L'occasione fa il ladro
| L'occasione fa il ladro A ocasión fai ao ladrón | |
|---|---|
| Forma | Farsa cómica |
| Actos e escenas | 1 acto |
| Idioma orixinal do libreto | Italiano |
| Libretista | Luigi Prividali |
| Estrea | 24 de novembro de 1812 |
| Teatro da estrea | Teatro San Moisè |
| Lugar da estrea | Venecia |
| Música | |
| Compositor | Gioachino Rossini |
| Localización da partitura | Bibliothèque du Conservatoire, París. Os recitativos secos son dun colaborador descoñecido. |
| Personaxes | |
L'occasione fa il ladro (en galego A ocasión fai ao ladrón) é unha farsa cómica nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Luigi Prividali, baseado en Le prétendu par hazard, ou L'occasione fait le larron (1810) de Eugène Scribe. Foi estreada no Teatro San Moisè de Venecia o 24 de novembro de 1812.
Foi composta por Rossini en non máis de 11 días cando tan só tiña 20 anos, é a cuarta das cinco farsas compostas por Rossini para o Teatro San Moisè de Venecia entre 1810 e 1813.
A ópera explica unha historia, con final feliz, de amores e equívocos. Unha característica tempestade rossiniana que introduce ao espectador nunha pousada no camiño de Nápoles, na que se refuxiaron Don Parmenión, un aventureiro xactancioso e atrevido, o seu criado Martino e o Conde Alberto, nobre refinado e sensible. Parmenión busca á filla dun amigo que fuxiu co seu amante e Alberto atopará a Berenice, a muller que seu pai, no leito de morte, destinoulle como esposa e que aínda non coñece.
Esta obra represéntase moi pouco na actualidade, figurando nas estatísticas de Operabase con só 6 representacións no período 2005-2010, sendo a décimo cuarta de Rossini.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 24 de novembro de 1812 (Director: ) |
|---|---|---|
| Don Parmenione | barítono | Luigi Pacini |
| Martino (o seu servinte) | baixo | Filippo Spada |
| Conde Alberto | tenor | Tommaso Berti |
| Don Eusebio | tenor | Gaetano Dal Monte |
| Berenice (súa sobriña) | soprano | Giacinta Canonici |
| Ernestina (súa amiga) | soprano | Carolina Nagher |
Orquestración
[editar | editar a fonte]A partitura de Rossini prevé a utilización de:
Para os recitativos:
- cembalo ou piano (violonchelo e contrabaixo ad libitum)
Estrutura
[editar | editar a fonte]- 1 Sinfonia e Introduzione Frema in cielo il nembo irato (Parmenione, Martino, Alberto)
- 2 Aria Che sorte, che accidente (Parmenione)
- 3 Aria Vicino è il momento (Berenice)
- 4 Quintetto Quel gentil, quel vago oggetto (Parmenione, Ernestina, Alberto, Berenice, Eusebio)
- 5 Aria D'ogni più sacro impegno (Alberto)
- 6 Duetto Voi la sposa? (Parmenione, Berenice)
- 7 Aria Il mio padrone è un uomo (Martino)
- 8 Recitativo accompagnato e Aria Voi la sposa pretendete (Berenice)
- 9 Finale Quello, ch'io fui, ritorno (Parmenione, Ernestina, Eusebio, Alberto, Berenice, Martino)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estatísticas". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2015. Consultado o 01 de abril de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
