Helena (lúa)
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Laques e Lecacheux |
Descuberta no | 1 de marzo de 1980 |
Designación alternativa | Saturno XII Dione B |
Características orbitais | |
Eixo semi-maior | 377.396 km |
Excentricidade | 0,0022 |
Período orbital | 2,736915 días [1] |
Inclinación | 1,199° (respecto do ecuador de Saturno) |
Satélite de | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 36 × 32 × 30 km |
Radio medio | 16 km |
Período de rotación | asumida coma síncrona |
Oblicuidade | cero |
Albedo | 1,67 ± 0,20 (xeométrico)[2] |
Helena (ou en grego Ἑλένη) é unha lúa de Saturno. Foi descuberta por Pierre Laques e Jean Lecacheux no ano 1980, a patir de observacións terrestres feitas no Observatorio Pic du Midi, e recibiu a designación temporal S/1980 S 6.[3] No ano 1988 foi oficialmente bautizada co nome de Helena de Troia, quen era neta de Cronus (Saturno) na mitoloxía grega.[4] A lúa tamén é coñecida coma Saturno XII e Dione B,[5] xa que esta lúa é co-orbital da lúa Dione e está situada no punto de Langrage de vangarda (L4). É unha das catro lúas troianas que existen no sistema de satélites de Saturno, as outras tres son: Calipso, Telesto e Polideuco, a outra troiana de Dione.
Exploración
[editar | editar a fonte]A imaxes de Helena tomadas máis de preto son da sonda Cassini, que sobrevoou a lúa a unha distancia de 1800 km o 3 de marzo do 2010.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Imaxe tomada pola Cassini o 3 de marzo do 2010
-
A cara da lúa que mira a Saturno, iluminada polo resplandor do propio planeta.
-
Vista en primeiro plano de Helena con Saturno de fondo.
-
Imaxe tomada pola Cassini en novembro do 2008
-
Imaxe tomada pola Cassini en xullo do 2007
-
Imaxe tomada pola Voyager 2 en agosto de 1981
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NASA Celestia". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2005. Consultado o 03 de xuño de 2010.
- ↑ Verbiscer, A.; French, R. ; Showalter, M. ; Helfenstein, P. (2007). "Enceladus: Cosmic Graffiti Artist Caught in the Act". Science 315: 815. doi:10.1126/science.1134681. p. 815 (baseado en material en liña, táboa S1)
- ↑ IAUC 3496: Satellites of Saturn 31 de xullo de 1980 (descubrimento)
- ↑ IAUC 4609: Satellites of Saturn and Uranus 8 de xuño de 1988 (bautizo da lúa)
- ↑ Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (mencionado en IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn, 30 de setembro de 1983)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Helene Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 20 de novembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- The Planetary Society: Helene (en inglés)
- Helene has two facesArquivado 16 de xuño de 2010 en Wayback Machine. - The Planetary Society : Helene Mini Atlas - 11 de marzo do 2010 (en inglés)