Saltar ao contido

Boris Spassky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Modelo:BiografíaBoris Spassky

Boris Spassky
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1937
San Petersburgo Rusia Rusia
Morte27 de febreiro de 2025 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMeudon Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeRusa
Actividade
Campo de traballoXadrez Editar o valor en Wikidata
OcupaciónXogador de xadrez
Nacionalidade deportivaUnión Soviética
Francia (–2013)
Rusia (2013–2025) Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Título de xadrecistaMaster of Sport of USSR in Chess (en) Traducir (1953)
Mestre Internacional (1953)
Gran Mestre (1955) Editar o valor en Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.690 (1971)<
Identificador FIDE600024 Editar o valor en Wikidata
Participou en
1988Olimpíada de xadrez de 1988
1986Olimpíada de xadrez de 1986
1984Olimpíada de xadrez de 1984
1978Olimpíada de xadrez de 1978
1974Olimpíada de xadrez de 1974
1970Olimpíada de xadrez de 1970
1968Olimpíada de xadrez de 1968
1966Olimpíada de xadrez de 1966
1964Olimpíada de xadrez de 1964
1962Olimpíada de xadrez de 1962 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosVasily Solovyov-Spassky Editar o valor en Wikidata
PaiVasily Spassky Editar o valor en Wikidata
IrmánsIraida Spasskaya Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Спасский Борис Васильевич)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3661365 Allmovie: p691094 BNE: XX5763998 Editar o valor en Wikidata


Boris Vasilievich Spassky, nado en San Petersburgo o 30 de xaneiro de 1937 e finado en Moscova o 27 de febreiro de 2025,[1] foi un xadrecista ruso. Proclamouse 10º Campión do Mundo de Xadrez en 1969 ao derrotar ao tamén soviético Tigran Petrosian.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Variante Spassky sobre o ataque Marshall (1963) Xogadas: 1.e4 e5 2.Cf3 Cc6 3.Ab5 a6 4.Aa4 Cf6 5.0-0 Ae7 6.Te1 b5 7.Ab3 0-0 8.c3 d5 9.ed5 Cd5 10.Ce5 Ce5 11.Te5 c6 12.d4 Ad6 13.Te1 Dh4 14.g3 Dh3 15.Ae3 Ag4 16.Dd3 Tae8 17.Cd2 Te6(N) 18.a4 Dh5.

Máis que pola súa contribución ao desenvolvemento do xadrez, foi coñecido por ser o xogador ao que bateu o estadounidense Robert J. Fischer no match disputado en Reiquiavik (Islandia) en 1972, ao cal se denominou match do século. Celebrouse en plena guerra fría e foi todo un símbolo do enfrontamento entre as dúas superpotencias. Ata ese momento, Fischer non gañara a Spassky, que ademais preparara o campionato con Efim Geller, o cal tamén superara a Fischer no pasado. Pero o estadounidense gañou con contundencia mediante unha serie de saídas sorprendentes, que buscaban tirar por terra a preparación de Spassky.

Máis tarde, participou en varios ciclos clasificatorios para o título mundial. En 1975 foi eliminado en semifinais por Anatoli Karpov, futuro campión do mundo. En 1978 chegou ata a final, onde foi derrotado por Viktor Korchnoi.

En 1992 xogou un match de desquite contra Bobby Fischer, onde volveu ser derrotado. Neste último match, o nivel dos contendentes distaba moito do que os encumbrou no mundo do xadrez, pero creou unha grande expectación, xa que supuña o regreso de Bobby Fischer aos taboleiros logo de 20 anos de ausencia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Anterior:
Tigran Petrosian
Campión do mundo de Xadrez
1969–1972
Siguiente:
Bobby Fischer

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xadrez é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. McClain, Dylan Loeb (27 de febreiro de 2025). "Boris Spassky, Chess Champion Who Lost 'Match of the Century,' Dies at 88". The New York Times (en inglés).