Magnus Carlsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Magnus Carlsen
Carlsen Magnus (30238051906).jpg
Nome completoSven Magnus Øen Carlsen
Nacemento30 de novembro de 1990
 Tønsberg
NacionalidadeNoruega
Ocupaciónxadrecista e modelo
PremiosChess Oscar, Aftenposten Gold Medal, Norwegian Sportsperson of the Year, Peer Gynt Literary Award, Chess Oscar, Chess Oscar, Chess Oscar, Chess Oscar, People sport prize, People sport prize, People sport prize, People sport prize e Campionato do mundo de xadrez
editar datos en Wikidata ]

Sven Magnus Carlsen (Tønsberg, Noruega; 30 de novembro de 1990) é un Gran Mestre Internacional de xadrez, coroado como o décimo sexto Campión Mundial de Xadrez. Proclamouse campión mundial o 22 de novembro de 2013, aos 22 anos, 11 meses e 23 días, co que foi o segundo campión máis novo da historia despois de Garry Kaspárov.[1] Campión mundial de xadrez 2018. Tamén é o segundo xadrecista do hemisferio occidental en romper a supremacía da escola soviética de xadrez desde Bobby Fischer. Obtivo o título ao vencer ao vixente campión Viswanathan Anand por 6½-3½ puntos (3 vitorias e 7 empates) no encontro organizado pola FIDE na cidade india de Madrás.

O 26 de abril de 2004 Carlsen converteuse en Gran Mestre á idade de 13 anos, 4 meses e 27 días. Carlsen é o cuarto Gran Mestre máis novo en conseguir o título de GM na historia do xogo tras Serguéi Kariakin, Rameshbabu Praggnanandhaa e Parimarjan Negi.

No ano 2010 alcanzou a primeira posición da clasificación mundial da Federación Internacional de Xadrez. Foi o xogador máis novo en superar os 2 800 puntos Elo, e en lograr o posto de número uno do mundo ao conseguilo á idade de 19 anos e un mes.[2][3] Na lista de abril de 2014, Carlsen alcanzou os 2 882 puntos Elo, a cifra máis alta de todos os tempos, superando os 2 851 que obtivera Kaspárov en xullo de 1999.[4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlsen vivía en Lommedalen, preto da capital de Noruega, Oslo. Ao oito anos xogou o seu primeiro torneo; foi adestrado no Ximnasio Deportivo conducido polo mellor xogador de Noruega, o Gran Mestre Simen Agdestein. Obtivo vitorias destacadas fronte a xogadores do talle de Nigel Short (ex subcampión mundial), Krámnik, Ivan Sokolov, Dolmatov, Ernts e Kárpov.[6] Chegou a facer táboas con Kaspárov.

Magnus recibiu en 2002 o apoio da empresa de computadores norueguesa Artic Securities e de Microsoft. [Cómpre referencia] O Gran Mestre danés Peter Heine Nielsen adestrouno. No ano 2002 proclamouse subcampión mundial na categoría sub-12.

Carlsen en Varsovia en 2005

Por primeira vez chamou a atención internacional ao gañar o grupo C do Torneo Corus de Xadrez en xaneiro de 2004, con 10,5 puntos de 13 posibles. Dous anos máis tarde adxudicouse o grupo B do mesmo torneo. En xuño do 2004 participou no Campionato Mundial de Xadrez 2004 (FIDE), o xogador máis novo entre 128 participantes (sistema Match Eliminatorio, do que sairía finalmente Campión Mundial o uzbequistaní Rustam Kasimdzhanov), aínda que Carlsen foi eliminado en primeira rolda por Levon Aronian. No Campionato de Noruega de Xadrez, 2005, Carlsen terminou nun primeiro lugar compartido, esta vez co seu mentor Simen Agdestein.

No 2009 deuse a coñecer que o excampión mundial Garri Kaspárov o adestrara en segredo desde xaneiro dese mesmo ano.

