Robert Bruce (ópera)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Robert Bruce
FormaÓpera (pastiche)
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoFrancés
LibretistaAlphonse Royer e Gustave Vaëz
Fontes literariasHistory of Scotland de Walter Scott
Estrea30 de decembro de 1846
Teatro da estreaThéâtre de l'Académie Royale de Musique
Lugar da estreaParís
Música
CompositorGioachino Rossini e Louis Niedermeyer
Personaxes

Robert Bruce (barítono)
Édouard II (tenor)
Douglas (baixo)
Marie (mezzosoprano)
Dickson (baixo)
Nelly (soprano)
Arthur (tenor)
Morton (baixo)
Paxe de Édouard (musichetto)
Un bardo (baixo)

Robert Bruce é unha ópera pastiche en tres actos con música de Gioachino Rossini e Louis Niedermeyer, sobre un libreto en francés de Alphonse Royer e Gustave Vaëz, baseado na History of Scotland de Walter Scott. Foi estreada o 30 de decembro de 1846 no Théâtre de l'Académie Royale de Musique de París.

Historia[editar | editar a fonte]

Logo da chegada de Rossini a París en 1843 por tratamento médico, foi visitado por Léon Pillet, o director da Opéra, quen o convidou a compoñer unha nova ópera para o teatro. Rossini declinou a oferta, mais sinalou que La donna del lago (1819) fora descoidada e podía ir ben cos franceses. Rossini volveu á súa casa de Boloña, onde foi visitado novamente por Pillet, que desta vez foi acompañado polo libretista Gustave Vaëz, e Louis Niedermeyer. O resultado (que tamén involucra ao frecuente colaborador de Vaëz Alphonse Royer como colibretista) foi Robert Bruce, un elaborado pasticcio baseado en La donna del lago pero que inclúe música doutras óperas. Niedermeyer aparéntemente escribiu os recitativos necesarios.[1]

Rossini estivo cláramente involucrado na colaboración mais non asistiu á estrea, que tivo lugar na capital francesa o 30 de decembro de 1846. A ópera obtivo un éxito moderado mais foi o suxeito de moitas críticas por parte de Hector Berlioz, entre outros.[2]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 30 de decembro de 1846
(Director: -)[3]
Robert Bruce, rei de Escocia. barítono Paul Barroilhet
Édouard II, rei de Inglaterra. tenor Paulin
Douglas, lord de Douglas. baixo Anconi
Marie, súa filla. mezzosoprano Rosine Stoltz
Dickson, un highlander de Stirling. bass Bessin
Nelly, súa filla. soprano Maria Nau
Arthur, un oficial ao servizo de Édouard . tenor Jémérie Bettini
Morton, un capitán inglés. baixo Rommy
Paxe de Édouard musichetto Moisson
Un bardo baixo
Cabaleiros ingleses, soldados e paxes, damas da corte de Inglaterra, bardos escoceses, cabaleiros e soldados de Robert Bruce, xitanos, xograres

Análise[editar | editar a fonte]

A música empregada na ópera non era orixinal, senón que procedía doutras óperas, sendo adaptada a xeito de pastiche. A música foi adaptada por Niedermeyer co permiso de Rossini sobre as súas óperas La donna del lago, Zelmira, Bianca e Falliero, Torvaldo e Dorliska e Armida.

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Elenco:
Robert Bruce, Marie, Édouard II, Douglas
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo
2003 Nicolas Rivenq,
Iano Tamar,
Davide Cicchetti,
Massimiliano Chiarolla
Paolo Arrivabene,
Orchestra Internazionale d'Italia e Coro de Cámara de Bratislava
(Gravado nas representacións no Teatro Ducale Martina Franca como parte do Festival della Valle d'Itria en 2002)
Dynamic CDS 421/1-2

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]