Imelda Staunton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imelda Staunton
Nacemento9 de xaneiro de 1956
LugarLondres
NacionalidadeReino Unido
Educada enRoyal Academy of Dramatic Art e La Sainte Union Catholic School
Cónxuxe(s)Jim Carter
FillosBessie Carter
Profesiónactriz de teatro, actriz de cinema e actriz
Na rede
IMDB: nm0001767 Allocine: 10339 Rottentomatoes: celebrity/imelda_staunton Allmovie: p67757 Metacritic: person/imelda-staunton TV.com: people/imelda-staunton
Souncloud: imelda-staunton Spotify: 7FjbG8Wrw8byNE4Ss6sbdD iTunes: 133486043 Last fm: Imelda+Staunton Musicbrainz: ddf3af4f-17b3-4a0b-8e3c-dbda6861b393 Songkick: 2221767 Discogs: 601877 Allmusic: mn0001831377 WikiTree: Staunton-130 Deezer: 1498767 Genius: Imelda-staunton Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Imelda Mary Philomena Bernadette Staunton, nada en Archway, Londres, o 9 de xaneiro de 1956,[1] é unha actriz inglesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Staunton naceu en Londres, filla única de Bridie (McNicholas), peiteadora, e Joseph Staunton, obreiro e traballou na construción de estradas.[2][3] A familia vivía sobre o salón de peiteado da súa nai.[4] Os seus pais eran inmigrantes católicos de primeira xeración do condado de Mayo (Irlanda).[5]

Animada por un mestre de oratoria da súa escola, Staunton participou en probas para escolas de arte dramática e entrou na Royal Academy of Dramatic Art (RADA) aos dezaoito anos,[6] graduándose en 1976.[7][8]

O primeiro papel importante de Staunton no cinema foi no filme de 1986 Comrades. Comezou a recibir atención internacional en 1993 pola súa interpretación de Margaret no filme de Kenneth Branagh, Much Ado About Nothing, baseado na obra de William Shakespeare. Ese mesmo ano traballou na televisión con Richard Briers e Adrian Edmondson en If You See God, Tell Him.

Staunton compartiu o Screen Actors Guild Awards ao mellor elenco de 1998 por Shakespeare in Love. Tamén prestou a súa voz a varios filmes de animación, como Chicken Run, Arthur Christmas e The Pirates! In an Adventure with Scientists.

En 2004 Staunton recibiu os premios á mellor actriz nos BAFTA e no Festival de Venecia polo seu papel en Vera Drake, filme que tamén gañou o León de Ouro. Polo mesmo papel foi candidata ao Globo de Ouro e ao Óscar. En 2005 tivo un papel ocasional no programa de humor británico Little Britain como a señora Mead.

En 2007 Staunton interpretou a maquiavélica profesora Dolores Umbridge no filme Harry Potter e a Orde do Fénix, interpretación que foi describa como roubaescenas.[9] En 2010 volveu dar vida á mesma personaxe na sétima adaptación da saga, Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte).

Staunton foi escollida en 2020 para interpretar a raíña Isabel II na quinta temporada da serie The Crown, tomando o relevo das actrices Claire Foy e Olivia Colman que lle deron vida en etapas anteriores.[10][11]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Staunton e o seu marido, o actor inglés Jim Carter, teñen unha filla, Bessie, nada en 1993. En 2007, os tres apareceron na serie da BBC Cranford.[12]

