Garri Kasparov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gary Kasparov»)
Infotaula de personaGarri Kasparov

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Гарри Кимович Каспаров Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Гарри Кимович Вайнштейн Editar o valor em Wikidata
13 de abril de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Bakú Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova York
Moscova
Makarska Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCroacia (2014–)
Rusia (1991–)
Unión Soviética (1963–1991) Editar o valor em Wikidata
EducaciónAzerbaijan University of Languages (en) Traducir (–1986) Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxadrecista , xornalista , escritor , político , crítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSolidarnost (en) Traducir (2008–)
Democratic Party of Russia (en) Traducir (1990–)
Partido Comunista da Unión Soviética (1984–1990)
Committee 2008 (en) Traducir
Russian Opposition Coordination Council (en) Traducir
United Civil Front (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresAlexander Nikitin (pt) Traducir, Mikhail Botvinnik e Mark Dvoretsky Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, lingua inglesa, Lingua serbocroata, lingua croata, Lingua azerí e lingua armenia Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaCroacia
Unión Soviética (–1992)
Rusia (1992–) Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaMaster of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1978)
Mestre Internacional (1979)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (1980)
FIDE Senior Trainer (en) Traducir (2009) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.851 (2000)<
Identificador FIDE4100018 Editar o valor em Wikidata
Participou en
21 de abril de 2022India Economic Conclave 2022 (en) Traducir
xuño de 20122012 Bilderberg Conference (en) Traducir
2002Olimpíada de xadrez de 2002 (pt) Traducir
2000Campeonato Mundial de Xadrez de 2000 (pt) Traducir
1996Olimpíada de xadrez de 1996 (pt) Traducir
1995Campeonato Mundial de Xadrez de 1995 (pt) Traducir
1994Olimpíada de xadrez de 1994 (pt) Traducir
1993Campeonato Mundial de Xadrez de 1993 (pt) Traducir
1992Olimpíada de xadrez de 1992 (pt) Traducir
1990Campeonato Mundial de Xadrez de 1990 (pt) Traducir
1988Olimpíada de xadrez de 1988 (pt) Traducir
1987Campeonato Mundial de Xadrez de 1987 (pt) Traducir
1986Campeonato Mundial de Xadrez de 1986 (pt) Traducir
1986Olimpíada de xadrez de 1986 (pt) Traducir
1985Campeonato Mundial de Xadrez de 1985 (pt) Traducir
1984Campeonato Mundial de Xadrez de 1984 (pt) Traducir
1982Olimpíada de xadrez de 1982 (pt) Traducir
1980Olimpíada de xadrez de 1980 (pt) Traducir
Match Garry Kasparov vs Deep Blue (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesMoisei Vainshtein (en) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webkasparov.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0440716 Facebook: GKKasparov Twitter: Kasparov63 Telegram: garrykasparov_official TED: garry_kasparov Musicbrainz: 19f848ea-b65e-43a2-9a02-ba0e4392abe0 Discogs: 3613445 Editar o valor em Wikidata


Garri Kimovich Kasparov (en ruso, Гарри Кимович Каспаров), nado o 13 de abril de 1963 en Bakú, capital da entón República Socialista Soviética de Acerbaixán (Unión Soviética), é un xadrecista ruso. Para moitos é o mellor xogador de xadrez de todos os tempos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É tamén coñecido como "O ogro de Bakú". Os seus pais foron Kim Moiseyevich Wainshtein e Clara Shagenovna Kasparova, de orixe xudía e armenia. Á morte do seu pai adoptou o apelido materno. Os seus logros no xadrez a temperá idade fixérono acredor a unha invitación a estudar baixo a tutela de Mikhail Botvinnik, tres veces campión mundial (1948-1957, 1958-1960 e 1961-1963) e nese tempo considerado como o xogador máis grande da URSS. Kasparov sempre recoñeceu as súas dúas maiores influencias na súa carreira de xadrez: Alexander Alekhine e Mikhail Botvinnik, dous antigos campións mundiais rusos. "O futuro do Xadrez está nas mans deste mozo", profetizou Botvinnik, cando Garry tiña só 11 anos de idade.

