Pianosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pianosa
Planasia
Vista da illa
Localización da illa
Situación
PaísItalia Italia
comunaCampo nell'Elba
ProvinciaLivorno
ArquipélagoArquipélago Toscano
MarMar Mediterráneo
CoordenadasCoordenadas: 42°35′00″N 10°05′00″L / 42.583333333333, 10.083333333333
Xeografía
Superficie10,25 km²
Longura máxima5,8 km
Largura máxima4,8 km
Perímetro29 km
Punto máis alto22 m
Demografía
Poboación10 hab.
Lingua propiaItaliano

A pequena illa de Pianosa, con arredor de 10 km², forma parte do Arquipélago Toscano en Italia A efectos administrativos, Pianosa forma parte da comuna de Elba. Nos días claros, Desde Elba pódese ver Pianosa como unha liña azul escura sobre o mar azul máis claro. Pianosa non ten residentes permanentes, pero foi o lugar dunha prisión de máxima seguridade (1858-1998) especialmente para os perigosos criminais da Mafia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Na época dos romanos a illa chamábase Planasia. O seu nome expresa a idea da palabra italiana pianura (terra chá): o seu punto máis alto atópase só 29 m. sobre o nivel do mar. É unha masa de terra de forma triangular a 14 km ao sueste de Elba, e é unha frazione do municipio de Campo nell'Elba .

Pianosa é a quinta illa máis grande do Arquipélago toscano e a única que se formou a partir de roca sedimentaria do Neoxeno e do Cuaternario.Fósiles como equinodermos, moluscos e briozoos do Plioceno atópanse con frecuencia.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A illa habitouse por primeira vez no Paleolítico Superior, a Idade de Pedra Posterior, pero cando no ano 5.000 aC o nivel do mar aumentou e alcanzou o actual, os poucos habitantes refuxiáronse no próximo illote Scola onde se atoparon pegadas da súa estancia. Atopáronse ferramentas de pesca e cerámica do mesolítico así como artefactos de cuarzo e pedernal probablemente chegados de Elba.[2]

A antiga Planasia tiña edificios e foi amplamente cultivada. Fíxose notar na historia cando o princeps Augusto desterrou ao seu neto e ex-herdeiro Agripa Póstumo no ano 6 ou 7.[3] Postumo permaneceu alí ata a súa execución por un asasino enviado por Tiberius, na época da morte de Augusto no 14. Postumus viviu en Pianosa en "Vila Agrippa" descuberta polo abade Gaetano Chierici na segunda parte de 1800 e incluía un teatro, un baño termal (Bagni di Agrippa) e unha vila romana, con chans de mosaico branco e negro e con decoracións mitolóxicas mariñas.[2]

No século IV unha pequena comunidade cristiá viviu en Pianosa e deixou pegadas da súa presenza nas catacumbas escavadas desde entón. Estas están en dous niveis e son as máis grande ao norte de Roma. Descubríronse 700 catacumbas, o que indica un bo número de residentes.

Forte del Marchese

Pisa tivo a illa baixo custodia despois de que unha vitoria nunha batalla naval nesas augas ocorrera no 874. Na Idade Media a propiedade da illa foi disputada por Pisa e Xénova debido á súa posición estratéxica. En 1238 Xénova enviou tropas á illa supoñendo que os habitantes exercían a piratería. Destruíron a vila e as fortificacións construídas polos pisanos e fixeron prisioneiros aos 150 habitantes. Pianosa regresou pouco despois a Pisa, pero Xénova logrou a supremacía do Mar Tirreno logo da Batalla de Meloria. A illa volveu ao control de Pisa baixo un acordo que requiriu que os pisanos deixárena inculta e deshabitada, pero o pacto non foi honrado. A familia de Appiano, que gobernaba Pisa, deu a illa en alugueiro á familia De Leis e logo aos Landi en 1344. Os Appiano venderon Pisa a Gian Galeazzo Visconti en 1399 e estableceron o pequeno Principado de Piombino que incluía Suvereto, Scarlino, Vignale, Populonia e as illas de Elba, Montecristo e Pianosa. O 15 de agosto de 1552, Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico consignou a Cosimo I de Medici, o Principado de Piombino a cambio dun préstamo de 200.000 escudos italianos.[4]

Pianosa sufriu numerosas incursións dos piratas, pero a peor de todas foi que tivo lugar en 1553 por unha frota turco francesa comandada por Dragut, que aniquilou á poboación, desde entón a illa cambiou varias veces de propiedade e poboouse só de forma estacional polos labregos procedentes de Elba para cultivar. O 27 de agosto de 1802 Napoleón estableceu que Elba, Capraia, Gorgona, Pianosa, Palmarola e Montecristo formaban parte do territorio francés. E en 1805 asignou á súa irmá Elisa Bonaparte a rexión de Piombino, Elba e Pianosa que foi fortificada. O 9 de abril de 1809 o arquipélago volveu á Toscana, gobernada polos franceses. O 10 de maio, os infantes de mariña británicos e os mariñeiros do HMS Seahorse e o HMS Halcyon desembarcaron en Pianosa e Giannutri. Os grupos de desembarco destruíron os fortes e capturaron preto de 100 prisioneiros durante catro horas de loita. As perdas británicas foron un marine morto e outro ferido.[5] Os grupos de desembarco tamén enviaron aos labregos de regreso a Elba e deixaron a illa deserta. Napoleón foi a Pianosa de Elba dúas veces, reconstruíu a torre, emprazou unha gornición para defender a illa, e construíu algunhas casas para asentar aos labregos. O Congreso de Viena asignou Elba e o Arquipélago Toscano ao Gran Duque de Toscana.

