Estado non recoñecido
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Un Estado non recoñecido é un territorio cuxa soberanía non está recoñecida internacionalmente a pesar de ser administrado parcial ou plenamente por algún organismo polo menos potencialmente autónomo.
As rexións son países na medida en que acollan os tres elementos que esixe para iso o Dereito Internacional: territorio, poboación e goberno autónomo. O recoñecemento por parte da Comunidade Internacional ten un efecto político e declarativo, pero a existencia dun Estado só depende da vontade da poboación dunha rexión determinada de constituírse como sociedade independente, consecuentemente, o concepto de "estado non recoñecido" non nega, estritamente, a súa existencia, senón que afirma que non recoñece a súa independencia ou soberanía por cuestións de política ou legalidade.
Estados
[editar | editar a fonte]Sen ningún recoñecemento
[editar | editar a fonte]Estas rexións teñen un Estado propio de facto, a pesar do cal están consideradas internacionalmente como parte dun país recoñecido. Un caso típico é o de etnias que declararon a súa independencia e gañaron a guerra, pero a súa soberanía é considerada ilexítima pola comunidade internacional.
Situada entre Etiopía, Djibuti, Puntlandia e o Golfo de Adén. En maio de 1991, os clans declararon a República de Somalilandia, que inclúe cinco das dezaoito divisións administrativas de Somalia.
Recoñecidos por países sen recoñecemento pleno
[editar | editar a fonte]- República Moldova Pridnestroviana (Transnistria), Moldova
Situada entre Moldova e Ucraína, na parte exterior do Río Dnister. Declarada independente unilateralmente dende 1990, aínda que só está recoñecido por Abkhazia, Osetia do Sur e Artsakh, países de recoñecemento limitado. A maioría da poboación é eslava.
Recoñecido soamente por un país
[editar | editar a fonte]Declarada en Chipre do Norte en 1975 despois da invasión do terzo norte da illa polas forzas armadas turcas en 1974, que tivo lugar tralo golpe de estado levado a cabo por militares grego-chipriotas que pretendían a enose con Grecia. Declarou a súa independencia en 1983 e foi recoñecida soamente por Turquía. En 2004, o seu territorio era aceptado na UE como parte da República de Chipre.
- 1983 → Recoñecido só por Turquía e a Organización da Conferencia Islámica.
Con recoñecemento limitado
[editar | editar a fonte]A miúdo, os estados que a comunidade internacional non recoñece son produto das presións que fan países interesados no territorio. Tamén se da o caso de estados que se desdín do seu recoñecemento. (Ordenados de menor a maior número de países que os recoñecen):
República declarada independente unilateralmente en 1991 de Xeorxia. Despois dun ano de guerra, proclamouse o alto ó fogo. En 2008 tivo lugar unha breve pero intensa guerra, na que Rusia interveu expulsando á invasión xeorxiana.
- 2008 → Recoñecido internacionalmente só por cinco estados integrantes da ONU: Rusia, Nicaragua, Venezuela, Nauru e Tuvalu. Tamén está recoñecida por Abkhazia, Transnistria e Nagorno-Karabakh.
Situada entre o mar Negro e o Cáucaso. É unha república declarada independente unilateralmente polos comunistas abkhazios en 1992. Cando se proclamou, estalou unha guerra, que finalizou dous anos despois. Dende entón, está fóra do control do goberno de Xeorxia.
- 2008 → Recoñecida internacionalmente só por seis estados integrantes da ONU: Rusia, Nicaragua, Venezuela, Nauru, Vanuatu e Tuvalu. Tamén está recoñecida por Osetia do Sur, Transnistria e Artsakh.
- Goberna a illa de Taiwán e algunhas outras illas pequenas dende que perdeu a guerra civil chinesa en 1949. Ademais perdeu a maioría do seu recoñecemento diplomático e o asento na ONU a mans da República Popular da China o 25 de outubro de 1971 pola resolución 2758 da Asemblea Xeral da ONU. Actualmente é recoñecida oficialmente por 23 estados.
- 1911 (fundación), 1949 (retirada a Taiwán) → Recoñecido por 22 países máis a Santa Sé como lexítimo representante da China histórica.
- Territorio colonizado en gran parte por Marrocos, xa que España abandonou o territorio en 1976. A República Árabe Saharauí Democrática controla o resto do Sáhara Occidental, foi proclamada pola Fronte Polisario en 1976. As Nacións Unidas levan dende 1991 intentando celebrar un referendo coa misión MINURSO. O alto ó fogo administrado pola ONU está vixente dende setembro de 1991. O Sáhara Occidental está incluído na lista das Nacións Unidas de territorios non autónomos.
- 1976 → Recoñecido por 82 países membros da ONU máis a Unión Africana.
- República declarada independente unilateralmente en 2008 co apoio occidental. Historicamente parte de Serbia pero progresivamente repoboado por albaneses. Xa declarara a súa independencia en 1991 pero daquela só Albania a recoñeceu.
- No é recoñecida, entre outros, por: Serbia, Rusia, España, Grecia, Romanía, Chipre, Eslovaquia, Venezuela, a Arxentina e o Brasil.
- 97 países membros da ONU recoñecen a Kosovo (ademais da República da China), entre eles: Afganistán, Albania, Alemaña, Armenia, Colombia, Costa Rica, os Estados Unidos, Francia, Italia, Xapón, Lituania, Noruega, Perú, Reino Unido e Turquía.
Con recoñecemento maioritario
[editar | editar a fonte]Países cuxa lexitimidade histórica é discutida por outros países (en orde de menor a maior recoñecemento internacional):
- 1988 → Recoñecida por 130 países membros da ONU máis a República Saharauí. Non é recoñecida, entre outros, por Israel, Estados Unidos nin a maior parte dos países de Europa Occidental. A ONU recoñece a Autoridade Nacional Palestina como un observador non estatal.
- 1948 → Non recoñecido por 32 países. 13 estados que o recoñecen non teñen relacións diplomáticas con este país.
- 1949 → Non recoñecida pola República da China, non acepta relacións diplomáticas cos 23 países que recoñecen a República da China, situada na illa de Taiwán.
Casos particulares de non recoñecemento
[editar | editar a fonte]- 1974 → Non recoñecida por Turquía e a República Turca do Norte de Chipre
- República Popular Democrática de Corea (Corea do Norte)
- 1948 → Non recoñecida por Corea do Sur e o Xapón.
- República de Corea (Corea do Sur)
- 1948 → Non recoñecida por Corea do Norte.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Conferencia de Montevideo, sobre definición de país.
- Micronación