Lingüística computacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lingüística computacional constitúe un eido científico interdisciplinario vinculado á lingüística e á informática, e encamiñado a incorporar nos ordenadores a habilidade no manexo da linguaxe natural e a facilitar o tratamento informatizado das linguas e do seu estudo.

Liñas de estudo[editar | editar a fonte]

Lingüística computacional teórica (LCT)[editar | editar a fonte]

Pódense distinguir os seguintes obxectivos:

1. A elaboración de modelos lingüísticos.
2. Aplicación destes modelos a calquera nivel de descrición lingüística.
3. Comprobación automatizada do funcionamento dunha teoría lingüística e das súas prediccións.

Lingüística computacional aplicada (LCA)[editar | editar a fonte]

Diríxese ao deseño e elaboración de sistemas informáticos capaces de comprender, producir e traducir enunciados orais e escritos en linguas naturais.

Categorías:

1. Os sistemas de comprensión e xeración de enunciados (como os programas de consulta en linguaxe natural a bases de datos e os sistemas automáticos de diálogo por liña telefónica).
2. As aplicacións das tecnoloxías da fala (como os programas de ditado e os sistemas de conversión de texto a voz).
3. As ferramentas de procesamento documental para a elaboración, xestión e revisión de documentos textuais (como os programas de verificación da corrección lingüística dos textos, os programas de xeración automática de resumos, os sistemas de extracción de información, os sistemas de recuperación da información textual e os programas de catalogación documental automatizada).
4. As ferramentas de procesamento plurilingüe.
Distinguimos dúas vertentes:
a. aplicacións didácticas para o ensino de linguas (como os métodos de aprendizaxe de idiomas asistida por ordenador e os programas de creación de exercicios de lingua).
b. ferramentas de axuda á tradución (como os programas de tradución automática, as bases de datos terminolóxicos e as utilidades de memoria de tradución). Dependendo daquilo que se pretenda salientar, este campo de traballo recibe as denominacións de procesamento de linguaxe natural, tecnoloxías da lingua ou enxeñaría lingüística.

Informática aplicada á lingüística[editar | editar a fonte]

Traballo caracterizado pola aplicación dos ordenadores á investigación lingüística. Normalmente chámase así á Lingüística de corpus ou a lingüística histórica computacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]