Saltar ao contido

Folk rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folk rock
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Influído por
 Caracterizado por
Datas
 Fundación / creación
1964 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/016jny Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX4987166
Wikidata C:Commons

Folk rock é unha corrente musical xurdida a mediados da década de 1960 na que se combinaban o folk estadounidense e anglosaxón co entón emerxente pop psicodélico.

Nacemento

[editar | editar a fonte]

Esta denominación popularizouse en todo o mundo en 1965, cando a banda californiana The Byrds gravou unha versión da canción "Mr. Tambourine Man" de Bob Dylan. Nela, o grupo anxelino utilizaba os xogos de voces característicos do pop xunto con cristalinas guitarras eléctricas sobre a base da canción de Dylan. Este novo son fixo que o cantautor estadounidense pensase en engadir elementos pop e rock á súa música. Así, cando no festival Folk de Newport no 1965 Bob Dylan utilizou a guitarra eléctrica e unha banda de acompañamento, o público apupouno de forma clamorosa.

Naquela época o folk nos Estados Unidos era un vehículo para expresar a crítica e o descontento coa sociedade estabelecida e moi especialmente coa guerra de Vietnam, proba diso eran as reivindicativas letras dos seus dous máximos expoñentes nese momento: Joan Baez e o propio Bob Dylan. O público folk estaba formado fundamentalmente por activistas de esquerda e universitarios progresistas que consideraban ao rock e o pop coma xéneros superficiais e pouco comprometidos.

Probabelmente estes dous feitos foron os que marcaron o nacemento do folk Rock. A partir deste momento, moitos artistas provenientes tanto do folk coma do pop comezaron tamén a fusionar ambos os estilos converténdose así o folk Rock nunha das principais influencias do Rock psicodélico, podendo considerar a moitos dos seus artistas coma membros de ambas as correntes.