Saltar ao contido

Etimoloxía

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A etimoloxía é o estudo científico sobre a orixe da estrutura léxica dunha lingua, tanto das palabras como da súa fraseoloxía. A etimoloxía dunha palabra en concreto é dita orixe, chamada neste caso étimo.

Etimoloxía de etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra etimoloxía vén do latín etymologia e esta, á súa vez, provén do grego ἐτυμολιγία, vocábulo formado de ἔτυμος (verdadeiro) e λόγος (palabra). É dicir, significa "verdadeira orixe das palabras".

En xeral, considerase etimoloxía o estudo da historia das palabras: de onde proceden, cando entraron na lingua e como mudou a súa forma e o seu significado.

O grego Píndaro servíase, no século V a.C. de etimoloxías inventadas para alardear diante dos seus amos. Plutarco empregaba etimoloxías pouco seguras baseándose en estrañas similitudes de sons. Isidoro de Sevilla, nas súas Etymologiae, fai un rastrexo enciclopédico das "primeiras cousas" que foi usado acriticamente en Europa ata o século XV. O Etymologicum genuinum, unhas das varias obras bizantinas de parecidas características, é unha enciclopedia gramatical editada en Constantinopla no século IX. A Legenda Aurea do século XIV comeza cada vita dos santos cun excursus en forma de etimoloxía.

A etimoloxía das palabras galegas

[editar | editar a fonte]

A etimoloxía permite ter unha clara idea das orixes do galego, unha lingua romance, románica ou neolatina. Derivada do latín vulgar que foi imposto polos romanos a partir do ano 206 a. de C. O latín é unha lingua indoeuropea e sintética, que expresa as súas relacións gramaticais por medio de morfemas ou desinencias que se combinan coa raíz, ao contrario do galego que expresa estas mesmas relacións por medio de artigos e preposicións. Hai concesións doutras linguas ao galego.

A ciencia etimolóxica

[editar | editar a fonte]

O estudo da etimoloxía permite comprender o significado das palabras, ampliar o vocabulario e mellorar a ortografía. Usando textos antigos, o estudo da etimoloxía procura saber cando e como unha palabra foi incorporada ou evolucionou cara á linguaxe actual, e que transformacións experimentou. A valoración da súa importancia variou dependendo das tendencias do momento. A súa época dourada viviuse durante o século XIX cando se emprenderon os máis grandes proxectos de estudo etimolóxico, tales como o Oxford English Dictionary, o dicionario etimolóxico máis completo da lingua inglesa.

A etimoloxía peninsular debe moito á obra do filólogo catalán Joan Coromines, do século XX.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]