Estilo[editar | editar a fonte]

Coñecido polo seu estilo de ataque desde adolescente, segundo Simen Agdestein o seu estilo estaba caracterizado por «unha temeraria dispoñibilidade de ofrecer material por actividade».[7] Ao ir madurando, Carlsen atopou que tal estilo de xogo non era moi adecuado contra a elite do xadrez. Cando comezou a xogar en torneos de elite, tivo moitos problemas para obter vantaxe fóra da apertura. Para progresar, Carlsen desenvolveu logo un estilo máis universal. El é capaz de abrir o xogo con 1.d4 e 1.e4, así como 1.c4 e, en ocasións, 1. Cf3, facendo así aos seus opoñentes moito máis difícil a preparación de aperturas contra el e reducindo enormemente o efecto das análises por computadora. El mencionou que o medio xogo é a súa parte favorita do xogo xa que pasa a ser "xadrez puro".[8][9]

Non se enfoca na preparación de aperturas tanto como outros xogadores de elite, e xoga unha gran variedade de aperturas, facendo máis difícil aos seus opoñentes prepararse contra el.

Garri Kaspárov, que adestrou a Carlsen de 2009 a 2010, refire que o seu estilo posicional era similar ao de excampións mundiais como Anatoli Kárpov, José Raúl Capablanca e Vasily Smyslov, en vez do estilo táctico de Alexander Alekhine, Mikhail Tal, e de Kaspárov mesmo.[10]

<<Los días de las grandes novedades teóricas han terminado y eso se acomoda muy bien al estilo de Carlsen>>
Peter Heine Nielsen en una entrevista en 2013[11]

Carreira no xadrez[editar | editar a fonte]

En 2006 quedou segundo no 39º Festival Internacional de xadrez en Biel, Suíza, do 22 de xullo ao 4 de agosto, 6 xadrecistas a liga, dobre rolda.

A clasificación final en Biel 2006, foi a seguinte:

Posición Participantes Puntos
1
Aleksandr Morozévich
7.5
2
Magnus Carlsen
6
3
Teimour Radjabov
6
4
Andrei Volokitin
4
5
Yannick Pelletier
4
6
Lázaro Bruzón
2.5

Magnus anotou 6/8 na 37ª olimpíada de xadrez en 2006 contra opoñentes dunha media de 2 627 Elo. Un dos seus triunfos notables foi contra o gran mestre inglés Michael Adams. Pero na olimpíada de 2010 Adams tomou o desquite, vencéndoo.

2007[editar | editar a fonte]

No Torneo Corus de xadrez, en Holanda, quedou clasificado 13º, logrando 4,5 puntos de 13 posibles, con 9 táboas e 4 derrotas. En marzo de 2007, no Torneo Internacional de Xadrez Morelia-Linares, Carlsen quedou clasificado en 2ª posición con 7,5 puntos en 14 partidas, cun resultado de (+4 =7 -3) quedando en primeiro lugar Viswanathan Anand.

Magnus Øen Carlsen vs. Levon Aronian en 2007.

En abril de 2007, Carlsen gañou o Torneo Gausdal Chess Classics, celebrado en Noruega, conseguindo 7 de 9 puntos, avantaxando en 1.5 puntos aos seguintes clasificados, Rozentalis (2º), Portisch (3º) e Kramsenkow (4º) dunha lista total de 10 xadrecistas.

Cuartos de final de Candidatos contra Aronian, maio-xuño, Elistá, Kalmukia, 2007
Resultados del duelo
Jugador R1 R2 R3 R4 R5 R6 Desempate Total
Carlsen 0 = 1 0 1 = 2(eliminado) 5.0
Aronian 1 = 0 1 0 = 4(clasificado) 7.0

Carlsen gañou no 40º Festival Internacional de xadrez en Biel, Suíza, do 21 de xullo ao 3 de agosto de 2007, 10 xadrecistas, todos contra todos. Tras encabezar o torneo durante varios días, foi adiantado na clasificación por dous xogadores, aínda así, a vitoria na última rolda ante Teimour Radjabov, permitiulle empatar no primeiro posto con Onischuk. No desempate, tras 4 partidas táboas impúxose na última partida, gañando así este prestixioso torneo. A clasificación final en Biel 2007, foi a seguinte:

Posición Participantes Puntos
1
Magnus Carlsen
5.5
2
Alexander Onischuk
5.5
3
Yannick Pelletier
5
4
Judit Polgár
5
5
Aleksandr Grishchuk
5
6
Teimour Radjabov
5
7
Bu Xianghzi
3.5
8
Loek van Wely
3.5
9
Aleksandr Motyliov
3.5
10
Borís Avruj
3.5

2008[editar | editar a fonte]

Magnus gañou, empatado a puntos con Aronian, o Torneo Corus de xadrez 2008, celebrado en Holanda, logrando 8 puntos de 13 posibles. As súas partidas do torneo foron: 5 vitorias (Krámnik, Polgár, Mamedyarov, Eljanov e van Wely), 6 táboas e 2 derrotas (Anand e Lékó).

