Pozuelo del Rey
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
| Capital | Pozuelo del Rey | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.302 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | Mancomunidade de Servizos de Educación de Adultos de Madrid Leste (M.S.E.A.M.E.) Mancomunidade do Servizo de Urxencias e Rescate do Leste de Madrid (SUREM) Mancomunidade Intermunicipal de Servizos Sociais do Leste de Madrid (MISSEM) Mancomunidade do Leste Mancomunidade de Servizos «Meseta del Henares» Mancomunidade «Los Olmos» | ||||
| Superficie | 30,93 km² | ||||
| Altitude | 809 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Gerardo Álvaro Fernández | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 28813 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 28116 | ||||
| Sitio web | pozuelodelrey.es | ||||
Pozuelo del Rey é un concello español da Comunidade Autónoma de Madrid, na comarca de Alcalá.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado polos musulmáns e conquistada polo arcebispo de Toledo, Bernabé de Agen en 1119 (reinado Afonso VI). A partir dese momento é chamada pola poboación cristiá "Pozuelo de Torres". É posible que a orixe do nome de Pozuelo iníciese pola necesidade que tiñan os habitantes en recorrer a pozos domésticos para a obtención de auga, pois se constata que en 1580, a través das "Relacións topográficas de Filipe II" que non había auga para o uso da poboación. Pozuelo de Torres, foi aldea do alfoz de Alcalá. Recibiu este segundo nome xa que estivo baixo a rexencia de Torres de la Alameda ata que logrou o título de vila. Aí é cando Pozuelo comeza un meteórico ascenso de importancia. Foi a sede do arquivo dunha Mancomunidade constituída por vilas independentes do Arcebispado de Toledo.
No século XX o pobo pouco a pouco converteuse nun dos menos significativos da zona, dándose unha excepción na guerra civil, cando construíuse na localidade unha estación de ferrocarril para o chamado "tren de los cuarenta días" que unía Madrid e Valencia sen perigo de ataques dos sublevados.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Localización
[editar | editar a fonte]O concellos pertence á Alcarria de Alcalá (Comarca de Alcalá), entre os concellos de Campo Real, Nuevo Baztán, Torres de la Alameda, Valverde de Alcalá, Villar del Olmo, Valdileceha e Loeches.
Clima
[editar | editar a fonte]Temperatura media anual, °C: 12.5-15 Precipitación media anual, mm: 400-600 Meses con maior precipitación: Nov-Xan Meses de menor precipitación: Xul-Ago Días con temperaturas <0 °C: 40-90.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.lavozdelhenares.es/index.php?... Arquivado 12 de agosto de 2014 en Wayback Machine. Sabías que: En la guerra civil se construyó una vía ferroviaria en tres meses para abastecer Madrid (en castelán)
