Jordi Alba
Jordi Alba | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Jordi Alba Ramos | ||
Nacido | 21 de marzo de 1989 (31 anos) | ||
Lugar | L'Hospitalet de Llobregat | ||
Altura | 1,70 m. | ||
Posición | Lateral esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | FC Barcelona | ||
Número | 18 | ||
Carreira xuvenil | |||
1998–2005 | Barcelona | ||
2005–2007 | Cornellà | ||
2007 | Valencia | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2008 | Valencia B | 18 | (5) |
2008–2012 | Valencia | 74 | (5) |
2008–2009 | → Gimnàstic (cedido) | 35 | (4) |
2012– | Barcelona | 63 | (3) |
Selección nacional | |||
2006 | España sub-19 | 6 | (1) |
2009 | España sub-20 | 9 | (0) |
2008–2011 | España sub-21 | 4 | (0) |
2011– | España | 33 | (5) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: Actualizado a 8 de febreiro de 2015. Selección: Actualizado a 28 de decembro de 2014.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Jordi Alba Ramos, nado en l'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 21 de marzo de 1989, é un futbolista español. Xoga de lateral por banda esquerda e o seu actual equipo é o Futbol Club Barcelona da Primeira División de España.
Tamén xoga coa selección de fútbol de España, coa que gañou, sendo un dos xogadores revelación, a Eurocopa de 2012, o terceiro título do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Tras estar sete anos nas categorías inferiores do FC Barcelona, en 2005 Alba deixa La Masia para recalar nas filas da UE Cornellà. Na segunda tempada é fichado polo Valencia CF por apenas 6.000 €, equipo no que tan só nunha tempada pasou a xogar do Xuvenil A a consolidarse no Valencia CF Mestalla, sendo unha peza clave no ascenso deste a Segunda División B, chegando a ser convocado polo primeiro equipo valencianista e pola selección española sub-19. Posteriormente é cedido ao Gimnàstic de Tarragona,[2] conseguindo facerse coa titularidade tras uns inicios dubidosos (24 partidos como titular), o que lle vale para ser chamado coa selección española sub-21.
Valencia CF[editar | editar a fonte]

Tras a súa gran campaña en Tarragona, regresa ao Valencia CF para facer a pretemporada. Logra convencer a Unai Emery e convértese en xogador do primeiro persoal, debutando oficialmente en Liga o 13 de setembro de 2009 na vitoria por 4-2 contra o Real Valladolid.[3] Logo foi titular en dous partidos consecutivos da fase de grupos da UEFA Europa League contra Lille OSC e SK Slavia Prague, que acabaron en empate a un. Debido as lesións permanentes dos defensas do Valencia, Alba xogou gran parte desa tempada como lateral esquerdo, dando grandes resultados. Xogando nesa posición chegaría o seu primeiro gol o 11 de abril de 2010, na derrota 3-2 contra o RCD Mallorca.
Na tempada 2010-11, aínda con Unai Emery como adestrador, Alba foi utilizado case exclusivamente aún con Unai Emery a su cargo, Alba fue utilizado case exclusivamente no sector defensivo, loitando pola titularidade co francés Jérémy Mathieu. Xogou un total de 27 partidos de liga, cos que o equipo acabou por segundo ano consecutivo no terceiro posto, obtendo a clasificación para a Liga de Campións.
