Giuditta Pasta
Giuditta Pasta | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Giuditta Angiola Maria Costanza Negri |
Nacemento | 26 de outubro de 1797 e 9 de abril de 1798 |
Lugar de nacemento | Saronno |
Falecemento | 1 de abril de 1865 e 4 de abril de 1865 |
Lugar de falecemento | Blevio e Como |
Causa | bronquite |
Nacionalidade | Reino de Italia, República Cisalpina, República Italiana, Reino de Italia e Reino Lombardo-Vêneto |
Ocupación | cantante de ópera |
Cónxuxe | Giuseppe Pasta |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Giuditta Angiola Maria Costanza Pasta (nada Giuditta Angiola Maria Costanza Negri), nada en Saronno (Italia) o 26 de outubro de 1797 e finada o 1 de abril de 1865 en Como, foi unha cantante italiana cun rexistro de mezzosoprano e soprano. É considerada, xunto con Maria Malibran, a máis célebre cantante lírica do século XIX, aclamada no seu tempo polo seu rango vocal e a súa expresividade.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de Carlo Antonio Negri e Rachele Ferranti, naceu en Saronno, unha localidade italiana próxima a Milán, o 26 de outubro de 1797 como Giuditta Negri, e dende moi pequena mostrou interese pola música.
Pasta estudou inicialmente de xeito privado con B. Lotti e seu tío F. Ferranti. Proseguiu os seus estudos con Bonifazio Asioli e Giuseppe Scappa no Conservatorio de Milán.
En 1815 realizou o seu debut profesional no Teatro Filodrammatici de Milán en Le tre Eleonore de Scappa, onde interpretou un papel de contralto. O 17 de xaneiro do ano seguinte casou co avogado e tenor Giuseppe Pasta, quen se converteu no seu axente. En 1821 realizou unha interpretación brillante de Desdemona no Otello de Rossini no Théâtre-Italien de París. En 1824 conquistou Londres cunha serie de papeis de óperas de Rossini entre os que incluía o de Semiramis en Semiramide.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giuditta Pasta |