Gens Vipsania

A gens Vipsania ou Vipsana (en latín, Vipsania) foi unha escura familia plebea de rango ecuestre na Roma antiga. Poucos membros desta gens aparecen na historia, aínda que se coñecen algúns polas inscricións e rexistros pero, tamén, son moi escasos.[1] De lonxe, o máis ilustre da familia foi Marco Vipsanio Agripa, amigo íntimo e conselleiro de Augusto, a quen o emperador pretendeu facer o seu herdeiro. Porén, Agripa, prefería eliminar o nomen da súa nomenclatura pola orixe humilde da súa familia.[1] Despois da morte de Agripa, Augusto adoptou os fillos do seu amigo, cada un dos cales foi considerado posible herdeiro do Imperio, pero cando cada un deles morreu ou resultou inadecuado, Augusto escolleu outro herdeiro, o futuro emperador Tiberio.[2]
Orixe
[editar | editar a fonte]Os Vipsanii non se mencionan na historia ata o final da República. O seu nomen, Vipsanius, aseméllase a outros xentilicios rematados en -anius, que normalmente se derivaban de topónimos ou cognomina rematados en -anus. Varias inscricións dan o nome como Vipsanus, quizais a forma orixinal do nomen. Segundo algúns estudosos, a gens Vipsania era orixinaria de Pisae en Etruria.[3][4]
Praenomina
[editar | editar a fonte]Os únicos praenomina asociados á familia principal dos Vipsanii foron Lucio e Marco, dous dos nomes máis comúns ao longo da historia romana. Outros Vipsanii chamados Caio, Publio, Quinto, Sexto e Tito coñécense por inscricións e moedas.[5]
Pólas e cognomina
[editar | editar a fonte]Só unha familia distinta dos Vipsanii aparece na historia, co apelido Agripa. Este era orixinalmente un praenomen, usado por algunhas familias da primeira República, incluíndo os patricios da gens Furia e da gens Menenia, pero a finais da República parece que se usaba exclusivamente como cognomen. A súa orixe e significado eran escuros mesmo na antigüidade e a explicación máis coñecida alude a que era un dos moitos praenomina derivados das circunstancias do parto, e referíase a un neno que naceu cos pés por diante.[a]
Membros
[editar | editar a fonte]- Lucio Vipsanio, o pai de Marco Vipsanio Agripa.
- Lucio Vipsanio L. f., o irmán de Marco Agripa, serviu baixo Catón o Novo contra Xulio César durante a Guerra Civil.
- Vipsania L. f. Pola, a irmá de Marco Agripa, completou o Porticus Vipsania após a morte do seu irmán.[12]
- Marco Vipsanio L. f. Agripa, o amigo e legado de Augusto. Distinguiuse na Guerra civil de Perusia, contra os Chatti, contra Sexto Pompeio, e na Batalla de Actium. Foi cónsul no 37 a. C., 28 a. C. e 27 a. C. e edil no 33 a. C. Posteriormente, realizou un número importante de obras públicas tanto en Roma coma noutras partes do Imperio. A súa primeira muller foi Ática, a filla de Tito Pomponio Ático; sobre 28 a. C., casou con Marcela, sobriña de Augusto, e no 21 a. C. o emperador fixo que se divorciase de Marcela para casalo coa súa filla Xulia. Morreu inesperadamente no 12 a. C.[13][14][15][16]
- Marco Vipsanio, un home mencionado por Suetonio que criticou a linguaxe da Eneida, e denominou a Virxilio como un bastardo de Mecenas. Algúns identifican a este individuo como o xeneral Marco Agripa.[b]
- Vipsania M. f. L. n., unha filla de Agripa pola súa primeira muller, Ática, casada con Quinto Haterio.
- Vipsania M. f. L. n. Agripina, unha filla de Agripa pola súa primeira muller, Ática. O seu primeiro marido foi Tiberio Claudio Nero, por quen deveu en nai de Druso, mais Augusto pediu o seu divorcio, de modo que Tiberio poidese casar con Xulia. Daquela, Vipsania casou con Caio Asinio Galo, cónsul no 8 a. C.[26][27][28]
- Vipsania M. f. L. n. Marcela, unha filla de Agripa coa súa segunda muller, Claudia Marcela, casada con Publio Quintilio Varo.
