La pietra del paragone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La pietra del paragone
A pedra de toque
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaLuigi Romanelli
Estrea26 de setembro de 1812
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización da partituraArchivio di Casa Ricordi, Milán. A segunda metade dos recitativo secco é dun colaborador descoñecido.
Personaxes

Conde Asdrubale (baixo)
Clarice (contralto)
Giocondo (tenor)
Pacuvio (barítono)
Donna Fulvia (mezzosoprano)
Macrobio (barítono)
Baronesa Aspasia (soprano)
Fabrizio (baixo

La pietra del paragone (en galego A pedra de toque) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Luigi Romanelli. A súa estrea tivo lugar o 26 de setembro de 1813 no Teatro alla Scala de Milán. Foi o primeiro encargo do compositor dun gran teatro de ópera e foi un éxito inmediato, sendo representada 53 veces durante a primeira tempada.[1]

Esta ópera represéntase moi pouco, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só cinco representacións no período 2005-2010.[2]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 26 de setembro de 1812[1]
(Director: Alessandro Rolla)
Conde Asdrubale (un rico señor) baixo Filippo Galli
Clarice (namorada de Asdrubale) contralto Marietta Marcolini
Giocondo (poeta amigo do Conde Asdrubale) tenor Claudio Bonoldi
Pacuvio (un poeta) barítono Pietro Vasoli
Donna Fulvia (rival de Clarice que quere os cartos de Asdrubale) mezzosoprano Orsola Fei
Macrobio (un xornalista corrupto) barítono Antonio Parlamagni
Baronesa Aspasia (rival de Clarice que quere os cartos de Asdrubale) soprano Carolina Zerbini
Fabrizio baixo Paolo Rossignoli
Xardineiros, convidados, soldados, cazadores

Argumento[editar | editar a fonte]

Acto I[editar | editar a fonte]

Tres mulleres queren casar co Conde Asdrúbale. Só a Marquesa Clarice o ama en realidade; as outras, Fulvia e Aspasia quéreno soamente polos seus cartos. Farto do asedio das tres mulleres e dun xornalista corrupto, Macrobio; dun escritor ridículo, Pacuvio; e do seu amigo e xove poeta, Giocondo, o Conde decide montar unha farsa: finxe que toda a súa fortuna foi embargada. Todos o abandonan excepto a apaixonada Marquesa Clarice e o xove poeta Giocondo, quen resultan ser seu grande amor e o seu único verdadeiro amigo, respectivamente.

Acto II[editar | editar a fonte]

Giocondo, namorado de Clarice, laméntase do seu amor polo conde e intenta namorala. Clariche recházao, alegando que o seu verdadeiro amor é o Conde Asdrubale. Para comprobar se o Conde sente o mesmo por ela, Clarice disfrázase do seu irmán xemelgo, Lucindo, militar desaparecido, e comunícalle ao Conde que decidiu levarse con el á Marquesa. Entón, cando o Conde confesa os seus sentimentos Clarice confésalle que en realidade é ela disfrazada. A ópera remata con Giocondo reconciliado con Conde Asdrubale e co matrimonio entre Clarice e Asdrubale, Macrobio e Aspasia e Fulvia e Pacuvio.

Orquestración[editar | editar a fonte]

A partitura de Rossini prevé a utilización de:

Para os recitativos:

Estrutura[editar | editar a fonte]

  • Sinfonia

Acto I[editar | editar a fonte]

  • 1 Introduzione Non v'è del conte Asdrubale (Coro, Pacuvio, Aspasia, Fulvia, Fabrizio)
  • 2 Duetto Mille vati al suolo io stendo (Macrobio, Giocondo)
  • 3 Cavatina Quel dirmi, oh dio! (Clarice)
  • 4 Cavatina Se di certo non sapessi (Asdrubale)
  • 5 Duetto Conte io, se l'eco avesse (Clarice, Asdrubale)
  • 6 Aria Ombretta sdegnosa (Pacuvio)
  • 7 Quartetto Voi volete e non volete (Clarice, Asdrubale, Giocondo, Macrobio)
  • 8 Aria Chi è colei che s'avvicina? (Macrobio)
  • 9 Coro Il conte Asdrubale
  • 10 Finale I Su queste piante incisi (Clarice, Giocondo, Macrobio, Aspasia, Fulvia, Pacuvio, Asdrubale, Fabrizio, Coro)

