Max Euwe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Max Euwe
Max Euwe.jpg
Nome completoMachgielis Euwe
Nacemento20 de maio de 1901
Lugar de nacementoWatergraafsmeer Países Baixos Países Baixos
Falecemento29 de novembro de 1981
Lugar de falecementoÁmsterdam
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoDriehuis Velsen Crematorium
NacionalidadeHolandesa Países Baixos
Alma máterUniversidade de Ámsterdam
OcupaciónXogador de xadrez
CónxuxeCarolina Elisabeth Bergman
FillosCaroline Euwe
Premiosworld chess champion
Na rede
Discogs: 3943001 WikiTree: Euwe-4 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Machgielis Euwe, máis coñecido como Max Euwe, nado o 20 de maio de 1901 en Watergraafsmeer e finado o 29 de novembro de 1981, foi un xadrecista neerlandés. Foi o quinto Campión do Mundo de xadrez, entre 1935 e 1937.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Escultura a Euwe en Amsterdam polo artista José Fijnaut

Estudou matemáticas na Universidade de Amsterdam e foi profesor de matemáticas, primeiro en Rotterdam e despois nun instituto feminino de Ámsterdan. Aplicou os seus coñecementos matemáticos ao problema das partidas de xadrez infinitas utilizando a secuencia Thue-Morse.

Foi campión de xadrez dos Países Baixos desde 1921 ata 1935. O 15 de decembro de 1935, tras 30 partidas disputadas en 13 cidades durante un período de 80 días, derrotou ao campión mundial Alexander Alekhine. Perdeu o título contra o mesmo Alekhine en 1937. Tras o falecemento de Alekhine en 1946, algúns consideraron que Euwe tiña un dereito moral ao título, pero accedeu a participar no encontro-torneo da Haia con outros catro rivais. Quedou en última posición, o novo campión foi Mikhail Botvinnik

Desde 1970 ata 1980 foi presidente da FIDE (Federación Internacional de Xadrez) e desempeñou un importante papel na organización do famoso encontro entre Boris Spassky e Bobby Fischer.

Tamén escribiu moitos libros sobre xadrez, sendo o máis famosos Oordeel en Plan ("Xuízo e Formulación") e estudos sobre aperturas.

En Ámsterdan hai unha Max Euwe Plein (praza) cerca do Leidseplein. Hai un museo dedicado a Max Euwe e unha gran colección de libros de xadrez. A súa neta, Esmee Lammers, escribiu un libro para nenos titulado Lang Leve de Koningin ("Longa vida á Raíña"), que é moi popular entre a mocidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Alexander Alekhine
Campión do mundo de xadrez
1935–1937
Sucesor:
Alexander Alekhine