- Vipsania M. f. L. n. Marcela, unha filla de Agripa pola súa segunda muller, Marcela, casada con Marco Emilio Lépido.
- Caio Vipsanio M. f. L. n. Agripa, o fillo máis vello de Agripa e Xulia, foi adoptado por Augusto na vida do seu pai, devindo Caio Xulio César. Foi cónsul no 1 a. C., xunto co seu cuñado Lucio Emilio Paulo, estando en Asia, onde ficou para loitar contra os partos. Foi ferido mentres tomaba posesión de Armenia, e sen recuperarse máis plenamente, morreu en Limyra en Licia no 4.[29][30][31][32][33][34]
- Vipsania M. f. L. n. Julia Agripina, a filla máis vella de Agripa e Xulia, xeralmente coñecida como Xulia a Menor, casada con Lucio Emilio Paulo, cónsul no 1 a. C. Puido ser quen inspirase a Corina presente nos Amores de Ovidio. No 8, foi desterrada ás illas Tremiti, aparentemente por un romance co senador Décimo Xunio Silano, aínda que é máis que posible porque o seu marido conspirase contra o emperador. Morreu en exilio en 28.[35][36][37][38]
- Lucio Vipsanio M. f. L. n. Agripa, o segundo fillo de Agripa e xulia, foi adoptado en infancia por Augusto, devindo Lucio Xulio César ou Lucio César. El e o seu irmán, Caio, foron nomeados como os herdeiros do emperador, mais Lucio morreu en Massilia no ano 2, mentres viaxaba a Hispania e o seu irmán morreu no ano 4, polo que Augusto tivo que escoller entre o seu irmán máis novo, Marco, e o seu xenro, Tiberio.
- Vipsania M. f. L. n. Agripina, ou Agripina Maior, a filla máis nova de Agripa e Xulia, casada con Xermánico, o sobriño e herdeiro pretendido de Tiberio, mais despois de que a súa morte no 19 fose considerada sospeitosa polo emperador, desterrouna xunto cos seus dous fillos matiores Nerón e Druso, ás Illas Ponziane onde morreron. O seu terceiro fillo, Caio, sucedeu a Tiberio; a súa filla, Agripina, foi a cuarta muller de Claudio e a nai de Nerón.[39][40][41]
- Marco Vipsanio M. f. L. n. Agripa Póstumo [c] O fillo máis novo de Agripa e Xulia, naceu após a morte do seu pai no 12 a. C., e adoptado por Augusto no 4, devindo Marco Xulio César Agripa Póstumo. Posteriormente, foi desterrado máis tarde á illa de Pianosa por mor do seu temperamento violento. Alí foi asasinado após o ascenso ao trono de Tiberio, para evitar calquera posibilidade de revolta no seu nome.[42][43][44][45][46]
- Publio Vipsanio Agripa, duúnviro de Corinto durante o reinado de Caligula.[47]
- Marco Vipsanio Galicano, un neto dun dos libertos de Augusto.[48]
- Vipsanio Lenas, gobernador de Sardeña, foi condenado no 56 cun cargo de mala administración da súa provincia (repetundae).[49]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Esta é a explicación dada por Plinio, e seguida por outros autores antigos mais os estudosos modernos son escépticos ante esta explicación: Chase (1897) suxire que o nome foi tomado prestado do grego, e era un nome composto baseado en αγρός e ἵππος, polo que a definición era algo así como "cabalo de campo". Os romanos adaptárono entón para que se asemellase aos seus propios nomes. Porén, neste caso cabería esperar que a forma latina fose Agripo, e aínda que os romanos usaron ocasionalmente apelidos de orixe grega, os exemplos máis antigos parecen datar do século IV a. C. e Agripa sería único como praenomen de orixe grega.[6][7][8][9][10][11]
