Fulvia, quen casara con Marco Antonio durante a guerra civil, sentiu que o seu marido debía gobernar Roma en solitario, no canto de compartir o poder cos outros dous triunviros, en especial Octaviano.
Movementos das lexións aliadas de Octavio no conflito durante o ano 41 a. C. ata o asedio da cidade de Perusia.
Fulvia e o irmán máis novo de Marco Antonio, Lucio, recrutaron oito lexións en Italia.[1] O exército estableceuse en Roma durante un breve tempo, aínda que logo tivo que replegarse á cidade de Perusia (a actual Perugia). Durante o inverno do 41-40 a.C., o exército de Octaviano, tras un longo asedio, conquistou a cidade que finalmente se rendeu por mor da fame. Nin Fulvia nin Lucio morreron no asedio; a primeira, foi exiliada a Sición e o segundo foi enviado a gobernar unha provincia de Hispania. O resto da poboación da cidade foi masacrada polos soldados de Octaviano.
Fulvia morreu no 40 a.C., e coa súa morte retornou a paz entre Marco Antonio e Octaviano coa firma do tratado de Brindisi. A paz, con todo, durou moi pouco, xa que outra guerra civil estalou oito anos máis tarde.
Brice, Lee L. (2014). Warfare in the Roman Republic: From the Etruscan Wars to the Battle of Actium(en inglés). Santa Barbara, CA: ABC-CLIO. ISBN9781610692991.