Staunton foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) en 2006[13] e Comandante (CBE) en 2016, ambos nomeamentos polos seus servizos á arte dramática.[14]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1986 Comrades Betsy Loveless
1989 A Sleeping Life Polly Flinders
1990 Yellowbacks Cheryl Newman
1990 They Never Slept The Producer
1991 Antonia e Jane Jane Hartman
1992 Os amigos de Peter Mary Charleston
1993 Much Ado About Nothing Margaret
1993 Deadly Advice Beth Greenwood
1994 Mole's Christmas Village Mother Voz. Curtametraxe
1995 Citizen X Mrs. Burakova
1995 Sense and Sensibility Charlotte Jennings Palmer
1996 Twelfth Night: Or What You Will Maria
1996 The Snow Queen's Revenge Voz
1997 Remember Me? Lorna
1997 The Ugly Duckling Scruffy Voz
1998 Shakespeare in Love Nurse
2000 Chicken Run Bunty Voz
2000 Rat Conchita
2000 Jack and the Beanstalk Dilly Voz
2000 Victoria Wood With All The Trimmings Mrs. June Cottisloe
2001 Another Life Ethel Graydon
2001 Crush Janine
2002 Ready Naomi
2003 The Virgin of Liverpool Sylvia, Conlon
2003 Bright Young Things Lady Brown
2003 Blackball Bridget
2003 I'll Be There Dr. Bridget Jackens
2004 Vera Drake Vera Drake BAFTA á mellor actriz
BIFA Award á mellor actriz
Premio do Cinema Europeo á mellor actriz
London Film Critics Circle Award á mellor actriz
Los Angeles Film Critics Association Award á mellor actriz
National Society of Film Critics Award á mellor actriz
New York Film Critics Circle Award á mellor actriz
Copa Volpi
Candidata ao Óscar á mellor actriz
Candidata ao Golden Globe Award for Best Actress – Motion Picture Drama
Candidata ao Screen Actors Guild Award á mellor actriz
2005 Nanny McPhee Mrs. Joan Blatherwick
2005 A Midsummer Night's Dream Polly
2005 My Family and Other Animals Louisa Durrell (nai)
2006 Shadow Man Ambassador Cochran
2007 Freedom Writers Margaret Campbell
2007 Harry Potter e a Orde do Fénix Dolores Jane Umbridge Candidata ao London Film Critics Circle Award á mellor actriz secundaria británica
Candidata ao Saturn Award á mellor actriz secundaria
2007 How About You Hazel Nightingale
2008 Three and Out Rosemary Cassidy
2008 A Bunch of Amateurs Mary
2009 Taking Woodstock Sonia Teichberg
2010 White Other Lynne McDermott
2010 Alice in Wonderland Tall Flower Faces Voz
2010 Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) Dolores Jane Umbridge
2010 Another Year Janet
2011 The Awakening Maud Hill
2011 Arthur Christmas Margaret Claus Voz
2012 The Pirates! Band of Misfits Raíña Vitoria Voz
Candidata ao Annie á mellor interpretación de voz
2014 Maleficent Knotgrass
2014 Pride Hefina Headon BIFA Award á mellor actriz secundaria
Candidata ao BAFTA á mellor actriz secundaria
2014 Paddington Aunt Lucy Voz
2017 Paddington 2 Aunt Lucy Voz
2017 Bailando a vida Sandra
2017 The Actor's Apprenticeship Ela mesma Documental
2019 Downton Abbey Maud, Lady Bagshaw
2019 Maleficent: Mistress of Evil Knotgrass
2020 Amulet Sister Claire

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Imelda Staunton". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  2. Huntman, Ruth (20 de marzo de 2015). "Imelda Staunton: My family values". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2020. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  3. "The dark arts and sheer magic of Imelda". Irish Independent. 29 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  4. Brady, Tara (23 de febreiro de 2018). "Imelda Staunton: The Irish dancing teacher slapped me. I thought 'I'm never coming back'". The Irish Times. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2020. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  5. Craig, Olga (8 de decembro de 2008). "Imelda Staunton: My career is not about looks". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  6. Margolies, Dany (15 de decembro de 2004). "Spotlight on Screen Actors Guild Awards: English Patient". Backstage. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  7. Hemming, Sarah (22 de febreiro de 2014). "Interview: actress Imelda Staunton". Financial Times. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  8. "Imelda Staunton — RADA". Rada.ac.uk. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  9. McCurry, Justin (29 de xuño de 2007). "Japan goes wild about Harry". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  10. "Imelda Staunton. la última reina de «The Crown»". ABC (en castelán). 6 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2021. 
  11. Ravindran, Manori (31 de xaneiro de 2020). "'The Crown' Will End After Season 5 With Imelda Staunton as Queen Elizabeth". Variety. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  12. "Imelda Staunton on acting naturally" The Sunday Times, 21 de xuño de 2008
  13. "New Year Honours" (PDF). The London Gazette (Reino Unido: The Stationery Office) (57855): N12. 30 de decembro de 2005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de xuño de 2019. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  14. "New Year Honours List" (PDF). The London Gazette (Reino Unido: The Stationery Office) (61450): N10. 30 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2020. Consultado o 9 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]