Manuel Fal Conde
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2026.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de agosto de 1894 Higuera de la Sierra |
| Morte | 20 de maio de 1975 Sevilla |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político, escritor |
| Partido político | Comunión Tradicionalista |
| Outro | |
| Título | Duque |
Manuel Fal Conde, nado en Higuera de la Sierra (Huelva) en 1894 e finado en Sevilla en 1975, foi un avogado e político carlista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito en Sevilla e Madrid. Ingresou en 1930 no Partido Integrista. Cando este se integrou no carlismo Fal Conde organizou o movemento en Andalucía Occidental, dando prioridade ás mocidades e ao requeté. Nas eleccións de 1933, o carlismo conseguiu 4 deputados en Andalucía e Fal Conde converteuse no xefe do carlismo andaluz en novembro. En 1934, fíxose cargo da dirección do carlismo e centralizou a organización no seu equipo. Durante a guerra civil española tivo que se exiliar a Portugal tras pretender crear unha Academia militar carlista e dende alí opúxose ao decreto de unificación, sen resultados. Tras volver a España prohibiu o alistamento de carlistas na División Azul, o que provocou que as autoridades o confinasen en Ferreríes (Menorca) durante uns meses. En 1955 renunciou como xefe do carlismo en España.