La donna del lago
| La donna del lago A damo do lago | |
|---|---|
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 2 actos |
| Idioma orixinal do libreto | Italiano |
| Libretista | Andrea Leone Tottola |
| Fontes literarias | Poema de Walter Scott The Lady of the Lake (1810) |
| Estrea | 24 de outubro de 1819 |
| Teatro da estrea | Teatro San Carlo |
| Lugar da estrea | Nápoles |
| Duración | 2 horas 15 minutos |
| Música | |
| Compositor | Gioachino Rossini |
| Localización da partitura | Fondazione Rossini (Pesaro) |
| Personaxes | |
La donna del lago (en galego, A dama do lago) é unha ópera seria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Abdrea Leone Tottola, quen se baseou no poema The Lady of the Lake de Sir Walter Scott. A ópera foi estreada no Teatro San Carlos de Nápoles, o 24 de outubro de 1819 baixo a dirección do propio compositor.[1] O elenco incluíu a Isabella Colbran (Elena), Benedetta Rosmunda Pisaroni (Malcolm) e Giovanni David (King James).[2] Foi realizada en Londres en febreiro de 1823 e a súa estrea americana tivo lugar en xuño de 1829 en Nova Orleáns.[2] La donna del lago foi practicamente ignorada durante un século ata un revival en Florencia, en 1958.[2] Foi representada no Festival Camden de Londres en 1969 con Kiri Te Kanawa no papel principal.
Esta ópera foi a primeira que se baseou en obras románticas de Scott. Contra o 1840, apenas 20 anos despois de La donna del lago, houbo 25 óperas italianas sobre obras de Scott (sendo a máis famosa a de Gaetano Donizetti Lucia di Lammermoor), e por outros en alemán, francés e inglés).[3]
En 1992, para conmemorar o bicentenario do nacemento de Rossini, o Teatro alla Scala de Milán montou a súa primeira produción desta ópera en 150 anos cun elenco que incluía a Rockwell Blake e Chris Merritt, dirixida por Werner Herzog e coa batuta de Ricardo Muti.
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea,[4] 24 de outubro de 1819 (Director: Gioachino Rossini) |
|---|---|---|
| Elena, a dama do lago | soprano | Isabella Colbran |
| Malcolm Groeme | contralto | Benedetta Rosmunda Pisaroni |
| Uberto, alias de Giacomo (Rei Xacobe V de Escocia) | tenor | Giovanni David |
| Douglas, pai de Elena e anterior titor do rei Xacobe |
baixo | Michele Benedetti |
| Rodrigo, xefe dos Highlanders | tenor | Andrea Nozzari |
| Serano | tenor | Gaetano Chizzola |
| Albina | mezzosoprano | Maria Manzi |
| Bertram | baixo | Massimo Orlandini |
| Pastores, cazadores, os homes do rei, highlanders, cortesáns - coro | ||
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
