Eduardo e Cristina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Eduardo e Cristina
FormaÓpera seria
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaAndrea Leone Tottola e Gherardo Bevilacqua Aldobrandini
Fontes literariasOdoardo e Cristina (1810) de Giovanni Schmidt
Estrea24 de abril de 1819
Teatro da estreaTeatro San Benedetto
Lugar da estreaVenecia
Duración2 horas 45 minutos
Música
CompositorGioachino Rossini
Personaxes

Carlo (tenor)
Cristina (soprano)
Eduardo (contralto)
Giacomo (baixo)
Atlei (baixo)
Gustavo (mimo)

Eduardo e Cristina é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini sobre un libreto en italiano de Andrea Leone Tottola e Gherardo Bevilacqua Aldobrandini adaptado do libreto Odoardo e Cristina (1810) obra de Giovanni Schmidt para a música de Stefano Pavesi. Foi estreada no Teatro San Benedetto de Venecia o 24 de abril de 1819.

A partitura é un pastiche realizado a partir de música de outras obras, completado cuns poucos números novos. A súa abertura pode escoitarse ocasionalmente nas salas de concertos.

Historia[editar | editar a fonte]

Esta ópera pastiche foi composta con gran celeridade para a súa estrea, que tivo lugar menos dun mes despois da estrea de Ermione. Rossini arranxou "19 de 26 números musicais"[1] doutras obras, incluídas Adelaide di Borgogna, Ricciardo e Zoraide, Mosè en Egitto así como a propia Ermione.

A estrea da ópera tivo lugar no Teatro San Benedetto de Venecia o 24 de abril de 1819, e tivo 24 representacións esa tempada antes de ser revivida ao ano seguinte no máis prestixioso Teatro La Fenice.[2] Irónicamente, mentres que Ermione non foi particularmente ben recibida, Eduardo e Christina foi moi favorable.[2] Aparéntemente, a primeira representación foi tan ben recibida que durou seis horas, dado o gran número de repeticións.[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 24 de abril de 1819
(Director: )
Carlo, rei de Suecia tenor Eliodoro Bianchi
Cristina, súa filla e muller segreda de Eduardo soprano Rosa Morandi
Eduardo, xeneral do exército sueco contralto Carolina Cortesi
Giacomo, príncipe de Escocia baixo Luciano Bianchi
Atlei, capitán de garda real e amigo de Eduardo baixo Vincenzo Fracalini
Gustavo, pequeno fillo de Eduardo e Cristina mimo
La sua governante mimo
Coro de cabaleiros, damas, damiselas, gardas reais, oficiais, soldados, pobo, prisioneiros

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Rossini require da utilización de:

Estrutura[editar | editar a fonte]

  • Sinfonia

Acto 1[editar | editar a fonte]

  • 1 Introduzione Giubila, o patria, omai (Coro, Atlei, Giacomo, Cristina, Carlo)
  • 2 Coro, scena e cavatina Serti intrecciar le vergini - Vinsi, ché fui d'eroi (Eduardo)
  • 3 Coro e aria O ritiro che soggiorno - È svanita ogni speranza (Cristina)
  • 4 Duetto In que' soavi sguardi (Cristina, Eduardo)
  • 5 Coro Vieni al tempio
  • 6 Scena e cavatina D'esempio all'alme infide (Carlo, Coro)
  • 7 Finale primo A che, spietata sorte (Coro, Carlo, Cristina, Giacomo, Eduardo, Atlei)

Acto 2[editar | editar a fonte]

  • 8 Introduzione Giorno terribile (Coro)
  • 9 Coro Impera severa
  • 10 Aria Questa man la toglie a morte (Giacomo)
  • 11 Scena e duetto Ahi, qual orror, oh stelle! (Cristina, Carlo)
  • 12 Coro, scena e cavatina Nel misero tuo stato - La pietà che in sen serbate (Eduardo)
  • 13 Scena e duetto Arresta il colpo - Ah, nati è ver noi siamo (Cristina, Eduardo, Coro)
  • 14 Battaglia
  • 15 Duetto Come? Tu sei? (Carlo, Eduardo)
  • 16 Finale Or più dolci intorno al core (Carlo, Eduardo, Cristina, Giacomo, Atlei, Coro)

Gravacións[editar | editar a fonte]

Ano Elenco
(Carlo, Eduardo, Giacomo, Atlei)
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[4]
1997 Omar Jara,
Eliseda Dumitru,
Konstantin Gorny,
Jorge Orlando Gómez
Francesco Corti,
I Virtuosi di Praga
(Gravado durante unha representación no Wildbad Festival en xullo)
Audio CD: Bongiovanni
Cat: GB 2205/2206-2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Osborne, Charles, p. 92
  2. 2,0 2,1 Osborne, Charles, p. 93
  3. Holden, p. 785
  4. Gravacións de Eduardo e Cristina en operadis-opera-discography.org.uk

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]