Diferenzas entre revisións de «Rasmus Rask»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
(Polo modelo Biografía)
Desde [[Estocolmo]], marchou, en [[1819]], para [[San Petersburgo]], onde redactou, en [[lingua alemá|alemán]], un artigo sobre "As linguas e as literaturas de Noruega, Islandia, Suecia e Finlandia", no número 6 da ''Vienna Jahrbücher''. Desde [[Rusia]], Rask viaxou para [[Tartaria]] desde onde alcanzou o [[Imperio Persa]], residindo durante algún tempo en [[Tabriz]], [[Teherán]], [[Persépole]] e máis [[Shiraz, Irán|Shiraz]]. En arredor de seis semanas, aprendeu [[Lingua persa|persa]] suficiente, compo para poder conversar nese idioma con liberdade.
 
En 1820 embarcou en [[Bushire]] para [[BombayBombai]], [[India]]. Durante a súa estadía nesa cidade, escribíu e publicou, en inglés, unha ''Disertación sobre a autenticidade da lingua zenda''. Desde Bombay viaxou até [[Sri Lanka|Ceilán]], onde chegou no ano [[1821]], e moi logo redactou en inglés, unha "''Disertación a respecto do mellor método para expresar os sons das linguas da India en caracteres europeos''", que foi publicado en [[Colombo]]. Rask volveu para Copenhaguen en maio de 1823, traendo consigo unha considerábel cantidade de manuscritos persas, [[zenda]]s, [[pali]]s, cingaleses etc., con os que enriqueceu as coleccións da capital danesa.
 
=== Derradeiros anos ===
105.212

edicións

Menú de navegación