Saltar ao contido

Franz Marc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFranz Marc

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Franz Moritz Wilhelm Marc Editar o valor en Wikidata
8 de febreiro de 1880 Editar o valor en Wikidata
Kreuzstraße (München) (Imperio Alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1916 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Braquis, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKochel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMúnic
Sindelsdorf (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo alemán Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico romano Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Belas Artes de Múnic Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e artes visuais Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Múnic
Benediktbeuern (pt) Traducir
Kochel (pt) Traducir
Lenggries
Sindelsdorf (pt) Traducir
París
Berlín
Mulhouse Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, artista gráfico, gravador, ilustrador, artista visual Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de animais (pt) Traducir, Arte abstracta, arte de xénero, Arte de paisaxes, Natureza morta e nudez na arte Editar o valor en Wikidata
MovementoExpresionismo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir
11 de xullo de 1959Documenta II (en) Traducir
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaria Marc (1913–)
Marie Schnür (1907–1908) Editar o valor en Wikidata
PaiWilhelm Marc Editar o valor en Wikidata
IrmánsPaul Marc Editar o valor en Wikidata
ParentesJohann Nepomuk von Pelkoven, avó Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Марк Франц)
Obálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4660336 Musicbrainz: 3ef6d8c8-14b6-48a9-afed-49c2289c5ffc WikiTree: Marc-30 Find a Grave: 20800 Editar o valor en Wikidata

Franz Marc, nado en Múnic o 8 de febreiro de 1880 e finado na batalla de Verdun o 4 de marzo de 1916, foi un pintor alemán, un dos máis destacados do movemento do Expresionismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1900 comezou a estudar na Academia de Belas Artes da súa cidade natal. Entre 1903 e 1907 instalouse en París, onde naceu a súa admiración polo pintor Vincent van Gogh. Alí desenvolveu unha grande amizade co tamén pintor August Macke en 1910. En 1911 formou o círculo de artistas chamado Der Blaue Reiter xunto con Macke, Wassily Kandinsky e outros artistas que decidiran rachar co movemento do Neue Künstlervereinigung.

Expuxo os seus primeiros traballos na primeira exposición do Der Blaue Reiter na Galería Thannhauser en Múnic entre decembro de 1911 e xaneiro do 1912. A exposición tamén percorreu as cidades de Berlín, Colonia, Hagen, e Frankfurt. En 1912, Marc coñeceu a Robert Delaunay, o que sería a súa segunda grande influencia, polo seu uso da cor e por ser o creador do Futurismo.

O seu nome está na lista dos artistas que tiveran que combater na primeira guerra mundial. Franz Marc morreu na Batalla de Verdun mentres montaba a cabalo en 1916.

Estilo e legado

[editar | editar a fonte]

A maior parte das obras de Marc está relacionada co mundo da natureza. O seu traballo caracterizouse polo uso de cores rechamantes e do cubismo nos seus cadros de animais.

A obra máis coñecida de Marc é Tierschicksale (tamén coñecida como Animal Destinies ou Fate of the Animals), completada en 1913. Atópase na Basel Kunstmuseum en Basilea.

En outubro de 1998, moitas das obras de Marc chegaron a prezos marca na poxa de arte Christie's na cidade de Londres , entre as que se atopaba o seu Rote Rehe I (Cervo vermello I), vendida por 3,30 millóns de libras. Ó ano seguinte esta cifra foi superada por Der Wasserfall (A fervenza) que foi vendida na Sotheby's de Londres, por 5 millóns de libras.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]