Saltar ao contido

Freixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fraxinus»)
Freixos (xénero Fraxinus)

Detalle da especie (Fraxinus ornus)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Tribo: Oleeae
Xénero: Fraxinus
Tourn. ex L.
Especies

Véxase no texto.

Sinonimia
  • Ornus Boehm., Defin. Gen. Pl.: 476 (1760).
  • Fraxinoides Medik., Vorles. Churpfälz. Phys.-Okon. Ges. 1: 198 (1791).
  • Mannaphorus Raf., Amer. Monthly Mag. & Crit. Rev. 1: 175 (1818).
  • Calycomelia su altura maxima esta entre 25 30 metros de alturaKostel., Allg. Med.-Pharm. Fl. 3: 1003 (1834).
  • Leptalix Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Ornanthes Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Samarpses Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Aplilia Raf., New Fl. 3: 93 (1838).
  • Meliopsis Rchb., Deut. Bot. Herb.-Buch: 135 (1841).
  • Petlomelia Nieuwl., Amer. Midl. Naturalist 3: 187 (1914).[1]

Os freixos son árbores pertencentes ao xénero Fraxinus[2] da familia das oleáceas. Contén unhas 45-65 especies de árbores de porte mediano a grande, de folla caediza polo xeral, aínda que unhas poucas especies subtropicais teñen follas persistentes. Adoitan ocupar lugares frescos, lameiros, brañas, ribeiras. En Galicia son abundantes dúas especies, que se mesturan coma especie das fragas, coma árbore de ribeira ou raramente formando freixedos:

Na Coruña tense tamén descrito o Fraxinus ornus, o freixo de flor.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome galego e portugués freixo provén do latín: fraxinus, que á vez dá nome ao xénero. Derivaría á súa vez do grego Phraxis (sebe), xa que é unha árbore típica nas sebes.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os freixos son árbores polo xeral rexas que acadan os 15 - 20 metros de altura; o toro é recto e cilíndrico, proxecta moita sombra. É unha especie dioica (pés masculinos e femininos por separado). As follas son opostas, raramente en verticilos de tres, e xeralmente pinnadocompostas, malia seren simples nalgunhas especies. As sementes están contidas nunha sámara.

Especies seleccionadas

[editar | editar a fonte]
América do Norte oriental
América do Norte occidental e suroccidental
Paleártica occidental (Europa, Norte de África e suroeste de Asia)
Paleártica oriental (Asia oriental e central)
Freixo común a florear
Póla do freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia)
Detalle das sementes do freixo común
Freixo de flor (Fraxinus ornus)
Antracnose nun freixo de Ayrshire do Norte, Escocia.
Rebentos infrecuentes a medrar dun toro de freixo caído nunha fraga de Lawthorn, Ayrshire, Escocia.

O escaravello Agrilus planipennis, xilófago, accidentalmente introducido en América do Norte dende o leste de Asia con produtos de pau de freixo contra o 1998, ten matado a millóns de árbores no Medio Oeste dos Estados Unidos e o veciño Ontario, e algunhas áreas illadas máis pequenas do leste de América do Norte. Ameaza uns 7 billóns de freixos nas Américas. Advírteselle á poboación de non transportar produtos de madeira inacabados, coma leña, para deter o espallamento da praga deste insecto.

O freixo tamén é afectado polas larvas e eirugas dalgunhas especies de lepidópteros (bolboretas e avelaíñas).

Caracterízanse por ter unha madeira dura, flexíbel e resistente aos golpes repetidos, considerándose madeira nobre. A densidade vai dende o 20% de 670 kg/m³ para o Fraxinus americana,[7] até a máis alta do 710 kg/m³ para o freixo común (Fraxinus excelsior)[8]). Estas características fana idónea para facer arcos, mangos de ferramentas, paláns e billardas, bates de crícket, bates de béisbol, hurleys, paus de hóckey, raquetas de tenis e outros usos que esixen gran forza e resistencia. Tamén adoita usarse coma material para instrumentos musicais como guitarras.

No agro galego, estimábase moito para a fabricación das distintas partes do carro, coma o eixo ou as cangas; tamén para os mangos de instrumentos e aínda hoxe en día emprégase para facer partes curvas de mobles e barcos. A Armada Española utilizou os freixos do norte da península na industria da cordoaría dos barcos e outras pezas de artillaría. Ademais subministra excelente leña e carbón.

No eido das menciñas populares, as follas en infusión teñen servido coma laxante, diurético, para combater as enfermidades renais e a reuma, mentres que a casca (moumiña) serve para baixar a febre e curar as dores de cabeza.

Empréganse tamén en paisaxismo e xardinaxe coma especies ornamentais., un exemplo é a Praza de Galicia, na cidade de Pontevedra.

Etnoloxía

[editar | editar a fonte]

En Galicia, e dentro dun marco celta, o freixo era unha das árbores sagradas, representaba a verticalidade, a frouxidade, o oposto ao carballo, que representaba a horizontalidade, a rixidez, a forza.

Na mitoloxía norueguesa, a Árbore do Mundo Yggdrasil considérase normalmente que é un freixo, e o primeiro home, Ask, formouse do pau dun freixo. Arredor de toda Europa, disque as serpes escorréntanse coas follas dun freixo, ou debuxando un círculo cunha póla de freixo. No folclore irlandés dise que as sombras dun freixo danan a colleita. En Cheshire, dicíase que o freixo cura as espullas e o raquitismo. Véxase tamén a letra ash ("freixo" en inglés). En Sussex o freixo e mais o umeiro coñecíanse coma os "Facedores de Viuvas" porque as grandes pólas a miúdo caen sen advertencia.

Na mitoloxía grega, as melíades eran ninfas do freixo, quizais especificamente da especie (Fraxinus ornus), do mesmo xeito que as dríades eran as ninfas do carballo. Moitos ecos de arcaicos ritos helenos e mitos implicaban aos freixos.

O freixo zumega unha substancia azucrada que, suxestionouse, era fermentada para crear o hidromel da poesía nórdica (skáldskapar mjaðar; en islandés moderno, skáldskaparmjöður).[9]

Nome común

[editar | editar a fonte]

Frexo, fresno, freno, freneiro, freixo, freixeiro, freixeira, freixe, freisno, afreixo e afereixo[10].

  1. "Freixo". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2013. Consultado o 7 de maio de 2010. 
  2. Sunset Western Garden Book, 1995:606–607
  3. Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela
  4. Nome vulgar galego en Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997; e en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  5. "Species Records of Fraxinus". Germplasm Resources Information Network. United States Department of Agriculture. Arquivado dende o orixinal o 25-08-2011. Consultado o 22-02-2010. 
  6. "Fraxinus L.". ITIS Standard Reports. Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 22-02-2010. 
  7. "White Ash". Niche Timbers. Arquivado dende o orixinal o 13-09-2009. Consultado o 22-02-2010. 
  8. "Ash". Niche Timbers. Arquivado dende o orixinal o 03-01-2010. Consultado o 22-02-2010. 
  9. Dumont, Darl J. (1992). "The Ash Tree In Indo-European Culture". Mankind Quarterly 32 (4): 323–336. 
  10. "Freixo (Fraxinus excelsior L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 17 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]