Fritz d'Orey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fritz d'Orey
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Brazil.svg Brasil
Anos en activo 1959
Escudería(s) Tec-Mec
Maserati non oficial
Grandes Premios disputados 3
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Francia de 1959
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1959


Frederico José Carlos Themudo "Fritz" d'Orey nado en São Paulo, o 25 de marzo de 1938 é un expiloto de carreiras de Brasil. Participou en tres Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutou o 5 de xullo de 1959. Non logrou ningún punto de campionato.

Fillo de inmigrantes portugueses que se dedicaban ao comercio de automóbiles, estudou no tradicional Colexio San Luís e Economía na Wharton School of the University of Pennsylvania.

Andaina nas carreiras[editar | editar a fonte]

Comezou a correr en Interlagos, cando o autódromo aínda estaba aberto aos pilotos afeccionados, correndo contra os pilotos da época, como Camilo Cristófaro e Chico Landi. Correu as probas da época, como as Mil Millas e venceu varias carreiras como os 500 quilómetros de Interlagos, o GP do Río de Xaneiro etc. Foi un dos pioneiros en tentar as carreiras internacionais, xuntamente con Christian Heins, participando nunha categoría europea da época, coñecida como Fórmula Júnior, por recomendación de Juan Manuel Fangio, que o vira correr nunha proba en Buenos Aires. Logo na estrea europea venceu o GP de Messina en Sicilia con Christian Heins segundo.[1]

Seus rápidos logros o levou á Fórmula 1. Fritz d'Orey estreouse no Gran Premio de Francia de 1959, o 5 de xullo, no circuíto de Reims-Gueux, como piloto do equipo independente Scuderia Centro Sud, pilotando o Maserati 250F número 38. Na mesma proba tamén debutou o despois vencedor e construtor Dan Gurney. Fritz saíu décimo oitavo entre os 22 inscritos, terminando a carreira en décimo lugar, que foi vencida por Tony Brooks de Ferrari.

Dúas semanas despois Fritz d'Orey participou co mesmo coche no Gran Premio do Reino Unido de 1959, en Aintree. Co número 40, se clasificou vixésimo entre trinta inscritos. Víuse envolto nun accidente na volta 57 e abandonou a proba, vencida por Jack Brabham da escuadra Cooper.

A súa derradeira participación na Fórmula 1 foi no Gran Premio dos Estados Unidos de 1959, disputado o 12 de decembro na pista de Sebring. Inscribíuse como piloto do equipo Camoradi, escuadra que participaba no Campionato Mundial de Sport Prototipo, sendo a única participación do chasis Tec-Mec F415 e motor Maserati. Na carreira preliminar de Formula Junior, terminou en segundo, facendo a mellor volta do circuíto. Na proba principal, saíu en décimo sétimo lugar entre 22 inscritos e abandonou tras seis voltas con problemas mecánicos. A carreira venceuna Bruce McLaren.

Contratado por Ferrari en 1960, participou nas 12 Horas de Sebring, a súa carreira víuse precozmente interrompida ao sufrir un grave accidente nos adestramentos de clasificación das 24 Horas de Le Mans de 1960, cando tras unha curva a 270 km/h, o fráxil coche bateu nunha árbore, se partiu polo medio e ficou tirado na pista, con traumatismo cranial, entre outras lesións, tendo que pasar oito meses en recuperación e abandonando prematuramente a súa prometedoira carreira.[2]

Volveu ao Brasil, tornouse empresario da construción civil con éxito ata a súa xubilación. reside en Río de Xaneiro.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1959 Scuderia Centro Sud Maserati 250F Maserati
6 en liña
MON 500 NED FRA
10
GBR
Ret
ALE
NCG
POR
NCG
ITA NC 0
Camoradi USA Tec-Mec Maserati 250F USA
Ret
Fonte:[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eduardo Correa (1994). Fórmula 1: pela glória e pela pátria. Globo. p. 84. ISBN 85-250-1213-0 GB. 
  2. Martin Pfundner (2003). Vom Semmering zum Grand Prix: der Automobilsport in Österreich und seine ... Bohlau. p. 274. ISBN 3-205-77162-1 GB. 
  3. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 272. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]