En marzo de 2008, no Torneo Internacional de Xadrez Morelia-Linares, Carlsen quedou clasificado, do mesmo xeito que en 2007, en 2ª posición con 8 puntos en 14 partidas, cun resultado de (+5 =6 -3) quedando en primeiro lugar Anand. Carlsen foi subcampión do torneo, tras o gañador Aronian, empatado a puntos polo 2º lugar con Krámnik, Lékó e Topalov, todos eles a 2,5 puntos do gañador.

Carlsen venceu por 5 a 3 puntos a Lékó [1] no duelo de xadrez rápido disputado do 28 de maio ao 1 de xuño de 2008 en Miskolc, Hungría, ao mellor de 8 partidas. Xogaron 2 partidas cada día de xogo, a un ritmo de 25 minutos e 5 segundos por movemento.

Resultados del duelo, mayo-junio de 2008
Jugador R1 R2 R3 R4 R5 R6 R7 R8 Total
Carlsen = = = 1 = = 1 = 5
Lékó = = = 0 = = 0 = 3

Carlsen, participou en Final do Grand Slam de xadrez, do 2 ao 14 de setembro de 2008, en Bilbao, España. A clasificación obtívoa por invitación da organización, por ser co-gañador do Torneo Corus de xadrez, 2008 así como por ser subcampión en Linares, 2008.

2009[editar | editar a fonte]

Carlsen no Campionato do Mundo de Blitz en 2009

Carlsen proclamouse campión do mundo blitz ao gañar na final, celebrada en Moscova do 16 ao 18 de novembro de 2009. Participaron 22 xogadores, xogando 42 partidas cada un, sendo liga a dobre volta, a un tempo de 3 minutos + 2 segundos por cada xogada. A clasificación quedou así:

até 22 xogadores

Pouco antes de celebrarse o campionato do mundo en blitz, do 5 ao 14 tivo lugar este supertorneo Categoría XXI no cal participaron 10 dos 13 mellores xogadores do mundo, no cal Carlsen obtivo o segundo lugar detrás de Kramnik e empatado con Ivanchuk.

Carlsen comezou o torneo como o mellor clasificado, nun torneo en que participaron Kramnik, Hikaru Nakamura, Michael Adams, Nigel Short, Nin Hua, Luke McShane e David Howell. Venceu a Kramnik na primeira rolda encamiñándose a gañar o torneo con 13/21 (outorgándose 3 puntos por vitoria, e 1 por empate) e un rating performance de 2 844, un punto por diante de Kramnik. Esta vitoria garantiulle o primeiro lugar da lista de rating FIDE, excedendo a Veselin Topalov por 5 puntos. O rating FIDE media de Carlsen de xullo de 2009 a xaneiro de 2010 permitiulle cualificar ao Torneo de Candidatos do ciclo do Campionato do Mundo 2011.

2010[editar | editar a fonte]

Magnus gañou o Torneo Corus de xadrez, 2010, celebrado en Holanda, do 16 ao 31 de xaneiro logrando 8.5 puntos de 13 posibles. 2º clasificado Kramnik e 3º Shirov de 14 participantes. Magnus gañou empatado con Ivanchuk, o torneo Melody Amber de xadrez, celebrado en Niza, Francia, do 13 ao 25 de marzo logrando 14.5 puntos de 22 posibles.

