da música para Le comte Ory.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco o 19 de xuño de 1825
Director: Gioachino Rossini
Corinna (poetisa) soprano Giuditta Pasta
Melibea (marquesa polonesa) mezzosoprano Adelaide Schiassetti
Condesa de Folleville (aristócrata viúva) soprano Laure Cinti-Damoreau
Sra Cortese (propietaria do balneario) soprano Ester Mombelli
Belfiore (oficial do exército francés) tenor Domenico Donzelli
Conde de Libenskof (aristócrata ruso) tenor Marco Bordogni
Barón Trombonok (aristócrata alemán) baixo Vincenzo Graziani
Sydney (enamorado de Corinna) baixo Carlo Zucchelli
Don Profundo (anticuario italiano) baixo Felice Pellegrini
Don Álvaro (namorado de Melibea) baixo Nicolas Levasseur
Don Prudencio (médico do balneario) baixo Luigi Profeti
Don Luigino (curmán de Folleville) barítono Piero Scudo
Delia (amiga de Corinna) soprano María Amigo
Maddalena (ama de chaves do balneario) mezzosoprano Caterina Rossi
Modestina (doncela de Folleville) mezzosoprano Marietta Dotti
Zeferino (un carteiro) tenor Giovanola
Antonio (criado do balneario) barítono Auletta
Gelsomino (camareiro do balneario) tenor Trévaux
Empregados do balneario, turistas etc.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Roberto Maietta, Per un catalogo del “Fondo Giuseppe Piccioli”: inquadramento delle opere e catalogo delle edizioni, tese para o grao trienal en musicoloxía, Universidade de Cremona, Faculdade de Musicoloxía, ano académico 2009-2010: Catalogo delle opere edite del “Fondo Giuseppe Piccioli”, p. 22, nota 5 (publicada na Biblioteca online da Facultade de Musicoloxía da Universidade de Pavia Arquivado 04 de outubro de 2011 en Wayback Machine.). A fonte declarada de Maietta é o prefacio (Prefazione) á edición crítica da ópera, editada por Janet J. Johnson: Il viaggio a Reims, ossia, L'albergo del Giglio d'oro, dramma giocoso in un atto di Luigi Balocchi, musica di Gioachino Rossini, Pesaro, Fondazione Rossini, 1999, I, p. xxxv
  2. Janet Johnson: A Lost Masterpiece Recovered, p.37-38 de las notas a la gravación de 1984 DG.
  3. Il viaggio a Reims. Sinfonia / Gioachino Rossini, revisione di Giuseppe Piccioli — Partitura — Milan: Carisch, 1938

Véxase tamén[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.