Humanes de Madrid
Coordenadas: 40°15′14″N 3°49′40″O / 40.25389, -3.82778
Humanes de Madrid é un concello español do sur da Comunidade de Madrid. Tiña en 2018 unha poboación de 19.587 habitantes.
Ten unha extensión de 19,46 km² e está situado a 23 km ao sur da cidade de Madrid. Limita cos concellos de Fuenlabrada ao norte, Parla ao leste, Griñón ao sur e Moraleja de Enmedio ao oeste. Pertence ao partido xudicial de Fuenlabrada e a diocese de Xetafe.
Antigamente decicado á actividade agrícola, hoxe en día posúe unha das zonas industriais máis importantes da Comunidade de Madrid.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Humanes de Madrid ![]() |