En marzo dese ano anunciouse que Carlsen deixaría de ser adestrado polo excampión mundial Garri Kaspárov. Con todo, o propio Carlsen declarou a Der Spiegel que seguirían en contacto e que continuaría asistindo a algunhas sesións de adestramento con Kaspárov. Ao ano seguinte, Carlsen dixo: "Grazas a Kaspárov empecei a comprender una serie de posicións mellor. ... Kaspárov deume una gran cantidade de axuda práctica". No 2012, cando foi consultado que aprendera do traballo con Kaspárov, Carlsen contestou: "Posicións complexas. Ese foi o aspecto máis importante".

2011[editar | editar a fonte]

Quedou campión da Final do Grand Slam de xadrez de 2011 celebrada en São Paulo e Bilbao. Finalizou empatado con Ivanchuk e desempatou mediante dúas partidas a 5 minutos.

2012[editar | editar a fonte]

Carlsen no Torneo de xadrez Tata Steel de 2012

Tamén se adxudicou o título do Gran Slam de Sao Paulo e Bilbao en 2012 xogando o desempate con Fabiano Caruana a quen venceu por dous a cero.

2013[editar | editar a fonte]

Quedou campión do 75th Tata Steel Chess 2013. Gañou o Torneo de Candidatos e unha praza para disputar o Campionato do Mundo do 2013 ante Viswanathan Anand.[12]

Campión Mundial de Xadrez 2013

Conságrase Campión do Mundo o 22 de novembro de 2013 ao vencer ao defensor do título, o indio Viswanathan Anand, por 6.5 puntos contra 3.5 (puntuación obtida na décima partida, de doce pactadas, produto de 3 vitorias e 7 empates ao seu favor contra 0 vitorias e 7 empates do seu opoñente) (é ademais o cuarto campión na historia que termina invicto en todos os seus encontros polo Campionato Mundial, sendo os outros: Lasker, Capablanca e Kramnik) no certame celebrado no Hotel Hyatt Regency da cidade de Chennai - India (do 09-11-2013 ao 28-11-2013).

Campeonato Mundial de Ajedrez 2013
Rating 1
9 nov.
2
10 nov.
3
12 nov.
4
13 nov.
5
15 nov.
6
16 nov.
7
18 nov.
8
19 nov.
9
21 nov.
10
22 nov.
11
24 nov.
12
26 nov.
Puntos
India Viswanathan Anand (India) 2775 ½ ½ ½ ½ 0 0 ½ ½ 0 ½ - - 3,5
Noruega Magnus Carlsen (Noruega) 2870 ½ ½ ½ ½ 1 1 ½ ½ 1 ½ - - 6,5
Anterior:
Viswanathan Anand
Campión do Mundo de Xadrez da FIDE
2013 – Presente
Seguinte:
-

2014[editar | editar a fonte]

Carlsen no escenario durante a clausura do Mundial de xadrez de 2014 en Sochi, Rusia. Viswanathan Anand e Vladimir Putin acompáñano.

Do 29 de xaneiro ao 4 de febreiro xogouse o Torneo de xadrez de Zúric 2014 onde Carlsen se consagrou campión. O torneo desenvolveuse en tres etapas onde Carlsen gañou a rolda preliminar de xadrez tipo Blitz (½+1+0+1+½=3) e a rolda de xadrez clásico (1+2+2+1+2=8). Na última rolda de Xadrez rápido obtivo a cuarta posición (0+½+0+1+½=2); con todo, tiña suficiente vantaxe e cunha puntuación total de 10 puntos puido quedar co título. O segundo lugar compartírono o italiano Fabiano Caruana e o armenio Levon Aronian cunha puntuación total de 9 puntos. O resto da táboa completouse co estadounidense Hikaru Nakamura con 7½, o indio Viswanathan Anand con 5 e o israelí Boris Gelfand con 4½.[13]

Entre o 2 e o 13 de xuño no torneo Norway Chess, terminou segundo, detrás de Serguéi Kariakin.[14]

Campión Mundial de Xadrez 2014

Carlsen enfrontouse novamente con Anand nun encontro polo título de campión mundial de xadrez, en novembro de 2014, xa que Anand cualificou por gañar o torneo de candidatos. Carlsen venceu por 6½-4½ (+3-1=7):

Xogador País Elo R1 R2 R3 R4 R5 R6 R7 R8 R9 R10 R11 R12 Puntos
Magnus Carlsen Noruega Noruega 2863 ½ 1 0 ½ ½ 1 ½ ½ ½ ½ 1 --
Viswanathan Anand India India 2792 ½ 0 1 ½ ½ 0 ½ ½ ½ ½ 0 --

