Oleaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oleaceae

Oliveira (Olea europaea) con froitos verdes.
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Tribos

Fontanesieae
Forsythieae
Jasmineae
Myxopyreae
Oleeae[1]

Sinonimia
  • Bolivaraceae
  • Forestieraceae
  • Fraxinaceae
  • Jasminiaceae
  • Ligustraceae
  • Nyctanthaceae
  • Schreberaceae
  • Syringaceae[2]

Oleaceae, as Oleáceas, son unha familia de plantas pertencente á orde Lamiales. Comprende 24 xéneros de plantas leñosas, incluídos arbustos, árbores e rubideiras. Caracterízase polas follas opostas que poden ser simples ou pinnadamente compostas. As súas flores posúen cáliz e corola con catro lóbulos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son árbores, arbustos ou rubideiras leñosas; plantas hermafroditas, andromonoicas ou dioicas. Follas opostas ou ás veces alternas, trifoliadas ou imparipinnadas, sen estípulas. Inflorescencias terminais ou axilares, cimosas, paniculadas, dicasiais, subumbeliformes, fasciculadas ou flores solitarias, flores actinomorfas; sépalos 4 (–numerosos), libres ou sen sépalos, valvados, ás veces ausentes; corola xeralmente simpétala, 4 (–numerosos) lóbulos, ás veces os pétalos libres ou ausentes; estames 2 (4), adnados ao tubo da corola nas flores simpétalas, anteras con dehiscencia lonxitudinal; ovario súpero, bilocular, estilo terminal con estigma bilobado ou subcapitado, ou estigma sésil. Froito unha drupa, baga, cápsula ou sámara, a miúdo cunha semente.[3]

Usos[editar | editar a fonte]

Moios dos membros desta familia son economicamente importantes, como a oliveira, polos seus froitos (as olivas) e o aceite que se extrae deles. Os freixos (árbores do xénero Fraxinus) son valiosos pola súa madeira e as Forsythias, lilas, xasmíns e Chionanthus valóranse coma plantas paisaxísticas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Oleaceae foi descrita por Hoffmanns. & Link e publicado en Flore portugaise ou description de toutes les ... 1: 62. 1809.[3] O xénero tipo é: Olea L.

Xéneros[editar | editar a fonte]

Lista de xéneros e sinónimos relacionados por orde alfabética segundo APWeb:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Oleaceae Hoffmanns. & Link, nom. cons.". Germplasm Resources Information Network. United States Department of Agriculture. 17-01-2003. Arquivado dende o orixinal o 06-05-2009. Consultado o 10-04-2009. 
  2. Listado de sinónimos de Oleaceae. [1].
  3. 3,0 3,1 "Oleaceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de decembro de 2012. 
  4. Oleaceae en APWeb consultado o 19 de maio de 2011

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. (eds.) 2009. Cucurbitaceae a Polemoniaceae. Fl. Mesoamer. 4(1): 1–855.
  • Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel Jarquin. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii,.