Tigran Petrosian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tigran Petrosian
Tigran Petrosian
Tigrán Vartánovich Petrosián
Nacemento 17 de xuño de 1929
Lugar Tbilisi, Unión Soviética Flag of the Soviet Union.svg
Falecemento 13 de agosto de 1984
Lugar Moscova, Unión Soviética
Nacionalidade Soviética Flag of the Soviet Union.svg
Ocupación Xogador de xadrez
Este artigo amosa escritos armenios. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Tigrán Vartánovich Petrosián (armenio: Տիգրան Վարդանի Պետրոսյան) (ruso: Тигра́н Варта́нович Петрося́н) , nado en Tbilisi o 17 de xuño de 1929 e finado en Moscova o 13 de agosto de 1984, foi un xadrecista soviético, campión do mundo entre 1963 e 1969.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De etnia armenia, naceu en Tbilisi, capital de Xeorxia e daquela pertencente á Unión Soviética. A súa carreira no xadrez tivo unha evidente e rápida ascensión nos torneos trienais de candidatos, rematando 5º en Zúric en 1953, 3º en Ámsterdam en 1956, 3º en Iugoslavia en 1959 e finalmente vencedor en Curazao en 1962. En 1963 derrotou a Mijaíl Botvínnik 12,5-9,5, converténdose en Campión do mundo.

Petrosian defendeu o título en 1966, vencendo na contenda a Boris Spassky por 12,5-11,5, porén en 1969 volverían enfrontarse os dous xadrecistas soviéticos e nesta vez gañaría o aspirante por 12,5-10,5.

Deu o nome a un importante sistema de apertura: a variante Petrosián da Defensa India do rei (1. d4 Cf6 2. c4 g6 3. Cc3 Ag7 4. e4 d6 5. Cf3 O-O 6. Ae2 e5 7. d5 Cbd7 8. Ag5).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Anterior:

Mikhail Botvinnik

Campión do mundo de xadrez

1963-1969

Seguinte:

Boris Spassky