Aínda que os documentos do século XVIII informan que estivo densamente arborada, os seres humanos e os animais que trouxeron destruíron as árbores da illa, que agora son no seu maior parte praderías, agás algunhas zonas costeiras.[6]

Vista aérea de Pianosa
Vista aérea de Pianosa

Colonia penal[editar | editar a fonte]

Palazzo della Specola

En 1856, Leopoldo II, Gran Duque de Toscana estableceu unha colonia penal en Pianosa porque se consideraba un lugar perfecto para illar, segregar e vixiar aos detidos. Na proclamación do Reino de Italia en 1861, había 149 prisioneiros na illa. En 1864 construíuse unha estrutura capaz de albergar 350 presos, pero en 1872 a illa foi dividida en numerosas granxas organizando aos reclusos en pequenas comunidades. En 1880 había 960 presos. Os cativos cultivaban cereais, producían aceite e viño como Sangiovese e Procanico, había aves de curral, porcos e granxas de gando. Desde 1884 ata 1965 Pianosa, debido ao seu clima seco, acolleu a presos, procedentes de toda Italia, afectados pola tuberculose. A principios dos anos 1900, a poboación da illa era de 21 civís, 80 gardas da prisión, 40 soldados e 800 prisioneiros. O expresidente da República de Italia Sandro Pertini converteuse nun preso en 1932 por razóns políticas. Durante a segunda guerra mundial, o 17 de setembro de 1943, as tropas alemás invadiron Pianosa e ocupárona. O 19 de marzo de 1944 os comandos franceses desembarcaron na illa, e logo dun curto tiroteo retiráronse, levándose a 40 gardas da prisión como reféns. O mes seguinte un bombardeiro aliado atacou a illa, matando a seis persoas.[7]

Na posguerra a colonia volveu ao seu papel orixinal. Estableceuse un posto de Carabinieri, do mesmo xeito que un destacamento da Guardia di Finanza, e construíronse casas para acomodar ás familias dos soldados. Na década de 1970, por orde do xeneral Carlo Alberto Dalla Chiesa, o antigo sanatorio nomeado Agrippa Branch, transformouse nunha prisión de máxima seguridade para confinar aos xefes e terroristas da mafia e as Brigadas Vermellas, como Giovanni Senzani, Renato Curcio, Alberto Franceschini, e Bruno Seghetti. En maio de 1977 avións e helicópteros transferiron a 600 presos de toda Italia a Pianosa en só dous días.[8]

En 1970 construíuse un muro de formigón armado, de seis metros de altura e 3 km. de longo, para separar a vila da penitenciaría. O asasinato dos xuíces Giovanni Falcone e Paolo Borsellino en 1992 levou á reapertura da rama de Agrippa e durante a noite do 20 de xullo, cincuenta e cinco xefes da mafia presos na prisión de Ucciardone en Palermo, entre eles Michele Greco`, foron trasladados en avión de transporte militar ao aeroporto de Pisa e logo a Pianosa en helicóptero.[9]

A illa converteuse nunha fortaleza impenetrable e inaccesible ata o 17 de xullo de 1997, cando Gaetano Murana, último preso do réxime penitenciario de alta seguridade, foi trasladado a outra prisión. Ata esa data Pianosa acollera a xefes da mafia como Pippo Calò, Nitto Santapaola e Giovanni Brusca e fíxose coñecido pola brutalidade inflixida aos prisioneiros.[10]

O goberno de Prodi decidiu pechar a penitenciaría permanentemente o 28 de xuño de 1998. Pianosa foi evacuada nun só día polos restantes presos e residentes, e só uns poucos gardas permaneceron na illa para a súa vixilancia.[11][12]

Aínda hai outra illa máis pequena, chamada Pianosa atópase na costa do Adriático, o norte do Monte Gargano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Italian Paleontological Society". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2022. Consultado o 11 de maio de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Associazione Pianosa
  3. "Tacitus Annals Book 1.3". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2011. Consultado o 11 de maio de 2017. 
  4. Associazione Pianosa
  5. Naval Chronicle, Vol. 22, p.255.
  6. Associazione Pianosa
  7. Associazione Pianosa
  8. Insorgenze.net
  9. Corriere della Sera
  10. La Repubblica
  11. Corriere della Sera
  12. Associazione Pianosa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]