Pablo Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaPablo Seoane
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata

Pablo Seoane Rodríguez, nado en Ferrol en 1968, é investigador, compositor e pianista dentro do ámbito do jazz, a improvisación e a música contemporánea. Filólogo, tradutor, graduado en filosofía e doutorando en filosofía da música.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou música e filoloxía inglesa en Salamanca, A Coruña e Estados Unidos (Wake Forest, NC). Desde hai máis de quince anos desenvolve unha intensa actividade como pianista e compositor en distintas formacións, xeralmente vinculadas ao jazz e á improvisación libre. Ten composto música para teatro e levado a cabo tarefas docentes en diversas institucións.[Cómpre clarificar]

Entre as súas actividades figuran a xestión xunto a LAR Legido das jam-sessions semanais de improvisación libre no Café El Puente (Santiago de Compostela) e a dirección, en colaboración con Javier Turnes, duns multidisciplinares Encontros de Filosofía e Música ‘Pensar a voces’ que se celebraron en Cee desde 2012. Así como os grupos de improvisación "Pablo Seoane Trem", unha agrupación de formación de vangarda galega, coa base colaborativa da violinista Elena Vázquez Ledo e o contrabaixista Saúl Puga, "Lupercal", "Tripo" e "Machín not Workin´ Properly".

No ano 2006 dirixiu o evento After Falou, Sar 40 no 2010 e La Bambola Malata (free pocket-opera no 2011). Presentou na conferencia en Música Contemporánea "Xornadas de Música Contemporanea de Compostela" do 2014 a peza "Festas do Erro".

Como doutorando en filosofía e musicólogo publicou "Regla y tiempo real. Improvisación, interpretación y ontología de la obra musical" en Athenaica Edicións[2] no que interpreta a tradición e natureza da obra musical en termos similares a Vladimir Jankélévitch, como un contexto forzosamente improvisativo. Noutra banda dedica estudos á arbitrariedade na gramática de Wittgenstein e a relación da mesma con certos rasgos musicais e coa propia creación artística.

Traduciu ao galego a Guillaume Apollinaire, en O bestiario ou cortexo de Orfeo (Edicións Positivas, 2019) [3] e a Henry David Thoreau, en Desobediencia civil e Vida sen fundamentos (Edicións Positivas, 2002)[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ápeiron: estudios de filosofía, ISSN-e 2386-5326, Nº. 10, 2019 (Exemplar dedicado a: Wittgenstein, música e arquitectura), páxs. 75-89: Wittgenstein, gramáticas musicales y arbitrariedad.

Outros artigos[editar | editar a fonte]