Ian Burgess

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ian Burgess
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 19581963
Escudería(s) Cooper (inc. privado), Scirocco
privado Lotus
Grandes Premios disputados 20 (16 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1958
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1963


Ian Burgess nado o 6 de xullo de 1930 e finado o 19 de maio de 2012 era un piloto de carreiras británico, nado en Londres. Participou en 20 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un,[1] debutou o 19 de xullo de 1958, e numerosas carreiras de Fórmula Un fora de campionato. Non logrou anotou ningún punto para o campionato.

Andaina[editar | editar a fonte]

Burgess comezou a competir en 1950 cun Cooper de Fórmula 3 e tivo unha exitosa tempada en 1951 incluíndo unha vitoria en Nürburgring antes de pasar aos coches deportivos e Fórmula Dúas, onde tivo menos éxito.[2]

Burgess comezou a traballar para Cooper, tanto na súa fábrica como na escola dos seus pilotos situada en Brands Hatch e correu nun coche oficial de Fórmula 2 en 1957, cando alcanzou o cuarto lugar na Oulton Park Gold Cup.[2] Isto levouno a pilotar co equipo de Tommy Atkins en 1958, cunha máquina similar. Gañou en Crystal Palace e Snetterton e logrou o cuarto posto en Reims e Montlhéry. Con todo, unha perna rota en AVUS puxo fin á súa tempada, pero non antes de que fixera o seu debut na Fórmula Un con Cooper no Gran Premio do Reino Unido.

Burgess regresou en 1959 pilotando un Cooper T51- Maserati da Scuderia Centro Sud, a súa mellor posición final foi sexto no Gran Premio de Alemaña. Continuou co equipo en 1960 con pouco éxito.

Para 1961 incorporouse ao equipo americano Camoradi International, competindo en cinco Grandes Premios (tres saídas) cun mellor resultado de 12º no Gran Premio de Alemaña.[2] Trasladouse ao equipo Anglo American Equipe en 1962 competindo en tres Grandes Premios, o deu mellor final foi 11º. 1963 foi o seu último ano nas carreiras e competiu en dous Grandes Premios co equipo Scirocco-Powell, retirándose en ambos.[2]

Burgess morreu en Harrow, aos 81 anos de idade.[3]

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Anor Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1958 Cooper Car Company Cooper T45 Climax 4 en liña ARX MON NED 500 BEL FRA GBR
Ret
NC 0
High Efficiency Motors Cooper T43 (F2) ALE
7
POR ITA MAR
1959 Scuderia Centro Sud Cooper T51 Maserati 4 en liña MON 500 NED FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
6
POR ITA
14
USA NC 0
1960 Scuderia Centro Sud Cooper T51 Maserati 4 en liña ARX MON
NSC
500 NED BEL FRA
10
GBR
Ret
POR ITA USA
Ret
NC 0
1961 Camoradi International Lotus 18 Climax 4 en liña MON NED
NTS
BEL
NTS
FRA
14
GBR
14
NC 0
Cooper T53 ALE
12
ITA USA
1962 Anglo American Equipe Cooper T53 Climax 4 en liña NED MON BEL FRA GBR
12
ALE
11
ITA
NSC
USA RSA NC 0
1963 Scirocco-Powell Scirocco 02 BRM V8 MON BEL NED FRA GBR
Ret
ALE
Ret
ITA USA MEX RSA NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grand Prix Data Book
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 88. ISBN 0851127029. 
  3. "Ian Burgess at oldracingcars.com". oldracingcars.com. Consultado o 21 maio 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]