Encontros polo campionato do mundo de xadrez
A seguinte é unha lista dos Encontros polo campionato do mundo de xadrez
O gañador de cada partido é o que aparecen primeiro. A notación (x-y = z) significa que o primeiro xogador que aparece na lista ten tantos xogos gañados (x), tantos xogos perdidos (y) e tantos xogos en táboas (z). Por exemplo, no ano 1858 no encontro Morphy-Anderssen, Morphy (+7 -2 = 2) gañou con sete vitorias, dúas derrotas, e dúas táboas. No caso dun encontro igualado, o campión reten o título.
Eventos non oficiais
[editar | editar a fonte]- 1834 La Bourdonnais-McDonnell (+45 -27 =13)
- 1843 Staunton-St. Amant (+11 -6 =4)
- 1846 Staunton-Horwitz (+14 -7 =3)
- 1858 Morphy-Anderssen (+7 -2 =2)
- 1866 Steinitz-Anderssen (+8 -6 =0)
Eventos oficiais
[editar | editar a fonte]- Steinitz-Zukertort (+10 -5 =5)
- 1889 Steinitz-Chigorin (+10 -6 =1)
- 1890/91 Steinitz-Gunsberg (+6 -4 =9)
- 1892 Steinitz-Chigorin (+10 -8 =5)
- 1894 Lasker-Steinitz (+10 -5 =4)
- 1896/97 Lasker-Steinitz (+10 -2 =5)
- 1907 Lasker-Marshall (+8 -0 =7)
- 1908 Lasker-Tarrasch (+8 -3 =5)
- 1910 Lasker-Schlechter (+1 -1 =8)[1]
- 1910 Lasker-Janowski (+8 -0 =3)
- 1921 Capablanca-Lasker (+4 -0 =10)
- 1927 Alekhine-Capablanca (+6 -3 =25)
- 1929 Alekhine-Bogoljubow (+11 -5 =9)
- 1934 Alekhine-Bogoljubow (+8 -3 =15)
- 1935 Euwe-Alekhine (+9 -8 =13)
- 1937 Alekhine-Euwe (+10 -4 =11)
Campionatos organizados pola FIDE
[editar | editar a fonte]- 1948 (FIDE)Botvinnik (Este campionato xogano 5 xogadores e Botvinnik consegue 14 puntos sobre 20 puntos)
- 1951 (FIDE) Botvinnik-Bronstein (+5 -5 =14)
- 1954 (FIDE) Botvinnik-Smyslov (+7 -7 =10)
- 1957 (FIDE) Smyslov-Botvinnik (+6 -3 =13)
- 1958 (FIDE) Botvinnik-Smyslov (+7 -5 =11)
- 1960 (FIDE) Tal-Botvinnik (+6 -2 =13)
- 1961 (FIDE) Botvinnik-Tal (+10 -5 =6)
- 1963 (FIDE) Petrosian-Botvinnik (+5 -2 =15)
- 1966 (FIDE) Petrosian-Spassky (+4 -3 =17)
- 1969 (FIDE) Spassky-Petrosian (+6 -4 =13)
- 1972 (FIDE) Fischer-Spassky (+7 -3 =11) (no ano 1992 celebrarían a desquite que gañou Bobby Fischer : +10 -5 =15 )
- 1975 (FIDE) Karpov-Fischer (Campión Anatoly Karpov pola non comparecencia de Bobby Fischer)
- 1978 (FIDE) Karpov-Korchnoi (+6 -5 =21)
- 1981 (FIDE) Karpov-Korchnoi (+6 -2 =10)
- 1984 (FIDE) Karpov-Kasparov (+5 -3 =40) (campionato suspendido)
- 1985 (FIDE) Kasparov-Karpov (+5 -3 =16)
- 1986 (FIDE) Kasparov-Karpov (+5 -4 =15)
- 1987 (FIDE) Kasparov-Karpov (+4 -4 =16)
- 1990 (FIDE) Kasparov-Karpov (+4 -3 =17)
Campionatos entre 1993 e 2007
[editar | editar a fonte]No ano 1993 o entón campión Gary Kasparov decidiu desligarse da FIDE (Federación Internacional de Xadrez) e xunto ao aspirante ao título Nigel Short, instaurar un novo campionato do mundo. Kasparov gañou o seu encontro a Short conservando así o título. A FIDE, pola súa banda, decidiu continuar organizando o campionato do mundo paralelamente, por así dicilo, co match entre Karpov e Timman que gañou o primeiro. Así se viviu unha situación con dous campións do mundo coexistindo e xogando campionatos do mundo diferentes.
Campionatos FIDE
[editar | editar a fonte]- 1993 Anatoli Karpov-Timman (+5 -2 =14)
- 1996 Karpov - Gata Kamsky (+6 -3 =9)
- 1998 Karpov-Anand (+2 -2 =2 e Karpov gaña no desempate +2 -0 =0)
- 1999 Alexander Khalifman-Vladimir Akopian (+2 -1 =3)
- 2000 Viswanathan Anand - Alexei Shirov (+3 -0 =1)
- 2002 Ruslan Ponomariov - Vassily Ivanchuk (+2 -0 =5)
- 2004 Rustam Kasimdzhanov - Michael Adams (+3 -2 =3)
- 2005 Veselin Topalov(10 puntos de 14, torneo todos contra todos a dobre volta, 8 participantes)
Campionatos PCA
[editar | editar a fonte]- 1993 Gary Kasparov-Nigel Short (+6 -1 =13)
- 1995 Kasparov-Anand (+4 -1 =13)
- 2000 Vladimir Kramnik - Kasparov (+2 -0 =13)
- 2004 Vladimir Kramnik - Peter Leko (+7 -7)
Campionatos de unificación
[editar | editar a fonte]Estes campionatos son organizados pola FIDE
- 2006 Vladimir Kramnik-Veselin Topalov (+3 -3 =6; Kramnik proclámase campión no desempate, +2 -1 =1)
- 2007 Viswanathan Anand (campión con 9 puntos de 14, torneo a dobre volta con oito xogadores). O hindú Viswanathan Anand finalmente coroouse como campión indiscutible ao vencer en setembro de 2007 no torneo do Campionato do Mundo de Xadrez 2007 en México D.F.
- 2008 Viswanathan Anand Vs Vladimir Kramnik (+3 -1 =6)
- 2010-Viswanathan Anand Vs Veselin Topalov (+3 -2 =7)
- 2013 Magnus Carlsen- Viswanathan Anand (+3 -0 =7)
- 2014 Magnus Carlsen- Viswanathan Anand (+3 -1 =7)
- 2016 Magnus Carlsen- Sergey Karjakin (1+2 -1 =10+2)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Davidson, Henry A. (1949, 1981). A Short History of Chess. McKay. ISBN 0-679-14550-8.
- Barcza, Alföldy, Kapu: Die Weltmeister des Schachspiels. Hamburg 1975
- Jens Enevoldsen: Verdens bedste Skak, Politiken (Denmark) 1966