José Sanjurjo Sacanell: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 47: Liña 47:
O 20 de xullo o aviador [[Juan Antonio Ansaldo]] vai a Estoril a recollelo coa súa avioneta para trasladalo a [[Burgos]]. O aparello estrélase na engalaxe e Sanjurjo, quedando retido no seu asento, morre no accidente. Segundo o piloto, o accidente produciuse polo exceso de equipaxe do que el, persoalmente, xa advertira ao xeneral. O piloto resulta ileso.
O 20 de xullo o aviador [[Juan Antonio Ansaldo]] vai a Estoril a recollelo coa súa avioneta para trasladalo a [[Burgos]]. O aparello estrélase na engalaxe e Sanjurjo, quedando retido no seu asento, morre no accidente. Segundo o piloto, o accidente produciuse polo exceso de equipaxe do que el, persoalmente, xa advertira ao xeneral. O piloto resulta ileso.


[[Emilio Mola]], o director do golpe de estado no organigrama golpista, nomeou a [[Francisco Franco]] como o líder da sublevación. Isto conduciu a diversos rumores afirmando que Franco tivera que ver na morte do líder da rebelión, [] aínda que nunca apareceu ningunha proba que apoiase esta alegación.
[[Emilio Mola]], o director do golpe de estado no organigrama golpista, nomeou a [[Francisco Franco]] como o líder da sublevación. Isto conduciu a diversos rumores afirmando que Franco tivera que ver na morte do líder da rebelión,{{cómpre referencia}} aínda que nunca apareceu ningunha proba que apoiase esta alegación.


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 10 de maio de 2020 ás 12:27

Infotaula de personaJosé Sanjurjo Sacanell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de marzo de 1872 Editar o valor em Wikidata
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Estoril, Portugal Editar o valor em Wikidata
Causa da morteAccidente ou incidente de aviación Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPantheon of Regulares 2 (en) Traducir (2017–)
Monumento A Los Caídos (en) Traducir (1961–2016) Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
10 de xullo de 1931 – 21 de xullo de 1931 – Gerardo Abad Conde →

Circunscrición electoral: Lugo (en) Traducir
Alto comissário da Espanha em Marrocos (pt) Traducir
23 de abril de 1931 – 6 de xuño de 1931
← Francisco Gómez-Jordana Sousa (pt) TraducirLuciano López Ferrer (pt) Traducir →
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
11 de decembro de 1928 – 15 de febreiro de 1930
Director-General of the Civil Guard (en) Traducir
3 de novembro de 1928 – 3 de febreiro de 1932
← Ricardo Burguete y Lana (pt) TraducirMiguel Cabanellas (pt) Traducir →
Alto comissário da Espanha em Marrocos (pt) Traducir
3 de novembro de 1925 – 4 de novembro de 1928
← Miguel Primo de RiveraFrancisco Gómez-Jordana Sousa (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , militar , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1896 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor em Wikidata
Rango militartenente xeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española e Guerra do Rif Editar o valor em Wikidata
Participou en
17 de xullo de 1936Sublevación do 18 de xullo de 1936
10 de agosto de 1932Sanjurjada Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0762819 Editar o valor em Wikidata

José Sanjurjo Sacanell, nado en Pamplona o 28 de marzo de 1872 e finado en Estoril, Portugal, 20 de xullo de 1936, foi un militar español, un dos sublevados no golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 contra a República.

Africanista

Inicia a súa carreira como tenente en Cuba, onde ascende a capitán. Tras o final da guerra de Cuba volve a España e participa en varias campañas en Marrocos (1909). Co emprego de comandante de regulares foi condecorado coa Cruz Laureada de San Fernando pola súa acción no combate de Beni Zaiem (Tetuán) o 1 de febreiro de 1914.[1]

Na reconquista do territorio perdido en Melilla despois do desastre de Annual (1921), alcanzando o grao de xeneral. En 1922, á fronte da comandancia militar de Larache, investigou os casos de corrupción na Intendencia e Intervención militar.

Apoio ó golpe de estado de Primo de Rivera

Cando en setembro de 1923 se produce o golpe militar de Primo de Rivera, Sanjurjo é gobernador militar de Zaragoza e apoia sen reservas a sublevación e a posterior ditadura que aquel instaura.

En 1925 participou no desembarco de Alhucemas, e en 1927, ao finalizar a guerra do Rif, o rei Alfonso XIII concedeulle o título de marqués do Rif.

En 1928 é nomeado Director Xeral da Garda Civil, posto que comparte co de Alto Comisario de España en Marrocos. En 1931 o rei Alfonso XIII concédelle a Gran Cruz de Carlos III.

