Saltar ao contido

Rasmus Rask

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRasmus Rask

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(da) Rasmus Christian Rask Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1787 Editar o valor en Wikidata
Brændekilde, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de novembro de 1832 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAssistens Kirkegård Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Copenhague Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXermanística, estudos orientais (pt) Traducir, lingüística, filoloxía xermánica e Slavic philology (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, historiador da lingua, profesor universitario, filólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Copenhague Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosBenjamin Thorpe Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisNiels Hansen Rasch Editar o valor en Wikidata  e Birthe Rasmusdatter Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Rask, Rasmus Christian Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1581367 Find a Grave: 8740 Editar o valor en Wikidata

Rasmus Christian Rask, nado o 22 de novembro de 1787 e finado o 14 de novembro de 1832, foi un filólogo, lingüista e polígrafo dinamarqués, considerado como un dos fundadores da Gramática comparada.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Rask naceu en Brændekilde, na illa dinamarquesa de Fionia. Estudou na Universidade de Copenhague, onde mostrou un extraordinario talento para a adquisición de linguas. En 1808 foi nomeado conservador axudante da biblioteca universitaria, e algúns anos máis tarde profesor de historia literaria . En 1811 publicou (en danés, unha "Introdución á Gramática do islandés e outras antigas linguas nórdicas", a partir de materias, impresos e manuscritos acumulados polos seus predecesores en tal campo de investigación, que lle conferiu reputación sólida.

A fama así gañada por Rask facilitoulle o acceso á Intitución Arnamagnæan, na que foi empregado como editor do Lexicón Islandés (1814) de Björn Halldórsson, que permanecera longo tempo como manuscrito. Rask visitou Islandia, onde residiu entre 1813 e 1815, facéndose un mestre no dominio da súa lingua ao tempo que se familiarizaba coa literatura, hábitos e costumes dos nativos. Ao interese que inspiraron en Rask pode, probabelmente, atribuírselle o establecemento en Copenhagen, a comezos de 1816, da Sociedade Literaria Islandesa, da que foi o primeiro presidente.

Viaxe a Oriente

[editar | editar a fonte]
Tumba de Rasmus Rask en Assistens Kirkegård, Copenhague. Pódense ver inscricións en persa, nórdico antigo e sánscrito.

En outubro de 1816, Rask abandonou Dinamarca, para emprender unha expedición literaria, á custa do rei, a fin de continuar as súas investigacións sobre as linguas orientais, e recoller manuscritos para a biblioteca universitaria de Copenhague. Dirixiuse primeiramente a Suecia, onde estivo dous anos, durante os cales realizou excursións a Finlandia para estudar o finés. Estando aínda en Suecia e na lingua dese país, publicou a súa Gramática anglosaxoa en 1817. En 1818, publicou, esta vez en Copenhague e en danés, o "Ensaio sobre a orixe da Antiga Lingua Escandinava ou Islandesa", na que marca a profunda afinidade dese idioma con outras linguas europeas, nomedamente co latín e o grego. No mesmo ano, dou a coñecer as primeiras edicións completas dos Edda, tanto o de Snorri Sturluson como o de Sæmundr, publicando os textos orixinais e as traducións ao sueco.

Desde Estocolmo, marchou, en 1819, para San Petersburgo, onde redactou, en alemán, un artigo sobre "As linguas e as literaturas de Noruega, Islandia, Suecia e Finlandia", no número 6 da Vienna Jahrbücher. Desde Rusia, Rask viaxou para Tartaria desde onde alcanzou o Imperio Persa, residindo durante algún tempo en Tabriz, Teherán, Persépole e máis Shiraz. En arredor de seis semanas, aprendeu persa suficiente, como para poder conversar nese idioma con liberdade.

En 1820 embarcou en Bushire para Bombai, India. Durante a súa estadía nesa cidade, escribiu e publicou, en inglés, unha Disertación sobre a autenticidade da lingua zenda. Desde Bombay viaxou até Ceilán, onde chegou no ano 1821, e moi logo redactou en inglés, unha "Disertación a respecto do mellor método para expresar os sons das linguas da India en caracteres europeos", que foi publicado en Colombo. Rask volveu para Copenhaguen en maio de 1823, traendo consigo unha considerábel cantidade de manuscritos persas, zendas, palis, cingaleses etc., cos que enriqueceu as coleccións da capital danesa.

Derradeiros anos

[editar | editar a fonte]

Logo da súa volta de Oriente, Rask publicou, en danés, varias obras: Gramática española (1824), Gramática frisoa (1825), Ensaio sobre a ortografía danesa (1826), un Ensaio sobre a Cronoloxía do Antigo Exipto (1827), Gramática italiana (1827), Cronoloxía xudía antiga con anterioridade a Moisés (1828). Fixo tamén unha edición da Gramática danesa para ingleses de Schneider, e supervisou a tradución da súa Gramática anglosaxoa (1830) realizada por Thorpe.

Rask faleceu en Copenhague o 14 de novembro de 1832, na Badstuestraede, nº 17, onde actualmente hai unha placa na súa lembranza. En 1822, dominaba non menos de vinte e dúas linguas e dialectos, e é sona que estudara só dúas veces a maioría. Os seus numerosos manuscritos foron trasladados á Biblioteca Real de Copenhague.

Legado académico

[editar | editar a fonte]

Rasmus Rask foi o primeiro en facer notar a conexión entre o antigo nórdico e o gótico co lituano, o eslavo, o grego e o latín. Tivo tamén a idea orixinal do que se coñeceu logo como "lei de Grimm", que trata sobre a mutación das consoantes no paso do indoeuropeo ao teutónico, aínda que só comparou teutónico, grego e sánscrito.

Karl Verner foi un dos últimos filólogos inspirados en Rask.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Undersøgelse om det gamle Nordiske eller Islandske Sprogs Oprindelse (Ensaio sobre a orixe do antigo nórdico ou islandés), 1818.
  • Spansk Sproglære (Gramática española), 1824.
  • Frisisk Sproglære (Gramática frisoa), 1825.
  • Dansk Retskrivingslære (Ensaio sobre a ortografía danesa), 1826.
  • Italiænsk Formlære (Gramática italiana), 1827.
  • Den gamle Ægyptiske Tidsregning (Cronoloxía do antigo Exipto), 1827
  • Vejledning til Akra-Sproget på Kysten Ginea (Introdución á lingua de Accra na Costa de Guinea).
  • Den ældste hebraiske Tidsregning indtil Moses efter Kilderne på ny bearbejdet og forsynet med et Kart over Paradis (Cronoloxía xudía antiga con anterioridade a Moisés consonte as fontes novamente revisadas e acompañada dun mapa do Paraíso), 1828.
  • A Grammar of the Danish language for the use of Englishmen (gramática danesa para ingleses), 1830.
  • Ræsonneret lappisk Sproglære (Gramática saami), 1832.
  • Engelsk formlære (Gramática inglesa), 1832.