Torrelodones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Praza da Constitución

Torrelodones é un concello español do noroeste da Comunidade de Madrid. Está situado a 29 km de Madrid, entre a Serra de Guadarrama e a área metropolitana da capital.

Encóntrase a unha altitude media de 845 metros sobre o nivel do mar. Limita ao norte con Hoyo de Manzanares, ao leste con Madrid a través do monte El Pardo, ao sur con Las Rozas de Madrid e ao oeste con Galapagar. Segundo datos oficiais de poboación de 2014, habitan en Torrelodones 22.838 persoas, distribuídas en sete núcleos de poboación.

A localidade posúe un interesante patrimonio artístico e natural e forma parte de dúas rutas turísticas da Comunidade de Madrid. Unha delas é a Ruta Imperial, que segue parcialmente o camiño histórico empregado no século XVI polo rei Filipe II nos seus desprazamentos dende a cidade de Madrid ata o Real Sitio do Escorial. A outra é a Ruta polos Castelos, Fortalezas e Atalaias, á que queda vinculada pola atalaia de Torrelodones, unha torre-vixía de orixe andalusí.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.