Apoio á II República

A pesar das anteriores mostras de confianza por parte do rei, despois das eleccións do 12 de abril de 1931, que propiciaron a chegada da II República, Sanjurjo ponse incondicionalmente ás ordes do Comité Revolucionario republicano, consolidando desta maneira a chegada do novo réxime e sendo confirmado no cargo de Director Xeral da Garda Civil. Este cambio nas fidelidades de Sanjurjo parece estar motivado polo rancor que lle causou o abandono de Primo de Rivera por parte do rei tras a caída da Ditadura en 1929.

As reformas militares de Manuel Azaña non gustan a Sanjurjo, especialmente a redución de efectivos do exército e o nomeamento de López Ferrer, un civil, como Alto Comisario en Marrocos, polo que mostra o seu desagrado.

Segundo golpe de estado (A Sanjurjada)

Artigo principal: A Sanjurjada.

A finais de 1931 prodúcense os sucesos de Castilblanco, Badaxoz, onde morren catro gardas civís a mans de manifestantes. Pouco despois, en Arnedo (A Rioxa), morren cinco civís ao disparar a Garda Civil contra unha concentración de traballadores (os sucesos de Arnedo). Ao iniciarse as investigacións de ambos os sucesos, Sanjurjo mostra a súa desconformidade, o que xunto coas súas críticas ás reformas militares fai que sexa substituído á fronte da Garda Civil polo xeneral Miguel Cabanellas, pasando el á Dirección de Carabineros.

Esta confrontación co goberno polas reformas militares de Azaña xunto co proxecto de estatuto de autonomía para Cataluña lévano a preparar con algúns carlistas de Manuel Fal Conde e o conde de Rodezno, así como outros oficiais militares, unha rebelión en Sevilla o 10 de agosto de 1932.

A rebelión, coñecida como a sanjurjada, tivo éxito inicialmente en Sevilla, pero fracasou de forma absoluta en Madrid e posteriormente tamén na capital andaluza tras unha folga xeral, polo que desistiu e tentou fuxir a Portugal, sendo detido en Huelva xunto cun fillo seu.

Condenado á morte

Xulgado e condenado á morte, o goberno republicano non quixo repetir a actuación da Ditadura cos sublevados de Jaca, polo que a condena á morte foille conmutada pola de cadea perpetua, sendo ingresado no Penal do Dueso. Posteriormente é trasladado á Prisión Militar do Castelo de Santa Catalina de Cádiz, onde recibe informacións dunha posible amnistia que finalmente obtén.

Amnistía

Tras as eleccións de novembro de 1933, que deron o triunfo á coalición radical-cedista, formouse o novo goberno, presidido por Lerroux. Este propuxo a concesión dunha amnistía tanto a Sanjurjo como ao resto de militares implicados na sublevación. O Presidente da república, Alcalá-Zamora, resistiuse á firma do decreto e aínda que finalmente o aceptou o último día do prazo legal, forzou unha modificación do mesmo que impedía o retorno de Sanjurjo ao exército. Estas dilacións e a modificación do decreto provocaron unha crise de goberno que fixeron dimitir a Lerroux, quen foi substituído por Ricardo Samper, marchando seguidamente Sanjurjo ao exilio en Estoril (Portugal).

Terceiro golpe de estado (Inicio da Guerra Civil)

Cando en maio de 1936 Niceto Alcalá-Zamora foi substituído como Presidente da República por Azaña, Sanjurjo, xunto cos xenerais Emilio Mola, Francisco Franco e Gonzalo Queipo de Llano, comezou a trazar plans para derrocar o goberno da Fronte Popular.

Estes plans concretaríanse na sublevación que se inicia no norte de Marrocos a tarde do 17 de xullo de 1936 e que ao non conseguir triunfar de forma inmediata en toda España daría orixe á Guerra Civil.

Na organigrama dos sublevados estaba previsto que Sanjurjo asumise a Xefatura do Estado.

Accidente de aviación

O 20 de xullo o aviador Juan Antonio Ansaldo vai a Estoril a recollelo coa súa avioneta para trasladalo a Burgos. O aparello estrélase na engalaxe e Sanjurjo, quedando retido no seu asento, morre no accidente. Segundo o piloto, o accidente produciuse polo exceso de equipaxe do que el, persoalmente, xa advertira ao xeneral. O piloto resulta ileso.

Emilio Mola, o director do golpe de estado no organigrama golpista, nomeou a Francisco Franco como o líder da sublevación. Isto conduciu a diversos rumores afirmando que Franco tivera que ver na morte do líder da rebelión,[Cómpre referencia] aínda que nunca apareceu ningunha proba que apoiase esta alegación.

Notas