Saltar ao contido

Estilística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estilística
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Identificadores
Freebase/m/01s1n6 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC32062796 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata

Inda que a noción de estilo estaba xa configurada en manuais con indicacións prácticas sobre como escribir ben no século XVIII, a primeira estilística, a de Charles Bally (1905) rexeita esta concepción e propón unicamente unha estilística descritiva do sistema lingüístico, non das obras literarias.

Despois de ser publicada a estilística lingüística de Bally, aparece a estilística literaria de Leo Spitzer, que procura os trazos peculiares, os estilemas, da lingua literaria, considerándoos como desvíos da norma estándar.

Xorde entón a diferenciación entre estilística lingüística (preocúpase polos trazos específicos do sistema de cada idioma para definir desde eles o espírito da comunidade nacional que os produciu) e estilística literaria (atende ós trazos peculiares do estilo dun creador).