Saltar ao contido

Le comte Ory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Le comte Ory
 Título
    Le Comte Ory (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
 Lingua orixinal
Implicados
 Compositor/a
 Libretista
Datas
 Data de publicación
século XIX Editar o valor en Wikidata
 Data de estrea
20 de agosto de 1828 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de partes
   2 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar estrea
 País de orixe
Fontes e ligazóns
VIAF179054812 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/027qdv1 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Le comte Ory (en galego, O conde Ory) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en francés de Eugène Scribe e Charles-Gaspard Delestre-Poirson, segundo o seu vodevil Le Comte Ory do ano 1817, inspirado á súa vez nunha balada medieval. Foi estreada no Théâtre de l'Académie Royale de Musique de París o 20 de agosto de 1828.[1]

Parte da música procede da súa ópera Il viaggio a Reims escrita tres anos antes para a coroación de Carlos X.[2] A obra é ostensiblemente unha ópera cómica no sentido de que a historia é humorística, mesmo pura farsa. Non obstante, pensouse máis na Opéra que no Teatro da Opéra-Comique e hai inconsistencias estruturais co xénero contemporáneo da opéra comique: mentres que esta última está formada por números líricos relativamente curtos e diálogo falado, Le comte Ory está formado por "altamente desenvolvidas, mesmo macizas formas musicais unidas por recitativo acompañado".[3] Aínda que a ópera contén parte da escritura orquestral máis colorida de Rossini, a pintoresca e breve abertura é estrañamente contida e sen pretensións, acabando cun murmurio de cordas en pizzicato.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 20 de agosto de 1828
(Director: François Antoine Habeneck)
Conde Ory Tenor Adolphe Nourrit
Tutor Barítono Nicolas Levasseur
Isolier Mezzosoprano Constance Jawureck
Raimbaud Barítono Henri-Bernard Dabadie
Adèle, condesa de Formoutiers Soprano Laure Cinti-Damoreau
Ragonde Mezzosoprano Mori
Alice Soprano
Primeiro cabaleiro Tenor Alexis Dupont
Segundo cabaleiro Barítono Jean-Étienne-August Eugène Massol
Terceiro cabaleiro Barítono Henri-Bernard Dabadie el joven
Cuarto cabaleiro Barítono Ferdinand Prévôt
Coro dos cabaleiros de Ory, damas, cruzados, campesiños
  1. ↑ Guía visual de la Ópera, Espasa.
  2. ↑ Osborne, Charles, p.18.
  3. ↑ Holden, p. 793

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.