Moonspell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moonspell
Moonspell Fernando Ribeiro Studio Kraków 2007 09.JPG
Fernando Ribeiro durante un concerto de Moonspell en Cracovia, Polonia.
Orixe Brandoa, Lisboa, Portugal Flag of Portugal.svg
Período 1989 - presente
Xénero(s) doom metal, metal gótico, black metal, folk metal, death metal, metal industrial
Selo(s) discográfico(s) Century Media, SPV GmbH
Membros Fernando Ribeiro (Langsuyar)
Miguel Gaspar (Mike/Nisroth)
Ricardo Amorim (Morning Blade)
Pedro Paixão (Passionis/Neophytus)
Aires Pereira (Ahriman)

Moonspell é unha banda de doom metal portuguesa con elementos tomados do death metal, gothic metal, folk metal, black metal e metal industrial formada no 1992. Publicaron o se primeiro EP Under the Moonspell no 1994, un ano antes de lanzar o primeiro álbum Wolfheart. A banda axiña acadou un status e se converteu nunha das máis coñecidas de Portugal.

Moonspell acadou o primeiro posto nas listas portuguesas co seu álbum Sin/Pecado e foi, xunto con Metallica e Iron Maiden, a única banda de metal en acadar o primeiro posto nas listas co seu álbum Memorial, no 2006. Con ese mesmo disco, Moonspell tamén se volveu a primeira banda portuguesa de metal en conseguir un disco de ouro.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos (1992-1994)[editar | editar a fonte]

Inda que levaban tocando baixo o nome de Morbid God dende o 1989, non foi ata 1992 que se cambiaron o nome por Moonspell. Ese mismo ano lanzan o sinxelo de promoción Serpent Angel. No 1993, o cantante Fernando Ribeiro, o batería Miguel Gaspar e o baixista Ares gravan a demo Anno Satanae, que garantiu un contrato coa editora francesa Adipocere para a gravación dun mini-cd que foi editado un ano despois co nome Under the Moonspell.

Wolfheart e Irreligious (1995-1997)[editar | editar a fonte]

Despois do lanzamento de Under the Moonspell, Moonspell firmou coa Century Media para seis Cds. Wolfheart foi gravado en Alemaña e lanzado no 1995. Neste álbum abandonan en parte o estilo Black Metal e enfócanse máis cara o Gothic Metal e o Folk Metal. O álbum foi todo un éxito, destacando a calidade das súas letras. Este éxito levounos de xira por Europa, entrando así na escena internacional. Durante a xira o guitarrista Mantus abandona a abanda e é remplazado por Ricardo Amorim.

O seguinte CD foi o Irreligious, lanzado no 1996. O estilo deste álbum adéntrase inda máis no Gothic Metal ca os seus antecesores, máis de corte Black Metal. A canción Opium convértese no primeiro sinxelo de Moonspell, tema este inspirado no poema Opiário de Álvaro de Campos, heterónimo de Fernando Pessoa. Este CD vendeu 10.000 copias en Potugal.

Logo de conflitos legais coa banda, o baixista Ares deixa Moonspell e é remplazado por Sérgio Crestana.

Sin Pecado e The Butterfly Effect (1998-2000)[editar | editar a fonte]

Sin/Pecado (“Sin” significa “Pecado” en inglés) foi lanzado no 1998. É un traballo moito máis experimental que os seus predecesores. A canción 2econd Skin foi lanzada coma sinxelo. É neste período do cando se grava o primeiro e único álbum de Daemonarch, proxecto paralelo constituído polos integrantes de Moonspell excepto o batería Mike Gaspar. Este álbum supón un retorno ás súas raíces Black Metal e as súas letras foron todas escritas por Fernando Ribeiro cando tiña entre 14 e 16 anos.

O seguinte álbum é The Butterfly Effect, gravado en Londres no 1999. É o álbum máis experimental da banda e inclúe riffs de guitarras afinadas de xeito máis grave e inquietantes pasaxes de sintetizador. Este álbum foi composto polo guitarrista/teclista Pedro Paixão e non foi moi ben recibido polos críticos de metal.

