É unha árborecaducifolia de tamaño mediano que até os 15–25 m de altura cun toro de até 1 m de diámetro. A casca é cinsenta escura, ficando suave incluso en árbores vellos. Os gomos son de cor rosada pálido-marrón a cinsenta-marrón, cunha mesta cuberta de pelos curto de cor gris. As follas son opostas en pares, pinnadas de 20–30cm de longo, con 5-9 folíolos, os folíolos son amplos ovoides de 5–10cm de lonxitude e 2–4cm de largo, cunha marxe finamente dentada e ondulada, cun curto pecíolo de 5–15mm de longo; polo outono a cor é variábel, de amarelo a morado.
Os gomos son de cor cinsenta ou cinsenta amarelento, diversamente que en Fraxinus excelsior e en Fraxinus angustifolia.
As flores prodúcense en densas panículas de 10–20cm de longo despois de que aparezan as novas follas a finais da primavera, cada flor ten catro pétalos de cor branca cremosa de 5–6mm de longo e son polinizadas polos insectos. O froito é unha esvelta sámara de 1,5-2,5cm de longo, a semente de 2mm e a ampla á 4–5mm de larga, cando madura a súa cor é verde marrón.[2][5][6] Os froitos atópanse no ápice das franzas do úlmimo ano, a diferenza de Fraxinus excelsior e Fraxinus angustifolia.
Do zume tíranse extractos azucrados mediante unha fenda na casca;[2] esta substancia comparouse en tempos medievais, (polo c.1400) co bíblicomaná, dando lugar ao nome en inglés da árbore.
Cultívase a miúdo coma unha árbore ornamental en Europa ao norte do seu rango nativo, cultivado polas súas flores decorativas. Algúns espécimes cultivados son enxertados sobre padróns de Fraxinus excelsior, adóitase ollar un cambio moi notábel na casca do enxerto.