Vipsania (esposa de Varo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVipsania
Nome orixinal(la) Vipsania Marcella Agrippina Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 a. C. Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaVipsanii Agrippae (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxePúblio Quintílio Varo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMarco Vipsanio Agripa Editar o valor em Wikidata  e Cláudia Marcela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsVipsania Agripina, Vipsania Attica (en) Traducir, Vipsânia Marcela (pt) Traducir, Lucio César, Caio César, Júlia, a Jovem (pt) Traducir, Agripina (pt) Traducir, Agripa Póstumo (pt) Traducir, Julla Antonia (en) Traducir, Lúcio Antônio (pt) Traducir e Iullus Antonius (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Vipsania (en latín, Vipsania M. f. L. n. Marcella) nada probablemente entre o 28 e o 22 a. C., e ás veces chamada Vipsania Marcela para diferenciala das súas irmás, foi unha antiga nobre romana do século I a. C. Estaba casada co político Publio Quintilio Varo e era filla do xeneral romano Marco Vipsanio Agripa e da súa segunda esposa Claudia Marcella Maior (a sobriña do emperador Augusto),[1] aínda que non se pode descartar que fose filla de Pomponia Cecilia Ática.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Vipsania probablemente naceu entre o 28 a. C. e o 22 a. C. de Marco Vipsanio Agripa e a súa segunda esposa Claudia Marcela Maior, a filla máis vella da irmá do emperador Augusto, Octavia Menor. Esta hipótese é refutada por Meyer Reinhold, quen considerou que era filla da primeira esposa de Agripa, Pomponia Cecilia Ática.[2][3]

Pénsase que tivo unha irmá máis nova e dúas medias irmás máis vellas (unha que casou con Quinto Haterio e outra chamada Vipsania Agripina que casou co futuro emperador Tiberio).[4] así como cinco medio irmáns máis novos chamados Caio César, Lucio César, Agripina Maior, Vipsania Xulia Agripina (tamén chamada Xulia Menor) e Agripa Póstumo do terceiro e último matrimonio do seu pai con Xulia Maior. Da súa nai tamén probablemente tivese varios medio irmáns máis novos, entre eles Lucio Antonio e Xulia Antonia.[5]

Matrimonios[editar | editar a fonte]

Ao redor das 14 a. C., casou co xeneral e político romano Publio Quintilio Varo,[6] aínda que hai autores como Reinhold que rexeitan esta hipótese.[2] Foi a súa segunda esposa[7] e este casamento foi considerada a razón pola que Varo fora elixido por Tiberio para ser cónsul no ano 13 a. C. canda el.[8][9] Puido ser nai Sexto Nonio Quintiliano, se este foi realmente fillo de Varo,[10] ou doutro fillo que serviu co seu pai no ano 4.[11][12]

Tampouco está claro, pero parece ser que, despois, casou con Marco Emilio Lépido sendo a súa segunda esposa. Así e todo, hai poucas novas sobre este matrimonio e non se sabe se tiveron fillos, malia que hai unha dedicatoria na basílica Emilia dun posible fillo seu.[13] O seu matrimonio non durou máis que unha década desde o seu consulado, pois para daquela, Varo xa estaba casado con outra muller.[14]

Segundo Tácito, ela non morreu por parto ou por causas naturais, xa que o historiador afirma que os fillos de Agripa morreron en batalla, inanición ou veleno. Porén, pode referirse exclusivamente aos fillos de Agripa coa súa esposa Xulia a Maior, filla do emperador Augusto, pois o historiador non menciona especificamente o seu nome. Non se sabe con certeza a data da súa morte. Nos libros de Robert Graves, I, Claudius, e Claudius the God, a emperatriz romana Livia Drusilla acúsaa de incesto co seu falecido pai, o que a leva ao suicidio.

Investigación[editar | editar a fonte]

A súa existencia foi descuberta polos historiadores modernos tras o redescubrimento dun papiro que relata a oración fúnebre de Augusto para Agripa na que se afirma que Varo e Tiberio eran os dous xenros de Agripa.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wells (2004), p. 81
  2. 2,0 2,1 Reinhold, Meyer (1972). "Marcus Agrippa's Son-in-Law P. Quinctilius Varus". Classical Philology 67 (2): 119–21. ISSN 0009-837X. JSTOR 269220. 
  3. Waite, Stephen V. F. (1972). "The Contest in Vergil's Seventh Eclogue". Classical Philology (en inglés) 67 (2): 121–123. ISSN 0009-837X. JSTOR 269221. doi:10.1086/365843. 
  4. Syme 1989, p. 504
  5. Bédoyère (2018), p. 312
  6. Abdale (2016)
  7. Craven, Maxwell (2019). The Imperial Families of Ancient Rome. . (en inglés). Stroud. Reino Unido: Fonthill Media. ISBN 9781781557389. 
  8. Levick (2014), p. 140
  9. Stern, Stern (2019). Varus’ Legacy After Teutoburger Wald: Roman POWs, Tiberius, and the Ara Pacis. (en inglés). Conferencia en Minneapoils (Via www.researchgate.net)
  10. Levick (1999), p. 36
  11. Crosby, (2016), 288, Bryn Mawr College, pp. 123, 125, Daniel J. (2016). De Gruyter, ed. (Online ISSN: 2324-8114). "The Case for Another Son of P. Quinctilius Varus: a re-examination of the textual and scholarly traditions around Joseph. BJ 2.68 and AJ 17.288". Journal of Ancient History (en inglés) 4 (1): 113–129. ISSN 2324-8106. doi:10.1515/jah-2015-0017. 
  12. Roncaglia, Alessandro (2015). Giochi di famiglia: dinamiche di potere tra Augusto e Tiberio [Family games: dynamics of power between Augustus and Tiberius] (PDF) (tese) (en Italiano). Universidade de Boloña.
  13. Tácito, Anales III,19.3
  14. Syme (1989), p. 315
  15. Syme (1989), p. 146

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]