Darkness and Hope e The Antidote (2001–2005)[editar | editar a fonte]

Darkness and Hope foi lanzado no 2001. Este traballo acadou o posto 79 nas listas Xermanas e as edicións especiais incluíron versións de Madredeus, Ozzy Osbourne e Joy Division. O tema Nocturna foi lanzado coma un sinxelo e con videoclip.

No 2003 a banda lanza The Antidote, con Niclas Etelävuori de Amorphis tocando o baixo como músico de sesión. O álbum foi lanzado cun libro homónimo escrito polo portugués José Luís Peixoto. Tanto o libro coma o CD comparten o mesmo concepto e historia e cada canción do CD é irmá dun capítulo do libro e resalta a historia das letras. Everything Invaded foi lanzado coma sinxelo e videoclip. A banda xirou por todo o mundo tocando mesmo no Rock in Rio de Lisboa no 2004. Dende este álbum nas xiras toca o baixo Aires Pereira

A comezos do 2004 a banda gravou unha versión do estándar de jazz I'll see you in my dreams para a banda sonora da película portuguesa co mesmo título.

Memorial, Under Satanæ e Night Eternal (2006–presente)[editar | editar a fonte]

Memorial foi lanzado no 2006. É o primeiro baixo a súa nova etiqueta SPV Steamhammer. O álbum encabezou a lista portuguesa na súa primeira semana e tamén entrou no Top 100 Alemán co número 68.

A pesar de que o álbum e máis duro que os anteriores foi moi ben recibido e mesmo saiu anunciado o seu lanzamento nos programas de novas portuguesas. Un novo lanzamento do álbum a finais do 2006 incluíu un DVD con actuacións en directo e os videoclups de Finisterra e Luna.

O 2 de novembro do 2006, Moonspell gañou un MTV Europe Music Award na categoría de mellor interpretación portuguesa.

The Great Silver Eye, un álbum recompilatorio de grandes éxitos foi lanzado no 2007.

Neste mesmo ano, Moonspell lanza Under Satanæ, unha regravación dalgúns dos primeiros temas da banda.

O último álbum chámase Night Eternal, lanzado no 2008. O tema principal do CD, Scorpion Flower, conta coa colaboración da cantante holandesa Anneke van Giersbergen (antiga membro de The Gathering).

Moonspell participou na xira Blackest Of The Black con Danzig, Winds Of Plague, Dimmu Borgir e Skeletonwitch.

Tamén particupou na xira The Darkest Tour: Filthfest no 2008 con Cradle of Filth, Gorgoroth, Septic Flesh e Asrai.

Proxectos futuros[editar | editar a fonte]

Moonspell esta traballando nun novo álbum, que probábelmente saia á luz no 2011. Fernando describiu a súa música como “a cousa máis emocionante, sexy, escura, pesada e pegadiza escrita en anos”.

Influencia da cultura portuguesa[editar | editar a fonte]

As influencias portuguesas poden atoparse na música de Moonspell na maior parte a través dos poemas líricos. A pesar de que a maioría das súas cancións están en inglés, Trebraruna, Alma Mater e Atægina de Wolfheart; Full Moon Madness do Irreligious; Than The Serpents In My Hands do Darkness And Hope están cantadas en portugués ou teñen caracterísiticas da cultura ou lingua portuguesa. Na música Chorai Lusitânia do Under The Moonspell é posíbel oír arranxos de guitarra portuguesa tradicionais. Tebreruna e Ataegina versan sobre as deusas da mitoloxía lusitana. Os primeiros catro versos de Than The Serpents In My Hand foron escritos por Mário Cesariny. Os senhores da guerra é unha versión do grupo luso Madredeus.

Membros da banda[editar | editar a fonte]

Actuais membros[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

  • João Pedro – baixo (1989–1997)
  • Sérgio Crestana – baixo (1997–2003)
  • Waldemar Sorychta – baixo (2006- 2007)
  • Niclas Etelävuori – baixo (2003–2008)

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Demos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]