Mejorada del Campo
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
| Capital | Mejorada del Campo | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 25.049 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 17,21 km² | ||||
| Altitude | 578 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Cristina Carrascosa Serrano (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 28840 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 28084 | ||||
| Sitio web | mejoradadelcampo.es | ||||
Mejorada del Campo é un municipio do centro de España, na Comunidade de Madrid, a uns 21 km ó leste de Madrid. Segundo datos do INE, o municipio conta cunha poboación de 22.488 habitantes (2009).
Características
[editar | editar a fonte]O pequeno termo municipal, de 17,21 km², limita con San Fernando de Henares, Velilla de San Antonio, Rivas-Vaciamadrid e Loeches. Os ríos Jarama e Henares conflúen no seu termo municipal, dando relevancia aos cultivos de horta, sendo famosos na zona os tomates pola súa calidade. Pero gran parte do concello é de secaño e algúns dos cultivos tradicionais foron o cereal e os oliveirais.
As orixes da localidade remóntanse ó paleolítico, aínda que Mejorada del Campo fundouse no século XII, como unha das aldeas de Alcalá de Henares. No século XIII pasou a chamarse Mejorada del Rey, e séculos máis tarde recuperou o topónimo tradicional.
Entre os monumentos máis importantes do municipio cabe destacar a Catedral de Justo, a Capela de San Fausto e a Igrexa do Rosario.
O 27 de novembro de 1983 houbo un accidente aéreo no que morreron 181 persoas. Un Boeing 747 caeu preto do casco urbano e só sobreviviron 11 dos ocupantes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mejorada del Campo |