Acto II[editar | editar a fonte]

  • 11 Introduzione Lo stranier con le pive nel sacco (Coro, Aspasia, Fulvia, Macrobio, Conte, Pacuvio, Giocondo)
  • 12 Coro A caccia, mio signore! (Coro, Pacuvio) e Temporale
  • 13 Scena e aria Oh come il fosco - Quell'alme pupille (Giocondo)
  • 14 Quintetto Spera se vuoi, ma taci (Clarice, Giocondo, Aspasia, Macrobio, Asdrubale)
  • 15 Aria Pubblico fu l'oltraggio (Fulvia)
  • 16 Terzetto Prima fra voi coll'armi (Macrobio, Asdrubale, Giocondo)
  • 17 Marcia, scena e aria Se l'Itale contrade (Clarice, Coro)
  • 18 Aria Ah, se destarti in seno (Asdrubale)
  • 19 Finale II Voi Clarice? (Asdrubale, Giocondo, Aspasia, Fulvia, Macrobio, Pacuvio, Fabrizio, Clarice, Coro)

Discografía[editar | editar a fonte]

Ano Elenco:
Clarice, Asdrubale, Giocondo, Pacuvio
Director,

Orquestra e Teatro

Selo
1961 Bruno Marangoni,
Rosa Laghezza,
Renzo Casellato,
Mario Basiola
Mario Rossi,
Orquestra e Coro do Teatro La Fenice
CD de son: Premiere Opera
Cat: 29881
1971 John Reardon,
Beverly Wolff,
José Carreras,
Justino Díaz
Newell Jenkins,
New York Clarion Concerts Orchestra and Chorus
CD de son: Vanguard Classics
Cat: 08-9031-73
1988 Natale de Carolis,
Cecilia Bartoli,
Luca Canonici,
Alfonso Antoniozzi
Marcello Viotti,
Orquestra e Coro do Teatro Massimo Bellini de Catania
CD de son: House of Opera
Cat: CD91776
1993 Pietro Spagnoli,
Sara Mingardo,
William Matteuzi,
José Fardilha
Bruno Aprea,
Orquestra Sinfónica de Graz e Coro de Cámara de Bratislava
CD de son: Bongiovanni
Cat: GB 2179/80
2002 Marco Vinco,
Carmen Oprisanu,
Raúl Giménez,
Bruno De Simone
Carlo Rizzi,
Orquestra do Teatro Comunal de Bolonia e Coro de Cámara de Praga
Rossini Opera Festival
CD de son: ROF
Cat: ROF 11053
2006 Michele Pertusi,
Sonia Prina,
José Manuel Zapata,
Christian Senn
Jean-Christophe Spinosi,
Orquestra e Coro do Teatro Regio de Parma
CD de son: House of Opera
Cat: CD10068
2007 Marco Vinco,
Marie-Agne Todorovich,
Raúl Giménez,
Paolo Bordogna
Alberto Zedda,
Orquesta y Coro del Teatro Real de Madrid
DVD: Opus Arte
Cat: OA0987D

CD de son: House of Opera
Cat: CD10065

2007 François Lis,
Sonia Prina,
José Manuel Zapata,
Christian Senn
Jean-Christophe Spinosi,
Ensemble Matheus Coro do Teatro Regio de Parma
Théâtre du Châtelet
DVD: Naïve
Cat: V 5089

CD de son: House of Opera
Cat: CD10069

2017 Gianluca Margheri,
Aya Wakizono,
Maxim Mironov,
Paolo Bordogna
Daniele Rustioni,
Orquesta Sinfónica de la RAI e Coro do Teatro Ventidio Basso
Rossini Opera Festival
CD de son: Premiere Opera
Cat: 33253

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Kobbe, p. 654
  2. "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]