Fonte máxica de Montjuïc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Font màgica de Montjuïc»)

Coordenadas: 41°22′15″N 2°09′06″L / 41.370833, 2.151667

A Fonte máxica de Montjuïc vista dende o Palau Nacional, e por diante das "Catro Columnas".

A Fonte máxica de Montjuïc (en catalán: Font màgica de Montjuïc),[1] ou sinxelamente chamada Fonte de Montjuïc, atópase na praza de Carles Buïgas, no distrito de Sants-Montjuïc, Barcelona.

É o elemento principal dun conxunto de xogos de luz e auga que se desenvolve en todo o eixo dende o Palau Nacional até a Plaça d'Espanya, que inclúe fervenzas e estanques e, na parte inferior, ringleiras de columnas luminosas a ámbolos lados da avenida, hoxe en día substituídas por surtidores iluminados de proporcións semellantes e de mantemento máis doado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jaume Fabre, Josep M. Huertas e Inmaculada Julián. "Fuente Mágica. Fuente luminosa". Consultado o 3 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Buigas Sans, Carlos (1978). La fuente. Barcelona: Marte. ISBN 84-7249-178-1. 
  • Tatjer, Joan (1998). L'enginy de Carles Buigas (1898-1979). Barcelona: Ajuntament de Barcelona - Agbar.