- ↑ O nome exacto e a identidade deste individuo é obxecto de controversia. [17] A Marco Agripa non lle gustaba persoalmente que se referise polo seu escuro nomen gentilicium Vipsanius e evitou o seu uso. Tamén sería raro mencionalo sen incluír o seu nome máis coñecido Agripa. A Vita 44 de Donato di M. Vipranius, pero asúmese amplamente que é unha corrupción no texto, e case sempre se corrixe para Vipsanius.[18] O nome Vipranius non está acreditado.[18][19][20] Harry Jocelyn non estaba de acordo coa opinión maioritaria e afirmou que o orixinal é correcto.[21] Oliver Lyne estivo de acordo co artigo de Jocelyn, subliñando que o nome do individuo non debería ser modificado por "Vipsanius", nin se debería identificar con Agrippa.[22] P. T. Eden non estaba de acordo con Jocelyn en que o nome non debería ser modificado, pero considerou que era improbable que Agripa se expresase con termos tan técnicos (dignos de Quintiliano) sobre a poesía, e que se en realidade fose Agripa, probablemente derivase opinión de Quinto Cecilio Epirota, quen foi o primeiro en conferenciar sobre Virgilio.[18] Nicholas Horsfall sinalou que Agripa non é o único Vipsanius co que se pode identificar ao crítico. Por exemplo, un gramático descoñecido Vipsanius é mencionado por Isidoro de Sevilla; pero Horsfall subliña, en contraste con Eden, que Agripa non era un home iletrado. Por outra banda, sinala que Agripa probablemente non se mofaría de Virgilio por ter sido concedido por Mecenas, xa que el mesmo foi elevado dunha familia escura, e é improbable que chamase a atención sobre iso con este tipo de comentarios.[23] Gian Biagio Conte comparte a opinión de Horsfall, e considera posible unha identificación co gramático.[24] Peter White tamén opinou que este Vipsanius probablemente non debería ser asumido como o xeneral Agripa, senón quizais co gramático, xa que ao xeneral non lle gustaba usar o seu nome.[25]
- ↑ O nome Póstumo, orixinalmente un praenomen, como Agripa, deriva do adxectivo postremo (último ou posterior); e foi orixinalmente dado a nenos de última hora. Mais por confusión co post humus (despois do enterro), chegou a aplicarse aos nenos nacidos despois da morte dos seus pais. Dado que os dous significados a miúdo coincidían, a distinción neste caso pode ser académica, aínda que neste caso o nome parece que se deu porque Marco nacera despois da morte do seu pai.
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 Syme, 2010, p. 166, n. 19
- ↑ Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. I, pp. 78–80 ("Marcus Vipsanius Agrippa").
- ↑ Hall, Etruscan Italy, p. 188.
- ↑ Ridgway, The World of the Early Etruscans, p. 37.
- ↑ Reinhold (1933), p. 11.
- ↑ Plinio o Vello, VII. 6. § 1.
- ↑ Chase 1897, pp. 146-147.
- ↑ Nonius, 557.
- ↑ Gellius xvi. 16.
- ↑ Solinus, i. 65.
- ↑ Servius, viii. 682.
- ↑ Cassius Dio, lv. 8.
- ↑ Cassius Dio, xlv–liv.
- ↑ Livy, Epitome, cxvii–cxxxvi.
- ↑ Appian, Bellum Civile, v.
- ↑ Suetonio, "A vida de Augusto"
- ↑ Savega 1961, p. 371
- ↑ 18,0 18,1 18,2 Eden (1975), p. 6.
- ↑ Cairns (1979), p. 67.
- ↑ Putnam & Farrell (2010), p. 109.
- ↑ De Jonge & Hunter (2019), p. 265.
- ↑ Lyne (1998), p. 18.
- ↑ Horsfall (2000), p. 225.
- ↑ Conte (2007), p. 62.
- ↑ White (1993), p. 265.
- ↑ Cassius Dio, liv. 31, lvii. 2.
- ↑ Suetonio, "Vida de tiberio", 7.
- ↑ Tacitus, Annales, i. 12, iii. 19.
- ↑ Cassius Dio, liv. 8, 18, 25, lv. 6, 9, 11, 12.
- ↑ Zonaras, x. p. 539.
- ↑ Suetonius, "The Life of Augustus", 26, 56, 64, 65, "The Life of Tiberius", 12.