Kasparov gañou o Campionato Xuvenil da URSS aos 13 anos. Aos 17 anos, calificou como Gran Mestre Internacional e dous anos máis tarde converteuse no segundo xogador máis grande do mundo. Aos 21, Kasparov enfrontou ao lendario xogador soviético Anatoli Karpov polo seu primeiro título Mundial. Ambos os xogadores xogaron brillantemente pero logo de 6 meses e 48 xogos, o enfrontamento terminou sen definición. O presidente da Federación Internacional de Xadrez, Florencio Campomanes, cancelou a contenda sen coroar a un gañador. O encontro renovouse ao ano seguinte, e Kasparov venceu a Karpov para gañar así o seu primeiro Campionato Mundial da FIDE.

Entre 1984 e 1990, Kasparov enfrontouse a Karpov cinco veces polo campionato mundial. Despois do primeiro torneo suspendido que permitiu a Karpov reter o título, Kasparov venceuno 4 veces seguidas: en Moscova 1985 (13-11), Leningrado/Londres 1986 (12.5/11.5), Sevilla 1987 (12-12) e Nova York/París 1990 (12.5-11.5). Precisamente sería o campionato mundial de Sevilla, o primeiro en ofrecer un enfrontamento completo entre dous xadrecistas soviéticos fóra da URSS. Garry Kasparov defendeu o seu título exitosamente en contra do xogador inglés Nigel Short en 1993 e de novo en 1995 ao derrotar ao mozo estelar e talentoso da India Viswanathan Anand.

O 17 de febreiro de 1996, en Filadelfia, Kasparov derrotou á supercomputadora Deep Blue, da IBM, no sexto e final xogo dunha batalla de intelixencias que foi considerada a proba máis grande entre un home e unha máquina. A raza humana gañara por un marcador de 4-2. Kasparov demostrara un control de estratexia moito máis alá das esmagadoras tácticas de forza bruta da máquina. Deep Blue podía calcular 100 millóns de posicións por segundo, pero carecía da sensibilidade necesaria para apoderarse da sutileza do xogo posicional. O 11 de maio de 1997, nunha escena diferente, unha nova e mellorada Deep Blue derrotou a Kasparov no desquite por un marcador final de 3.5 - 2.5.

Kasparov, "Xadrez clásico",en 1999, en Frankfurt, Alemaña.

Kasparov foi desposuído do título mundial oficial pola FIDE en 1993 ao negarse el e o seu rival Nigel Short a xogar baixo os auspicios da federación internacional. Kasparov e Short xogaron polo título da Asociación Profesional de Xadrez PCA co triunfo do ruso por 12.5 a 7.5 puntos. A partir de entón coexisteron dous campións mundiais: o da FIDE e o "profesional" ou "clásico". Kasparov tamén perdeu esta última coroa ao ser derrotado polo ruso Vladimir Kramnik nun match celebrado en 2000 en Londres. Con todo Kasparov, a pesar de que xa non ostentaba ningún título mundial, seguiu sendo o xadrecista mellor clasificado segundo o sistema ELO e foi xeralmente recoñecido como o xogador máis forte ata a súa xubilación anticipada en 2005.

O 10 de marzo de 2005 anunciou a súa retirada tras gañar en Linares por novena vez. Pensa dedicarse a escribir libros, especialmente a súa exitosa serie "Os meus Predecesores", dedicada ós antigos campións mundiais e ós principais grandes mestres da historia. Desde entón dedicouse á política en Rusia, escenario no cal é un aberto opositor do actual presidente Vladimir Putin. O 30 de setembro de 2007 foi oficialmente elixido entre outros 6, candidato opositor á presidencia de Rusia, nas eleccións que se realizaron en marzo de 2008 no devandito país.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Anterior:
Anatoly Karpov
Campión do mundo de xadrez da FIDE
1985-1993
Seguinte:
Anatoly Karpov
Anterior:
Anatoly Karpov
Campión do mundo de xadrez Clásico
1985-2000
Seguinte:
Vladimir Kramnik

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.