Na seguinte tempada, Emery comezou a utilizar aos dous xogadores, Alba e Mathieu, de forma simultánea polo costado esquerdo, unha estratexia que probara a tempada anterior. Isto resultou ser unha táctica eficaz xa que ofrecen apoio mutuo no ataque e as áreas de defensa. O xogador califica ao adestrador como un home clave na súa transición exitosa a un papel máis defensivo.[4]
FC Barcelona[editar | editar a fonte]
O 28 de xuño de 2012, durante o trascurso da Eurocopa na que Jordi Alba participa, o Valencia e o Barcelona chegaron a un principio de acordo para o traspaso do xogador a cambio de catorce millóns de euros, polas seguintes cinco tempadas.[5] A mañá do 5 de xullo, pasou satisfactoriamente o recoñecemento médico e asinou o seu contrato, efectuándose a súa presentación esa mesma tarde. A súa cláusula de rescisión ascendeu á cifra de 90 000 000 euros.[6]
Selección nacional[editar | editar a fonte]

Jordi Alba foi 5 veces internacional coa selección española sub-21. O 30 de setembro de 2011 foi convocado por primeira vez para un partido da selección absoluta, coa que debutou o 11 de outubro de 2011 xogando en Alacant ante Escocia na fase de clasificación da Eurocopa 2012.[7] En 2012 seguiu sendo convocado coa selección e disputou a citada Eurocopa como lateral esquerdo titular. Marcou o segundo gol na final, que gañou España por 4-0 a Italia.[8]
Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]
Mundial | Sede | Resultado |
---|---|---|
Copa Mundial de Fútbol Sub-20 | ![]() |
Oitavos de final |
Participacións en Eurocopas[editar | editar a fonte]
Eurocopa | Sede | Resultado |
---|---|---|
Eurocopa 2012 | ![]() ![]() |
Campión |
Participacións en Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]
Xogos Olímpicos | Sede | Resultado |
---|---|---|
Xogos Olímpicos de 2012 | ![]() |
- |
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Actualizado o 14 de maio de 2012.
Club | Tempada | Categoría | Liga | Copa | Europa | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | Goles | PX | Goles | PX | Goles | PX | Goles | |||
![]() |
2008–09 | Segunda División | 35 | 4 | 1 | 0 | - | - | 36 | 4 |
![]() |
2009–10 | Primeira División | 15 | 1 | 2 | 0 | 9 | 0 | 26 | 1 |
2010–11 | 26 | 4 | 4 | 0 | 3 | 0 | 33 | 5 | ||
2011–12 | 32 | 5 | 8 | 0 | 10 | 1 | 50 | 5 | ||
Total | 73 | 10 | 14 | 0 | 22 | 1 | 108 | 11 | ||
![]() |
2012–13 | Primeira División | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Total carreira | 108 | 10 | 15 | 0 | 22 | 1 | 145 | 15 |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Equipo | País | Ano |
---|---|---|---|
Eurocopa | Selección española | Polonia e Ucraína | 2012 |
Distincións individuais[editar | editar a fonte]
Distinción | Ano |
---|---|
Mellor lateral esquerdo do mundo, segundo Goal.com[9] | 2012 |
Mellor lateral da Eurocopa | 2012 |
Xogador revelación da Eurocopa, segundo MARCA[10] | 2012 |
Incluído no Equipo Ideal da Eurocopa pola UEFA[11] | 2012 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia".
- ↑ Ricky Romero (26 de xullo de 2008). AS, ed. "Jordi Alba xa é grana e Campano pode quedarse".
- ↑ joinfutbol, ed. (14 de setembro de 2009). "Jordi Alba debutou oficialmente en competición co Valencia CF". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2009. Consultado o 03 de xullo de 2012.
- ↑ Alba ansioso por aprender; FIFA.com, 5 de outubro de 2011
- ↑ FC Barcelona, ed. (28 de xuño de 2012). "Acordo co Valencia por Jordi Alba".
- ↑ La Vanguardia, ed. (5 de xullo de 2012). "Alba: "Funme do Barça coa cabeza moi alta e tómome a miña volta como un reto"".
- ↑ Europa Press (ed.). "Jordi Alba: "Foi un debut soñado"".
- ↑ SportYou, ed. (1 de xullo de 2012). "España redondea a súa gran obra".
- ↑ http://www.goal.com/es/news/21/fichajes/2012/07/02/3214075/barcelona-fich%C3%B3-al-mejor-lateral-izquierdo-del-mundo-jordi
- ↑ http://www.marca.com/debate/2012/07/2530/pinta-votaciones2530.html
- ↑ http://www.marca.com/2012/07/02/futbol/eurocopa_2012/1341224339.html