Saltar ao contido

Sociedade Linneana de Londres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sociedade Linneana de Londres

Tiposociedade científica e sociedade científica Editar o valor en Wikidata
EpónimoCarl von Linné Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Cargo dirixentePresidente da Sociedade Linneana de Londres Editar o valor en Wikidata
Presidente/aAnjali Goswami (en) Traducir 2022 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaensino superior Editar o valor en Wikidata
Entidades
Economía
Data
Fundación1788 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 51°30′32″N 0°08′22″O / 51.5089, -0.1394
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
SedeBurlington House Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBlinnean.org Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: linneansociety Twitter: LinneanSociety Instagram: linneansociety LinkedIn: linneansociety Flickr: linneansociety Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Exterior das oficinas da Sociedade Linneana de Londres en Burlington House.

A Sociedade Linneana de Londres (Linnean Society of London) é unha sociedade científica dedicada ao estudo e a difusión da taxonomía e historia natural.[1] Publica estudos de zooloxía, botánica e bioloxía.[2] Tamén edita The Linnean, unha revista dedicada á historia desta sociedade e á taxonomía en xeral.

Fundouse en 1788 e debe o seu nome ao naturalista sueco Carl von Linné (1707-1778). A súa sede está situada Burlington House, Piccadilly, Londres. Para converterse en membros requírese o nomeamento por polo menos dous membros e elección. Os membros (fellows) usan a designación FLS despois dos seus nomes. Entre os seus membros estivo Charles Darwin desde 1854.[3]

Coleccións

[editar | editar a fonte]

As coleccións botánicas e zoolóxicas de Linné que herdara o seu fillo único Carl von Linné o Mozo, adquiriunas en 1783 sir James Edward Smith, primeiro presidente da sociedade. Hoxe consérvanse na sede da sociedade e conteñen 14.000 plantas, 158 peixes, 1.564 cunchas, 3.198 insectos, 1.600 libros e 3.000 cartas e documentos. Son consultables previa cita.

A Sociedade conserva tamén a propia colección de plantas de sir J.E. Smith. Fíxose un inventario no marco do Smith Herbarium Project do Museo Nacional de Liverpool e limpáronse e reparáronse 6.000 espécimes.

En 2014, as coleccións da sociedade foron engadidas á lista das coleccións de importancia nacional en Inglaterra pola Arts Council England.[4]

Medallas e premios outorgados pola sociedade

[editar | editar a fonte]

A Sociedade Linneana de Londres adxudica diferentes galardóns:

  • A medalla linneana, fundada en 1888, recompensa a un botánico ou zoólogo: nun principio, alternativamente; logo, desde 1958, de maneira común.
  • O premio H. H. Bloomer, establecido en 1963, grazas á herdanza do naturalista afeccionado Harry Howard Bloomer, premia a un naturalista non profesional que efectuara unha gran contribución ao coñecemento da bioloxía.
  • O premio do bicentenario, inaugurado en 1978 co gallo do 200 aniversario da morte de Linné, recompensa a un investigador de menos de 40 anos.
  • O premio Jill Smythies, implantado en 1986, asígnase ás mellores ilustracións de botánica.
  • O premio Irene Manton, iniciado en 1990, recompensa a mellor memoria de botánica aparecida durante o curso escolar.
  • Medalla Darwin-Wallace, para premiar avances importantes en bioloxía evolutiva.
  • Medalla do Tricentenario Linneano, establecida en 2007

A Sociedade publica actualmente diversas revistas, como son: o Biological Journal of the Linnean Society, centrado na bioloxía evolutiva de todos os organismos, o Botanical Journal of the Linnean Society, sobre as ciencias botánicas, e o Zoological Journal of the Linnean Society que trata sobre a sistemática animal e a evolución.

Lista de presidentes

[editar | editar a fonte]
James Edward Smith fundador e 1º presidente da sociedade Linneana de Londres.

Outras sociedades linneanas no mundo

[editar | editar a fonte]

Australia

[editar | editar a fonte]
  • Linnean Society of New South Wales
  • Société linnéenne du Québec
  • La Société Linnéenne de la Seine maritime
  • Société linnéenne de Lyon
  • Société linnéenne de Provence
  • Société Linnéenne de Bordeaux
  • Société Linnéenne de Normandie
  • Sociedade Lineana Sueca

Reino Unido

[editar | editar a fonte]
  • The Linnean Society of London
  • The Linnean Society of Lake Superior, Inc.
  • The Linnaean Society of New York
  1. "Bristol botanist awarded prestigious medal for her contribution to natural history". University of Bristol. 24 de maio de 2012. Consultado o 8 de agosto de 2014. 
  2. "The Linnean Society of London: Medals and Prizes". Linnean.org. Consultado o 8 de abril de 2012. 
  3. Freeman, R. B. (2007). Charles Darwin: A companion (2d online ed.). The Complete Works of Charles Darwin Online. Consultado o 2014-12-25. 
  4. "Linnean Society Collection recognised for its national significance". 2014-12-11. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 16 de decembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]