2016[editar | editar a fonte]

Durante os días comprendidos do 11 ao 30 de novembro do 2016, no Fulton Market Building de Nova York, revalidou o seu título mundial de xadrez, nun match difícil ante o aspirante de nacionalidade rusa Serguéi Kariakin, que se estendeu á fase de partidas rápidas porque non puido demostrar a súa superioridade nos 12 xogos iniciais baixo o formato clásico, que finalizou 1-1 e 10 táboas. Nesta primeira fase de 12 partidas ao ritmo clásico, Kariakin, coas pezas negras, despois de sete empates consecutivos, encaixoulle unha dolorosa derrota a Carlsen. O campión reaccionou e igualou o score cunha vitoria no décimo xogo. Finalmente impúxose a Kariakin, por 3-1 (=2,+2, -0) nos 4 xogos de desempate que se disputaron a un ritmo de 25 minutos cada un cun engadido de 10 segundos por xogada.

Campionato Mundial de Xadrez 2016
ELO Xogo 111 Nov.



Xogo 212 Nov.



Xogo 314 Nov.



Xogo 415 Nov.



Xogo 517 Nov.



Xogo 618 Nov.



Xogo 720 Nov.



Xogo 821 Nov.



Xogo 923 Nov.



Xogo 1024 Nov.



Xogo 1126 Nov.



Xogo 1228 Nov.



Puntos
Serguéi Kariakin 2772 ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ 1 ½ 0 ½ ½ 6
Magnus Carlsen 2853 ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ 0 ½ 1 ½ 6
Campionato Mundial de Xadrez 2016 (Desempate a partidas semirrápidas)
Xogo 1330 Nov.



Xogo 1430 Nov.



Xogo 1530 Nov.



Xogo 1630 Nov.



Puntos Resultado final
Serguéi Kariakin ½ ½ 0 0 1 6 (1)
Magnus Carlsen ½ ½ 1 1 3 6 (3)

2018[editar | editar a fonte]

O Campionato Mundial de Xadrez 2018 celebrouse do 9 ao 28 de novembro baixo o auspicio da Federación Internacional de Xadrez (FIDE) no barrio de Holborn, no centro de Londres. O match definiría ao novo campión mundial de xadrez, con Fabiano Caruana no papel do retador e Magnus Carlsen como o actual campión defensor do seu título. O match estendeuse até a fase de desempate con partidas rápidas debido aos resultados da primeira fase do torneo (6 - 6, 12 táboas). Na fase de desempates, Carlsen demostrou a súa superioridade nos ritmos de xogo máis rápidos, obtendo 3 vitorias consecutivas fronte a Caruana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.timeanddate.com/dáche/durationresult.html?d1=30&m1=11&e1=1990&d2=22&m2=11&e2=2013 Calculadora entre datas (30/11/1990-22/11/2013)
  2. FIDE. "FIDE Top 100 Players January 2010". FIDE.com. 
  3. "Ya es oficial: ¡Magnus Carlsen es el número uno del mundo!". Chessbase en español. 
  4. "Clasificación mundial masculina de la FIDE". ratings.fide.com. 
  5. «Los jugadores más fuertes de todos los tiempos», Noticias de Chessbase. Arquivado 08 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
  6. Magnus Carlsen, Chess Games.
  7. Agdestein. Wonderboy: How Magnus Carlsen became the Youngest Chess Grandmaster in the World. The Story and the Games. New In Chess. 
  8. "Magnus Carlsens system". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 18 de febreiro de 2019. 
  9. "Magnus Carlsen: "I Love the Middlegame, Because There You Get Pure Chess"". 
  10. Peter Doggers. "Kasparov on coaching Carlsen". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de febreiro de 2019. 
  11. Dennis Monokroussos. "A short interview with Peter Heine Nielsen" (en inglés). Consultado o 27/12/2017. 
  12. "Magnus Carlsen gana el torneo de Candidatos". 
  13. Torneo de xadrez de Zúric
  14. "Norway Chess 2014 – Six Players Announced". ChessDom. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]