Ferrari 125
Ferrari 125 | |
Deseño | Gioacchino Colombo/Scuderia Ferrari |
Produción | 1947 2 unidades |
Dimensións | |
Peso | 750 kg |
Características técnicas | |
Motor | 1.5 L Colombo 125 V12 |
Modelos relacionados | |
Relacionado | Ferrari 125 F1 |
Antecesor | Auto Avio Costruzioni 815 |
Sucesor | Ferrari 159 S |
- Véxase tamén Ferrari 125 F1, un coche de carreiras de Fórmula 1 que compartía o mesmo motor.
O Ferrari 125 S (comunmente 125 ou 125 Sport) foi o primeiro vehículo construído pola Ferrari en Módena, Italia. Aínda que foi precedido polo Auto Avio Costruzioni 815 de 1940 de Enzo Ferrari, o 125 S foi o primeiro vehículo en levar o nome Ferrari cando debutou o 11 de maio de 1947 no circuíto de Piacenza. Do mesmo xeito que o 815, que era un deportivo de carreiras, pero a diferenza do motor Fiat de 8 cilindros do seu predecesor, o 125 S contou cun V12 (o "125"), un trazo compartido coa maioría dos coches de Ferrari das décadas seguintes. O 125 S substitúese polo 159 S de 1947.
Os dous coches 125 S construídos en 1947 foron desmantelados e as súas pezas crese que se reutilizaron na produción dos modelos 159 e 166.
Descrición
[editar | editar a fonte]Chasis
[editar | editar a fonte]O 125 S utilizaba un bastidor de chasis de tubo de aceiro,[1] e tiña unha suspensión dobre wishbone con bésta transversal na fronte e cun eixo ríxido na parte traseira. E freos de tambor hidráulicos dianteiros e traseiros.
Motor
[editar | editar a fonte]O 125 S estaba propulsado por un motor de 1´5 L (1.497 cc.) Colombo 125 V12 a 60°. Este motor produce 118 CV (74 kW) a 7.000 rpm cunha relación de compresión de 8.5:1. Unha árbore de levas con 2 válvulas por cilindro e tres carburadores de dobre corpo Weber 30DCF.
Competición
[editar | editar a fonte]O 125 S debutou no Circuíto di Piacenza, pilotado por Franco Cortese, pero non puido terminar a carreira, malia unha actuación favorable fronte aos fortes Maserati 6CS 1500.
Catorce días despois, o 125 S logrou a primeira vitoria de Ferrari no Gran Premio de Roma en Caracalla, onde tamén foi pilotado por Cortese. O coche rompera in dodamento na práctica, e foi reparado no taller de Tino Martinoli, quen máis tarde marchou aos Estados Unidos co equipo Ferrari Indy.
O 125 S gañou seis das súas catorce carreiras en 1947, aínda que os pilotos Clemente Biondetti e Giuseppe Navone foron incapaces de gañar Mille Miglia de 1947 nel.
O Ferrari 125 foi o primeiro Ferrari. Ademais, é o coche que lle deu a primeira vitoria nunha carreira oficial. Foi no Gran Premio de Roma de 1947.
Características
[editar | editar a fonte]Un motor V12 de 1496 cc, capaz de dar 118 HP, iniciou a historia de triunfos da Scuderia. Este auto nunca foi producido para a venda ao público en xeral.
Especificacións
[editar | editar a fonte]- Motor frontal: lonxitudinal, V12 (60°).
- Diámetro x carreira: 55 x 52,5 mm.
- Cilindrada unitaria: 124´73 cm³.
- Cilindrada total: 1.496,77 cc.
- Número válvulas: 2 por cilindro.
- Árbore de levas en cabeza.
- Relación de compresión: 7,5:1.
- Alimentación: tres carburadores Weber 30DCF.
- Refrixeración líquida.
- Potencia máxima, 118 hp a 6.800 rpm.
- Potencia específica: 78,8 CV/litro.
- Tracción: traseira.
- Embrague: monodisco seco.
- Cambio no bloque de motor: 5 velocidades mais marcha atrás.
- Bastidor de longueiros e traveseiros.
- Suspensión dianteira: roda independente, brazos transversais dobres, bésta transversal e amortecedores hidráulicos.
- Suspensión traseira: ponte ríxida, béstas lonxitudinais, barra estabilizadora e amortecedores hidráulicos
- Freos de tambor.
- Tanque; 75 litros.
- Pneumáticos: 5,50-15 diante e 6,00-15 atrás.
Rendemento
[editar | editar a fonte]- Velocidade máxima: 170 km/h.
- Relación Peso/potencia: 6,3 kg/CV.
Liña temporal
[editar | editar a fonte]Tipo | Anos 1940 | Anos 1950 | Anos 1960 | |||||||||||||||||||
7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | |
Deportivos | 125 S | 166 S | 195 S | 212 Exp | 225 S | 250 MM | 250 Monza | 250 GT Tour de France | 250 GT SWB | 250 GTO | 250 LM | |||||||||||
159 S | 250 S | 250 Export | ||||||||||||||||||||
GT | 166 Inter | 195 Inter | 212 Inter | 250 Europa | 250 GT Europa | 250 GT Boano | 250 GT Ellena | 250 GT Coupe PF | 250 GT Lusso | 330 GTC | 365 GTC | |||||||||||
275 GTB | 275 GTB/4 | |||||||||||||||||||||
Descapotables | 250 GT | 275 GTS | 330 GTS | 365 GTS | ||||||||||||||||||
2+2 | 250 GT/E | 330 GT | 365 GT | |||||||||||||||||||
America | 340 America | 375 America/MM | 410 Superamerica | 400 Superamerica | 500 Superfast | 365 California |
Tipo | Anos 1960 | Anos 1970 | Anos 1980 | Anos 1990 | Anos 2000 | Anos 2010 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | |||||||||||
FR/FMR | GT | 250 | 275 | 365 GTB/4 Daytona | 550 | 575M | 599 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
America | 330 | 365 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2+2 | 250GT | 330GT | 365GT | GTC/4 | GT4 | 400 | 400i | 412 | 456 | 456 M | 612 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
V8 | California | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
RMR | V6/V8 | Dino 206 | Dino 246 GT | 308GTB | 308i | 308 QV | 328 | 348 | 360 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
246 GTS | 308 GTS | 208 | 208 Turbo | GTB/GTS Turbo | F355 | F430 | F458 Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2+2 | Dino GT4 | Mondial 8 | Mondial QV | 3.2 Mondial | Mondial t | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
bóxer-12 | 365BB | 512 BB | 512i BB | Testarossa | 512TR | F512M | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Modelo halo | 250 GTO | 250 LM | 288 GTO | F40 | F50 | Ferrari Enzo | FXX | FXX Evolution | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
F50 GT |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "GILCO Ferrari 125 chassis". Gilco Design. Consultado o August 10, 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferrari 125 |