- ↑ Velleius Paterculus, ii. 101, 102.
- ↑ Tacitus, Annales, i. 3, ii. 4.
- ↑ Florus, iv. 12. § 42.
- ↑ Cassius Dio, lix. 11.
- ↑ Suetonius, "The Life of Caligula", 24, "The Life of Claudius", 26, "The Life of Augustus", 64, 65, 101.
- ↑ Tacitus, Annales, iii. 24, iv. 71.
- ↑ Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. II, p. 642 ("Julia", No. 7).
- ↑ Suetonius, "The Life of Augustus", 64, "The Life of Caligula", 8, "The Life of Tiberius", 53.
- ↑ Tacitus, Annales, i–vi.
- ↑ Cassius Dio, lvii. 5, 6, lviii. 22.
- ↑ Suetonio, "The Life of Augustus", 4, 65
- ↑ Suetonio, The Life of Tiberius", 22
- ↑ Dión Casio, liv. 29, lv. 22, 32, lvii. 3
- ↑ Tacitus, Annales, i. 3–6, ii. 39, 40.
- ↑ Velleius Paterculus, ii. 104, 112.
- ↑ Reinhold, Marcus Agrippa, p. 137.
- ↑ Reinhold, Marcus Agrippa, p. 71.
- ↑ Tacitus, Annales, xiii. 30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Fontes antigas
[editar | editar a fonte]- Gellius, Aulus. Noctes Atticae (en galego, Noites Áticas) (en latín).
- Nonio Marcelo. De Compendiosa Doctrina (en galego: Doutrina compendiosa) (en latín).
- Solino, Caio Xulio. De Mirabilis Mundi (en galego, Marabillas do mundo) (en latín).
- Xoán Zonaras. Epitomé historion (en grego).
Fontes modernas
[editar | editar a fonte]- Cairns, Francis, ed. (1979). Papers of the Liverpool Latin Seminar, Second Volume 1979: Vergil and Roman Elegy, Medieval Latin Poetry and Prose, Greek Lyric and Drama. Francis Cairns. ISBN 9780905205038. OL 8291236M.
- Chase, George Davis (1897). "The Origin of Roman Praenomina". Harvard Studies in Classical Philology VIII: 103–184. ISSN 2325-9353.
- Conte, Gian Biagio; Harrison, S. J., eds. (2007). The Poetry of Pathos: Studies in Virgilian Epic (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 9780191536892.
- De Jonge, Casper C.; Hunter, Richard (2019). Dionysius of Halicarnassus and Augustan Rome: Rhetoric, Criticism and Historiography. Greek Culture in the Roman World (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 9781108474900.
- Eden, P. T. (1975). A Commentary on Virgil: Aeneid VIII. Leiden Supplementum. Vol. 35 (en inglés). Leiden: Brill. ISBN 9789004042254.
- Horsfall, Nicholas (2000). A Companion to the Study of Virgil. (en inglés). Leiden: BRILL. ISBN 9789004217591.
- Lyne, R. O. A. M. (1988). Words and the Poet: Characteristic Techniques of Style in Vergil's Aeneid (en inglés). Oxford: Clarendon Press. ISBN 9780198152613.
- Putnam, Michael C. J.; Farrell, Joseph (2010). A Companion to Vergil's Aeneid and its Tradition. Blackwell Companions to the Ancient World (en inglés). Londres: John Wiley & Sons. ISBN 9781444318067.
- Reinhold, Meyer (1933). Marcus Agrippa: A Biography (en inglés). Xenebra: W. F. Humphrey Press.
- Savage, John J. H. (1961). The Johns Hopkins University Press, ed. "The Art of the Second Eclogue of Vergil". Transactions and Proceedings of the American Philological Association 91 (1960): 91: 353–75. ISSN 0065-9711. JSTOR 283862. doi:10.2307/283862.
- Syme, Ronald (2010). La revolución romana (en castelán). (traducido por Antonio Blanco Freijeiro). Barcelona: Editorial Crítica. ISBN 9788498921441.
- White, Peter (1993). Promised Verse: Poets in the Society of Augustan Rome (en inglés). Cambridge, MA: Harvard University Press. ISBN 9780674715257.